Illa Caroline
(en) Caroline Island | ||||
Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Illas da Liña | |||
Localización | ||||
División administrativa | Kiribati | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 6 m | |||
Superficie | 3,76 km² | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1606 | |||
A Illa Caroline ou Atol Coroline (tamén coñecida como Illa do Milenio), é o máis oriental dos atois coralinos inhabitados que comprenden as Illas da Liña austrais no océano Pacífico central.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai evidencias de asentamentos polinesios, pero estaba deshabitado ao chegar os europeos. Primeiro foi Pedro Fernández de Quirós en 1606, quen pescou peixes de cores e chamouno "Illa do Peixe". En 1795 redescubriuna o inglés Willian Broughton e púxolle o nome da filla do primeiro Lord do Almirantado. Non hai que confundir a illa Carolina coas Illas Carolinas nos Estados Federados de Micronesia. Historicamente tamén se coñeceu cos nomes de Thornton, Hirst, Clark e Independence.
En 1868 foi reclamada polo Reino Unido; e desde a súa independencia en 1979, forma parte da República de Kiribati. A illa Caroline permaneceu relativamente sen cambios por parte do home e é considerada unha das illas tropicais máis primitivas do mundo, a pesar da explotación de guano, a colleita de copra e a presenza humana durante os séculos XIX e XX. O atol alberga unha das maiores poboacións de caranguexos de coco do mundo e é un importante lugar de cría para as aves mariñas, sobre todo para o Onychoprion fuscata.
A illa é coñecida polo seu rol na celebración da chegada do novo milenio, xa que debido a que se sitúa xusto ao oeste da liña internacional de cambio de data constitúe un dos primeiros territorios onde comeza calquera día e polo tanto tamén foi un dos primeiros lugares onde empezou o día 1 de xaneiro de 2000; debido a isto o atol foi recentemente bautizado como Illa do Milenio.
Illas
[editar | editar a fonte]Tres grandes illotes constitúen o groso da superficie terrestre de Caroline: Nake (1,04 km²) no norte; Long (0,76 km²) no nordés da lagoa e South (1,07 km²). O resto son pequenos illotes, a maioría dos cales foron nomeados durante a expedición ecolóxica de 1988, realizada por Angela e Cameron Kepler, divídense en catro grandes grupos: os illotes Nake do sur, os illotes de sotavento centrais, os illotes de sotavento do sur, e os illotes de Barlovento. Os illotes de Caroline son particularmente efémeros, no transcurso dun século de observación, varios dos illotes máis pequenos apareceron ou desapareceron totalmente cas principais tormentas, mentres que as formas das máis grandes cambiaron significativamente.