Lars Eidinger
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1976 (48 anos) Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha |
Educación | Gustav Heinemann School (en) Ernst Busch Academy of Dramatic Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor, actor de cinema, presentador |
Período de actividade | 1997 - |
Empregador | Schaubühne am Lehniner Platz (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
|
Lars Eidinger, nado en Berlín o 21 de xaneiro de 1976, é un actor alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha enfermeira pediátrica e dun enxeñeiro, xa de neno tiráballe a interpretación e participou no programa infantil Moskito da SFB e máis adiante actuou en pezas teatrais no instituto[1]. De 1995 ata 1999 estudou arte dramática na Hochschule für Schauspielkunst "Ernst Busch" a canda Devid Striesow, Nina Hoss, Mark Waschke e Fritzi Haberlandt, como actor convidado actuou xa antes de rematar a carreira no Deutsches Theater de Berlín dende a tempada 1997/98.[2], participando en producións de Jürgen Gosch e Wolfgang Engel. No ano 2000 entrou na compañía teatral Schaubühne am Lehniner Platz, e participou en numerosas obras teatrais como Edward II, Macbeth, Woyzeck ou Nora [2] e en case todas as producións deses anos dos prestixiosos directores Thomas Ostermeier e Christina Paulhofer, converténdose nun dos actores máis influentes do teatro[1]. En decembro de 2008 debutou como director teatral coa obra de Schillers Die Räuber interpretada por estudantes da "Ernst Busch" e coa que participou no festival Radical jung do ano seguinte.
Despois de aparecer esporadicamente nalgunhas producións cinematográficas e televisivas, en 2009 tivo o seu primeiro papel protagonista no galardoado Alle Anderen de Maren Ade, seguido da produción neerlandesa Code Blue de Urszula Antoniak (2011), o suspense apocalíptico Hell de Tim Fehlbaum (2011) e Tabu - Es ist die Seele en Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011), no que interpretou o poeta austríaco Georg Trakl polo que recibiu o premio da asociación alemá de críticos de cinema [3].
Nos anos seguintes continuou a realizar producións teatrais, así como de cinema e televisión, salientando filmes como Clouds of Sils Maria (2014) e Personal Shopper (2016) de Olivier Assayas, Vergine giurata de Laura Bispuri (2015) e series como Polizeiruf 110, Tatort e Babylon Berlin. Coa compañía Schaubühne participou en moitas producións, aclamadas internacionalmente, de Thomas Ostermeier, como Hamlet e Richard III [4].
En 2016 formou parte do xurado internacional da 66ª edición do Festivalde Berlín e nese ano recibiu o Deutscher Hörbuchpreis ao mellor lector pola versión en lingua alemá do audiolibro de The Planet Trillaphon As It Stands In Relation To the Bad Thing de David Foster Wallace [5].
Música
[editar | editar a fonte]Mentres aínda estaba a estudar publicou en 1998 con Studio 54 de !K7 o vinilo "I'll Break Ya Legg" de música electrónica [6], parte apareceu máis tarde na compilación Fragments do selo no.nine. En 1999 produciu a música para o documental de Ernst-August Zurborn Die Mörder des Herrn Müller realizado para a canle Arte e tamén foi responsable da música de varias pezas dirixidas por Ostermeier: Nora, Der Würgeengel e Trauer muss Elektra tragen.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- See You at Regis Debray de CS Leigh (2005)
- Deutschland deine Lieder de Daniel Lang (2007) - Curtametraxe
- After Effect, de Stephan Geene (2007)
- Torpedo de Helene Hegemann (2008) - Curtametraxe
- Alle Anderen de Maren Ade (2009)
- Wanna Be de Christina Ebelt (2009) - Curtametraxe
- Nasty Video de Jörg Buttgereit (2011)
- Code Blue de Urszula Antoniak (2011)
- Tabu - Es ist die Seele ein Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011)
- Hell de Tim Fehlbaum (2011)
- Fenster zum Sommer de Henk Handloegten (2011)
- Was bleibt de Hans-Christian Schmid (2012)
- Goltzius and the Pelican Company de Peter Greenaway (2012)
- Clouds of Sils Maria de Olivier Assayas (2014)
- Lars & Jonathan: A Berlin Friendship de Amy Barrett (2014)
- Dora oder Die sexuellen Neurosen unserer Eltern de Stina Werenfels (2015)
- Vergine giurata de Laura Bispuri (2015)
- Elixir de Brodie Higgs (2015)
- Familienfest de Lars Kraume (2015)
- Personal Shopper de Olivier Assayas (2016)
- L'origine de la violence de Élie Chouraqui (2016)
- Die Blumen von gestern de Chris Kraus (2016)
- Maryline de Guillaume Gallienne (2017)
- Matilda de Alexei Uchitel (2017)
- Werk ohne Autor de Florian Henckel von Donnersmarck (2018)
- High Life de Claire Denis (2018)
- 25 km/h de Markus Goller (2018)
- Dumbo de Tim Burton (2019)
- All My Loving
Teatro
[editar | editar a fonte]- Zurüstungen für die Unsterblichkeit de Peter Handke - 1997
- Die Jungfrau von Orléans de Friedrich Schiller - 1998
- Penthesilea de Heinrich von Kleist - 1998
- Edward II de Christopher Marlowe - 1999
- Vor langer Zeit im Mai de Roland Schimmelpfennig - 2000
- Kontingent de Soeren Voima - 2000
- Die Unbekannte aus der Seine de Ödön von Horváth - 2000
- Herr Kolpert de David Gieselmann - 2000
- Dantons Tod de Georg Büchner - 2001
- Push up 1–3 de Roland Schimmelpfennig - 2001
- Goldene Zeiten de Richard Dresser - 2002
- Macbeth de William Shakespeare - 2002
- Nora de Henrik Ibsen - 2002-2006
- Der Würgeengel de Karst Woudstra - 2003
- Lulu de Alban Berg - 2003
- Phaidras Liebe e Sarah Kane - 2003
- Suburban Motel de George F. Walker - 2003
- Woyzeck de Georg Büchner - 2003
- Die Herzogin von Malfi de John Webster - 2004
- Gesäubert de Sarah Kane - 2004-2006
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Matthias Heine Das ewige Nesthäkchen am Lehniner Platz.Die Welt, 30 de outubro de 2004
- ↑ 2,0 2,1 "Lars Eidinger". filmportal.de.
- ↑ "Lars Eidinger-Awards". IMDb.
- ↑ "Lars Eidinger - Biography". IMDb.
- ↑ "Lars Eidinger". Agentur-Schneider.
- ↑ "Eidinger – I'll Break Ya Legg". Discogs