Henrique I de Francia
Nome orixinal | (fr) Henri Ier de France |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de maio de 1008 (Gregoriano) Reims (Reino de Francia) |
Morte | 4 de agosto de 1060 (Gregoriano) (52 anos) Vitry-aux-Loges (Reino de Francia) |
Causa da morte | descolamento de retina (pt) |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Rei dos francos | |
10 de xullo de 1031 – 4 de agosto de 1060 ← Roberto II de Francia – Filipe I de Francia → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Capeto (pt) |
Cónxuxe | Ana de Kíiv (1049 (Gregoriano), 1051 (Gregoriano), 1044 (Gregoriano)–1060 (Gregoriano)) Matilde da Frísia |
Fillos | Filipe I de Francia () Ana de Kíiv Hugo de Vermandois () Ana de Kíiv |
Pais | Roberto II de Francia e Costanza de Arles |
Irmáns | Roberto I de Borgoña Hugo II de Francia Hedwig of France, Countess of Nevers Adela de França |
Cronoloxía | |
Noivado | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Henrique I de Francia, nado en Reims o 4 de maio de 1008 e finado en Vitry-aux-Loges o 4 de agosto de 1060, foi rei de Francia do 1031 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Henrique foi o segundo fillo de Roberto II e de Costanza de Arles.[1] Asociado ao trono polo seu pai á morte do seu irmán máis vello, Hugo, en 1025. Foi coroado como rex designatus na Catedral de Reims como Rei o 14 de maio de 1027.[2]
Á morte de Roberto II, disputou a coroa de Francia co seu irmán máis novo, Roberto o Vello. Feitas as paces entre os irmáns, en 1032, Henrique cedeulle o Ducado de Borgoña, que o seu pai lle concedera no 1016.[3]
Debido á dificultade de gobernar aos señores feudais aínda demasiado conscientes do seu poder e soberanía, este rei foi chamado na historiografía como rei de París para evidenciar así que o seu poder mostrábase bastante minguado.[4]
Titor de quen sería máis tarde Guillerme o Conquistador, aínda que con posterioridade enfrontaríase a el en dúas batallas que perdería entre 1054 e 1058 por Normandía.
Henrique finou o 4 de agosto de 1060 en Vitry-aux-Loges, e foi soterrado na Basílica de San Denís. Foi sucedido polo seu fillo Filipe, quen tiña 7 anos no momento da súa morte, exercendo polo tanto a súa nai, Ana de Kíiv, como a súa rexente.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]Casado en primeiras nupcias con Matilde de Frisia[5] e en segundas nupcias coa princesa Ana de Kíiv (1024 - 1075), filla do Gran Príncipe Iaroslav I o Sabio de Kíiv, da cal tivo tres fillos e unha filla:
- Filipe (1052 - 1108), rei de Francia.
- Roberto (1054-1063)
- Emma (1055-1109)
- Hugo o Grande (1057-1102), conde de Vermandois, esposo de Adelaida de Vermandois.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jim Bradbury, The Capetians: The History of a Dynasty, (Bloomsbury, 2007), 93.
- ↑ William W. Clark, Medieval Cathedrals, (Greenwood Publishing, 2006), 87.
- ↑ Elizabeth Hallam and Judith Everard, Capetian France 987-1328, (Routledge, 2013), 95.
- ↑ Cf. Michel Parisse, "La cristianità occidentale alla metà del secolo XI" en Storia del cristianesimo, vol.
- ↑ Jim Bradbury, The Capetians: The History of a Dynasty, 106-108.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique I de Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vajay, S. Mathilde, reine de France inconnue (Journal des savants), 1971
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Roberto |
Duque de Borgoña 1016 – 1032 |
Sucesor: Roberto I |
Predecesor: Roberto II |
Rei de Francia 1031 – 1060 |
Sucesor: Filipe I |