Igrexa de Irlanda
Aparencia
Igrexa de Irlanda Church of Ireland Eaglais na hÉireann Kirk o Airlann | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1536 |
Motivo | O parlamento irlandés declara a Henrique VIII cabeza suprema da Igrexa. |
Separada de | Igrexa católica |
Escisións | Igrexa de Irlanda (Rito Tradicional) (parte da TAC), Igrexa metodista en Irlanda |
Parte de | Comuñón anglicana |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
A Igrexa de Irlanda é unha provincia autónoma da Comuñón anglicana. Ten xurisdición sobre a totalidade da illa de Irlanda, e é a segunda crenza en número de fieis por detrás do catolicismo. Como outras igrexas anglicanas, mantén elementos anteriores á reforma protestante, en particular o goberno episcopal. Porén, en materia teolóxica e litúrxica, incorpora moitos dos principios da reforma inglesa. A igrexa considérase ao mesmo tempo "católica e reformada", como a maioría de igrexas anglicanas, é acolle tanto membros máis próximos ao catolicismo (coñecidos como high church) como outros máis achegados ao protestantismo (low church ou evanxélicos). Na República é a segunda tradición relixiosa, e a terceira en Irlanda do Norte.
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |