Saltar ao contido

Lucretia Mott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucretia Mott

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1793 Editar o valor en Wikidata
Nantucket, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1880 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónOakwood Friends School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres, mestra, escritora, activista pola paz, abolicionista, predicadora, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJames Mott Editar o valor en Wikidata
FillosMaria Mott, Thomas Mott Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Coffin Editar o valor en Wikidata  e Anna Folger Editar o valor en Wikidata
IrmánsMartha Coffin Wright Editar o valor en Wikidata
ParentesAnna Davis Hallowell, neta
Benjamin Franklin, curmán
Mayhew Folger, tío materno Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteA Woman of the Century (en) Traducir, (sec:Lucretia Mott)
Obálky knih,
American Women Writers Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Coffin-1474 Find a Grave: 744 Editar o valor en Wikidata

Lucretia Mott, nada en Nantucket, Massachusetts o 3 de xaneiro de 1793 e finada en Cheltenham, Pensilvania o 11 de novembro de 1880, foi unha defensora dos dereitos da muller, pioneira dentro do movemento feminista que pasou á historia, entre outros motivos, por participar na organización da Convención de Seneca Falls.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia cuáquera, sendo a segunda de sete irmáns. Os seus pais eran Thomas Coffin e Anna Folger,[1] o seu pai era capitán dun baleeiro e a súa nai dirixía a explotación agrícola familiar.

O pensamento cuáquero vai ser determinante na formación das súas ideas, especialmente a igualdade ante Deus que predica devandito movemento relixioso. Ós trece anos, ingresou na "Nine Partners Quaker Boarding School", un colexio cuáquero onde recibiu educación e onde máis tarde exerceu como profesora.[2]

O 10 de abril de 1812, contraeu matrimonio con James Mott, outro profesor da súa escola,[3] con quen tivo seis fillos, morrendo o primeiro ós cinco anos. En 1821 o matrimonio trasladouse a Filadelfia e ela foi nomeada predicadora do grupo cuáquero local.

O contexto de loita pola abolición da escravitude nos Estados Unidos e a marxinación da muller en todos os aspectos da vida pública e profesional, marcou o seu pensamento, todo isto, enmarcado na comunidade cuáquera.

Sufría de dispepsia, cousa que non lle impediu levar a cabo o seu labor como activista. Debido ó activismo pola abolición da escravitude do matrimonio Mott, a súa casa converteuse no centro do movemento anti escravista de Filadelfia e nunha etapa do "Ferrocarril subterráneo", unha ruta de escape dos escravos fuxidos.

O 11 de novembro de 1880, á idade de 87 anos, morreu na súa casa de Cheltenham (Pennsylvania) vítima dunha pneumonía. Foi enterrada no cemiterio cuáquero Fairhill, no norte de Filadelfia.

  1. Faulkner 2011, pp. 8, 14.
  2. Faulkner 2011, pp. 24–27.
  3. Faulkner 2011, pp. 34, 36.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]