Khotin
Хотин (uk) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Ucraína | |||
Óblasts | Óblast de Chernivtsi | |||
Raião da Ucrânia (pt) | Dnistrovskyi Raion (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 8.936 (2022) (438,25 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 20,39 km² | |||
Altitude | 5 m | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 22 de setembro de 1002 | |||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 60000–60005 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 3731 | |||
Identificador KOATUU | 7325010100 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | khotyn.dosvit.org.ua |
Khotin (ucraíno e ruso: Хотин; polaco: Chotim; romanés: Hotin) é unha cidade do oblast de Chernivtsi en Ucraína, situada a beira do río Dnister. No ano 2001 tiña 11.216 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Situada ao norte da rexión de Besarabia, a zona da actual Khotin foi sede dun núcleo urbano aparentemente dende o ano 1001, cando é mencionada por primeira vez unha poboación con este nome nos rexistros da Rus de Kíiv. Nos anos seguintes formou parte do principado de Galicia-Volinia, pero a decadencia deste estado desde comezos do século XIII permitiu que os monarcas de Polonia e Lituania impuxeran o seu poder sobre a rexión, ata que o Gran Ducado de Lituania o incorporou no 1351, só para cedelo en 1359 ao Principado de Moldova.
En 1713, despois da Gran Guerra do Norte, foi anexionada ao Imperio Otomán. Malia iso, o Imperio Ruso, como nova potencia na rexión, apoderouse da cidade en tres ocasións ao longo do século XVIII. A partir de 1812 a cidade e a súa fortaleza pasaron definitivamente a mans de Rusia.
Entre 1915 e 1918 Jotín foi ocupado por forzas do Imperio Austrohúngaro con motivo da primeira guerra mundial, e a partir de 1918 integrouse no Reino de Romanía como o resto de Besarabia.
Do mesmo xeito que o resto de Besarabia, Khotyn foi anexionado á Unión Soviética tras un ultimato a Romanía o 26 de xuño de 1940, segundo o acordado entre o Terceiro Reich e a URSS no Pacto Ribbentrop-Molotov. Despois de ser brevemente ocupado polas tropas romanesas entre 1941 e 1944 durante a segunda guerra mundial, Khotyn reincorporouse á URSS como parte da RSS de Ucraína en 1944, ata que a propia Ucraína declarou a súa independencia en 1991.