Howard Carter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1874 Brompton, Reino Unido (en) |
Morte | 2 de marzo de 1939 (64 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | Linfoma |
Lugar de sepultura | Putney Vale Cemetery (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Exiptoloxía, arqueoloxía e antropoloxía |
Ocupación | exiptólogo |
Empregador | Conselho Supremo de Antiguidades (pt) (1900–1905) Egypt Exploration Society (pt) (1891–1899) |
Patrocinador | George Herbert de Carnarvon |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Cronoloxía | |
KV62 | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Great Archaeologists (en) , (p.100-105) Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) |
Howard Carter, nado o 9 de maio de 1874 e finado o 2 de marzo de 1939, foi un arqueólogo e exiptólogo inglés, que se fixo moi famoso por descubrir, en 1922, a tumba de Tutankhamon (Tut-Ankh-Amon), no Val dos Reis, fronte a Luxor, en Exipto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Kensington, Londres, sendo o menor dunha familia de once irmáns. O seu pai, Samuel Carter, era artista. Carter creceu en Swaffam, ao norte de Norfolk, sen recibir educación formal; o seu pai ensinoulle os fundamentos do debuxo e a pintura.
Carter comezou os seus traballos en Exipto en 1891, aos 17 anos, copiando inscricións e pinturas. Estivo na escavación de Beni Hasan. Posteriormente pasou á tutela de William Flinders Petrie.
En 1899, comezou a traballar para o Servizo de Antigüidades Exipcias, o cal abandonou en 1905 logo dunha disputa. Tras varios anos difíciles, en 1907 coñece a Lord Carnarvon, un entusiasta nobre afeccionado á arqueoloxía e disposto a proporcionar os fondos necesarios para continuar o traballo de Carter. Pronto, Carter supervisaba todas as escavacións de Lord Carnarvon.
A tumba de Tutankhamon
[editar | editar a fonte]Lord Carnarvon financiou a procura da tumba dun faraón descoñecido, Tutankhamon, cuxa existencia fora descuberta por Carter. O 4 de novembro de 1922 Carter achou a tumba de Tutankhamon (posteriormente designada KV62), a tumba faraónica mellor conservada (de feito, case intacta) xamais atopada, no Val dos Reis. Xunto a Lord Carnarvon, o 16 de febreiro de 1923, Carter abriu a cámara e foi o primeiro en ver o sarcófago de Tutankhamon.
Tras catalogar os extensos achados, Carter retirouse da arqueoloxía converténdose en coleccionista. Morreu en Inglaterra en 1939 aos 65 anos. A súa morte a esta avanzada idade é a evidencia máis común esgrimida para refutar a lenda da "maldición dos faraóns" que supostamente recaeu sobre o grupo que profanou a tumba de Tutankhamon, aínda que é certo que o canario de Howard Carter foi engulido por unha cobra (no antigo Exipto a cobra era un símbolo de protección do faraón) pouco despois do descubrimento da tumba.
Howard Carter foi enterrado no cemiterio de Putney Vale, ao oeste de Londres.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- T.G.H James, Howard Carter ; The Path to Tutankhamun, Londres: Tauris Parke, 2001.
- Reeves, N. and Taylor, J.H., Howard Carter: Before Tutankhamun, Londres: British Museum Press, 1992.
- The History Of Howard Carter polo Dr. Thomas Schwarz