MAN
Unha rede de área metropolitana (Metropolitan Area Network), MAN, é unha rede de alta velocidade (banda larga) que, dando cobertura nunha área xeográfica extensa, proporciona capacidade de integración de múltiplos servizos mediante a transmisión de dados, voz e vídeo, sobre medios de transmisión tales como fibra óptica e par trenzado de cobre a velocidades que van desde os 2 Mbits/s até 155 Mbits/s.
O concepto de rede de área metropolitana representa unha evolución do concepto de rede de área local a un ámbito mais amplo, cubrindo áreas dunha cobertura superior que nalgúns casos non se limitan a un contorno metropolitano senón que poden chegar a unha cobertura rexional e mesmo nacional mediante a interconexión de diferentes redes de área metropolitana.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]As redes de área metropolitana teñen moitas aplicacións; as principais son:
- Interconexión de redes de área local (RAL).
- Interconexión de centraliñas telefónicas dixitais (PBX e PABX).
- Interconexión ordenador a ordenador.
- Transmisión de vídeo e imaxes.
- Transmisión CAD/CAM.
- Pasarelas para redes de área extensa (WANs).
MAN pública e privada
[editar | editar a fonte]Unha rede de área metropolitana pode ser pública ou privada.Un exemplo de MAN privada seria un grande departamento ou administración con edificios distribuídos pola cidade, transportando todo o tráfico de voz e dados entre edificios por medio do seu propio MAN e encamiñando a información externa por medio dos operadores públicos. Os dados poderían ser transportados entre os diferentes edificios, ben en forma de paquetes ou sobre canais de ancho de banda fixos.Aplicacións de vídeo poden enlazar os edificios para xuntanzas, simulacións ou colaboración de proxectos.
Un exemplo de MAN pública é a infraestrutura que un operador de telecomunicacións instala nunha cidade co fin de ofrecer servizos de banda larga aos seus clientes localizados nesta área xeográfica.
Características
[editar | editar a fonte]As razóns polas cales se fai necesaria a instalación dunha rede de área metropolitana a nivel corporativo ou o acceso a unha rede pública das mesmas características se resumen a continuación:
Ancho de banda
[editar | editar a fonte]O elevado ancho de banda requirido por grandes ordenadores e aplicacións compartidas en rede é a principal razón para usar redes de área metropolitana no canto de redes de área local.
Nodos de rede
[editar | editar a fonte]As redes de área metropolitana permiten superar os 500 nodos de acceso á rede, polo que se fai moi eficaz para contornos públicos e privados cun gran número de postos de traballo.
Extensión de rede
[editar | editar a fonte]As redes de área metropolitana permiten atinxir un diámetro contorno aos 50 kms, dependendo o alcance entre nodos de rede do tipo de cable utilizado, así como da tecnoloxía empregada.Este diámetro considera-se suficiente para abranguer unha área metropolitana.
Distancia entre nodos
[editar | editar a fonte]As redes de área metropolitana permiten distancias entre nodos de acceso de varios quilómetros, dependendo do tipo de cable. Estas distancias consideran-se suficientes para conectar diferentes edificios nunha área metropolitana ou campus privado.
Tráfico en tempo real
[editar | editar a fonte]As redes de área metropolitana garanten uns tempos de acceso á rede mínimos, o cal permite a inclusión de servizos síncronos necesarios para aplicacións en tempo real, onde é importante que certas mensaxes atravesen a rede sen demora mesmo cando a carga de rede é elevada.
Integración voz/dados/vídeo
[editar | editar a fonte]Adicionalmente aos tempos mínimos de acceso, os servizos síncronos requiren unha reserva de ancho de banda; tal é o caso do tráfico de voz e vídeo. Por este motivo as redes de área metropolitana son redes óptimas para contornos de tráfico multimedia, se ben non todas as redes metropolitanas soportan tráficos isócronos (transmisión de información a intervalos constantes).
Alta dispoñibilidade
[editar | editar a fonte]Dispoñibilidade referida á porcentaxe de tempo no cal a rede traballa sen fallos.As redes de área metropolitana teñen mecanismos automáticos de recuperación fronte a fallos, o cal permite á rede recuperar a operación normal despois dun. Calquera fallo nun nodo de acceso ou cable é detectado e illado. As redes MAN son apropiadas para contornos como control de tráfico aéreo, provisionamento de almacéns, bancos e outras aplicacións comerciais onde a indispoñibilidade da rede ten graves consecuencias.
Alta fiabilidade
[editar | editar a fonte]Fiabilidade referida á taxa de erro da rede mentres atopa-se en operación.Entende-se por taxa de erro o número de bites erróneos que se transmiten pola rede. En xeral a taxa de erro para fibra óptica é menor que a do cable de cobre a igualdade de lonxitude. A taxa de erro non detectada polos mecanismos de detección de erros é da orde de 10-20. Esta característica permite á redes de área metropolitana traballar en contornos onde os erros poden resultar desastrosos como é o caso do control de tráfico aéreo.
Alta seguranza
[editar | editar a fonte]A fibra óptica ofrece un medio seguro porque non é posíbel ler ou mudar o sinal óptico sen interromper o enlace. A rotura dun cable e a inserción de mecanismos alleos á rede implica unha caída do enlace de forma temporal.
Inmunidade ao ruído
[editar | editar a fonte]En lugares críticos onde a rede sofre interferencias electromagnéticas considerábeis a fibra óptica ofrece un medio de comunicación libre de ruídos.
O ámbito de aplicación máis importante das redes de área metropolitana é a interconexión de redes de área local sobre unha área urbana, pero outros usos foron identificados, como a interconexión de redes de área local sobre un complexo privado de múltiples edificios e redes de alta velocidade que eliminan as barreiras tecnolóxicas.