Heduvixes I de Polonia
Nome orixinal | (pl) Jadwiga Andegaweńska |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de outubro de 1373 ↔ 18 de febreiro de 1374 Buda (Reino de Hungría) |
Morte | 17 de xullo de 1399 (19/29 anos) Cracovia (Reino de Polonia) |
Causa da morte | complicación do parto |
Lugar de sepultura | Catedral de Wawel (pt) |
Raíña de Polonia | |
16 de outubro de 1384 (Gregoriano) – 17 de xullo de 1399 (Gregoriano) ← Lois I de Hungría – Ladislau II de Polonia → | |
Queen Consort of Poland (en) | |
1384 – 1399 | |
Raíña Reinante | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | Raíña Reinante |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de xullo |
Outro | |
Título | Raíña |
Familia | Casa de Anjou-Sicilia |
Cónxuxe | Ladislau II de Polonia (1386–) |
Fillos | Elizabeth Bonifacia of Poland |
Pais | Lois I de Hungría e Isabel da Bósnia |
Irmáns | María I de Hungría Catarina da Hungria |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
Heduvixes[1] I de Anjou-Hungría (en polaco: Jadwiga Andegaweńska, en húngaro: Hedvig, en alemán: Hedwig), nada o 18 de febreiro de 1374 e finada en Cracovia o 17 de xullo de 1399, foi a raíña[2] de Polonia (1382-1399) á morte do seu pai o rei Lois I de Hungría, que herdara tamén o trono de Polonia. Aínda que Heduvixes gobernou Polonia e a súa irmá máis vella, María I, reinou en Hungría,[3][4] ambas acabaron casadas con poderosos nobres que evitaron que reinasen de xeito independente. É venerada pola igrexa católica como Santa Heduvixes a Raíña, considerada como santa húngara e polaca. É a patroa das raíñas e da Europa Federal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Heduvixes pertenceu á Casa dos Anjou de Hungría. Naceu en 1374 no palacio real de Buda,[5] como unha das fillas do poderoso rei Lois I de Hungría e da súa segunda esposa, Isabel de Bosnia.[6][7] Ao nacer Heduvixes, Hungría achábase na súa época dourada medieval, onde o monarca gobernaba un imperio composto por case dez estados menores na Europa Central. As minas de ouro e prata húngaras abastecían en gran parte as nacións europeas, e as froitas e as verduras húngaras eran coñecidas nas cortes dos reinos occidentais. Deste xeito, cando morreu o rei Casimiro III de Polonia en 1370 e o fillo da súa irmá (Lois I de Hungría) herdou o reino, os dous estados, aínda que funcionaban independentemente, estaban gobernados polo mesmo monarca. Isto levou a certos problemas ao comezo, mais considerábase máis tráxico o drama que tiña que resolver Lois I: non contaba con fillos herdeiros varóns, así que fixo que as súas fillas fosen aceptadas pola nobreza como as súas sucesoras trala súa morte mediante o Privilexio de Koszyce o 17 de setembro de 1374.[8][9][10] Lois I faleceu en 1382, e de inmediato xurdiron conflitos sucesorios, onde as súas fillas foron coroadas como raíñas, mais non exerceron o poder independentemente.
Heduvixes fora comprometida en matrimonio co duque Guillerme de Austria, que nesa época era un mozo de catorce anos.[11] Con todo, a nobreza polaca non desexaba ver un Habsburgo no trono de Polonia xunto á raíña,[12][13] así que conseguiron a anulación do compromiso. Por outra banda, considerando moito máis conveniente, estes arranxaron que a raíña Heduvixes de dez anos de idade fose tomada como esposa polo pagán Jagiełło, duque de Lituania,[14] quen para casar tivo que se converter ao cristianismo, lográndose finalmente a conversión dos lituanos e a asimilación ao mundo "cristián civilizado" medieval. Automaticamente volveuse o soberano polaco co nome de Ladislau II de Polonia. Ladislau pasou a exercer o goberno, quedando a raíña en segundo plano. A pesar diso, foi unha fervente colaboradora do seu esposo.
O matrimonio non tivo descendencia, xa que a única filla do matrimonio, Elżbieta Bonifacja, morreu ás tres semanas de nacer, o 13 de xullo de 1399.[15] Heduvixes tamén estaba no sei leito de morte. Ela mesma aconsellou o seu marido que casase con Ana de Cilli, neta de Casimiro o Grande,[16] o que fixo, e faleceu o 17 de xullo de 1399, catro días despois da súa filla.[15][17] Ambas foron enterradas xuntas na catedral de Wawel o 24 de agosto de 1399,[15][17] como dicía a última vontade da raíña. O 12 de xullo de 1949 abriuse a tumba, máis non quedaba ningún resto da súa filla.[18]
Legado
[editar | editar a fonte]A pesar de ser venerada en Europa durante séculos, non foi até 1979 cando o papa Xoán Paulo II rezou ante o seu sartego. Foi beatificada en 1986 e canonizada en Cracovia o 8 de xuño de 1997.[19] É a santa patroa das raíñas e da Europa Unida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-11.
