Saltar ao contido

Jetstar Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jetstar Airways
IATA
JG
OACI
JST
Indicativo
JETSTAR
Fundación2003
Aeroporto principalaeroporto de Melbourne
Plan de voo frecuenteQantas Frequent Flyer
Frota71
Destinos37
HoldingQantas
Eslogan da compañíaAll day, every day, low fares
SedeCollingwood, Melbourne
Páxina web: https://www.jetstar.com

Jetstar Airways Pty Ltd, comercializada como Jetstar, é unha aeroliña de baixo custo australiana coa súa sede en Melbourne.[4][5] É unha subsidiaria de Qantas, creada en resposta á ameaza que representaba Virgin Australia. Jetstar é parte da estratexia de dúas marcas de Qantas de manter a Qantas Airways para o mercado premium de servizos completos, e Jetstar para o mercado do baixo custo. En 2015 Jetstar transportou o 8,5% de todos os pasaxeiros que viaxaban dende ou cara Australia.[1]

A aeroliña opera unha extensa rede doméstica ademais de realizar servizos rexionais e internacionais dende a súa base principal no aeroporto de Melbourne, usando unha frota mixta de avión da familia Airbus A320 e de Boeing 787 Dreamliner. Ao igual que a súa compañía nai, Jetstar compite con Virgin Australia e a súa subsidiaria de baixo custo Tigerair Australia.

Qantas, a través do Jetstar Group, tamén ten accións nas súas aeroliñas irmás Jetstar Asia Airways, Jetstar Pacific Airlines e Jetstar Japan.

En novembro de 2017 a frota de Jetstar Airways estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Jetstar Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
Airbus A320-200 52 180 180[3] 43 avión van ser reformados con 186 asentos dende agosto de 2017 ata decembro de 2018.[4]

Dous serán transferidos a Network Aviation para ser operados baixo a marca Qantaslink.[5]

186 186
Airbus A320neo 54[6] 186 186 Entregas dende mediados de 2018[7]
Airbus A321-200 8 220 220[3]
230 230[3]
Airbus A321neo 27
TBA
Airbus A321LR 18 232 232 Entregas dende mediados de 2020[6]
Boeing 787-8 11 21 314 335[8]
Total 71 99
  1. The Australian (ed.). "Qantas International’s market share slips as capacity growth slows". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  2. Civil Aviation Safety Authority (ed.). "Aircraft register search". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2017. Consultado o 4 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Jetstar (ed.). "Jetstar Group fleet". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  4. Stuff (ed.). "Jetstar adds six more seats to Airbus A320". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  5. Airline Hub Buzz (ed.). "QantasLink to operate Airbus A320 aircraft". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 ch-aviation (ed.). "Australia's Jetstar to add A321neo(LR) from mid-2020". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  7. Australian Aviation (ed.). "Qantas to defer A320neo deliveries, reports drop in first half profit". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  8. Australian Aviation (ed.). "First Jetstar 787 in final assembly". Consultado o 4 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]