- ↑ Eduvixes foi coroada oficialmente como "Rei de Polonia" — Hedvig Rex Poloniæ, non como raíña. A lei polaca non tiña previsto unha raíña reinante, mais tampouco especificaba que o monarca tivese que ser un varón.
- ↑ Halecki 1991, p. 75.
- ↑ Engel 2001, p. 195.
- ↑ Halecki 1991, p. 56.
- ↑ Wolf 1993, p. xliii.
- ↑ Engel 2001, p. 169.
- ↑ Duczmal, Małgorzata (1996). Jagiellonowie. Cracovia: Wydawnictwo Literackie. p. 305. ISBN 83-08-02577-3.
- ↑ Davies 2005, p. 90.
- ↑ Sedlar 1994, pp. 39–40.
- ↑ Halecki 1991, p. 58.
- ↑ Frost 2015, p. 17.
- ↑ Halecki 1991, pp. 116–117.
- ↑ Halecki 1991, p. 118.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Frost 2015, p. 91.
- ↑ Halecki 1991, pp. 264–265.
- ↑ 17,0 17,1 Halecki 1991, p. 257.
- ↑ Olbrycht and Kusiak, pp. 256–66.
- ↑ "St. Hedwig of Poland - Saints & Angels - Catholic Online" (en inglés). Catholic Online. Consultado o 18 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heduvixes I de Polonia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brzezińska, Anna (1999). "Jadwiga of Anjou as the Image of a Good Queen in Late Medieval and Early Modern Poland". The Polish Review (The Polish Institute of Arts and Sciences of America) XLIV (4): 407–437.
- Davies, Norman (2005). God's Playground: A History of Poland, Volume I: The Origins to 1795 (Revised Edition). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-12817-9.
- Deletant, Dennis (1986). "Moldavia between Hungary and Poland, 1347–1412". The Slavonic and East European Review 64 (2): 189–211.
- Duczmal, Małgorzata (1996). Jagiellonowie. Cracovia: Wydawnictwo Literackie. ISBN 83-08-02577-3.
- Engel, Pál (2001). The Realm of St Stephen: A History of Medieval Hungary, 895–1526. I.B. Tauris Publishers. ISBN 1-86064-061-3.
- Frost, Robert I. (2015). The Oxford History of Poland-Lithuania, Volume I: The Making of the Polish-Lithuanian Union, 1385–1567. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-820869-3.
- Gromada, Thaddeus V. (1999). "Oscar Halecki's Vision of Saint Jadwiga of Anjou". The Polish Review (The Polish Institute of Arts and Sciences of America) XLIV (4): 433–437.
- Halecki, Oscar (1991). Jadwiga of Anjou and the Rise of East Central Europe. Polish Institute of Arts and Sciences of America. ISBN 0-88033-206-9.
- Heinze, Karl (8 de decembro de 2003). Baltic Sagas. Virtualbookworm Publishing. ISBN 1-58939-498-4.
- Jackson, Guida M. (1999). Women Rulers Throughout the Ages: An Illustrated Guide. ABC-CLIO. ISBN 1-57607-091-3.
- Jasienica, Paweł (1988). Polska Jagiellonów [Jagellonian Poland] (en polaco). Państwowy Instytut Wydawniczy. ISBN 83-06-01796-X.
- Knoll, Paul W. (2011). "Religious Toleration in Sixteenth-Century Poland: Political Realities and Social Constraints". En Louthan, Howard; Cohen, Gary B.; Szabo, Franz A. J. Diversity and Dissent: Negotiating Religious Difference in Central Europe, 1500–1800. Berghahn Books. pp. 30–52. ISBN 978-0-85745-108-8.
- Lukowski, Jerzy; Zawadzki, Hubert (20 de setembro de 2001). A Concise History of Poland. Cambridge University Press. ISBN 0-521-55917-0.
- Monter, William (2012). The Rise of Female Kings in Europe, 1300–1800. Yale University Press. ISBN 978-0-300-17327-7.
- Sedlar, Jean W. (1994). East Central Europe in the Middle Ages, 1000–1500. University of Washington Press. ISBN 0-295-97290-4.
- Sroka, Stanisław Andrzej (1999). Genealogia Andegawenów węgierskich [Genealogy of the Hungarian Angevins] (en polaco). Towarzystwo Naukowe Societas Vistulana. ISBN 83-909094-1-3.
- Turnbull, Stephen; Hook, Richard (30 de maio de 2003). Tannenberg 1410. Osprey Publishing. ISBN 1-84176-561-9.
- Wdowiszewski, Zygmunt (2005). Genealogia Jagiellonów i Domu Wazów w Polsce (en polaco). Avalon.
- Wolf, Armin (1993). "Reigning Queens in Medieval Europe: When, Where, and Why". En Parsons, John Carmi. Medieval Queenship. Sutton Publishing. pp. 169–188. ISBN 0-7509-1831-4.