Mangostán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Mangostán | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Fleurs, Fruits et Feuillages Choisis de l'Ile de Java 1863-1864 de Berthe Hoola van Nooten (Pieter De Pannemaeker lithographer) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Garcinia mangostana L. |
O mangostán[1] (Garcinia mangostana L.; Clusiaceae ou Gutiferae ou Hypericaceae) é unha árbore tropical perenne, de ata 25 m de altura, que produce unha froita comestíbel e moi aprezada que recibe o mesmo nome.
Características
[editar | editar a fonte]O mangostán é unha árbore perenne de entre 7 a 25 metros cando é adulta. Posúe unha follaxe moi densa, sempre verde, de follas opostas, grandes con nervadura central, con forma elíptica ovaladas de ápice acuminado e curto. Para que un mangostán dea froito maduro teñen que pasar cando menos 5 anos, pero máis normalmente entre 8 ou 10.
O froito, o mangostán é unha cápsula carnosa redonda, cun diámetro de entre 6 e 7 centímetros, con epiderme lisa semileñosa, coriácea moi carnosa de cor escura, como de berenxena, e uns 7 mm de espesor, con remanentes do estigma no ápice en forma de roseta, con tantas seccións como segmentos presenta o froito no seu interior. Ao outro extremo ten o cáliz persistente con cinco sépalos.
O mangostán non require fertilización para formarse: aparece dunha cor verde clara ou case branca na parte superior da árbore. O froito medra durante dous ou tres meses, ao tempo que o exocarpo escurece, aumentando de tamaño ata os 6–8 cm de diámetro exterior. A maduración é rápida e abrupta, en apenas 10 días, cando o froito pasa a unha cor morada ou púrpura. O exocarpo interno ten ácidos polifenólicos, incluídos xantonos e taninos, que aseguran a adstrinxencia necesaria para liberar a froita de insectos, virus, bacterias, aves ou mamíferos ata estar madura. O endocarpo comestíbel é un arilo, cunha forma e tamaño semellante a unha mandarina, pero dunha cor branca inmaculada, zumenta, cun sabor exquisito. Ten normalmente cinco segmentos, a semellanza dos segmentos dos cítricos, dous maiores fecundados que encerran cadansúa semente e os outros tres sen sementes. Esta froita consómese directamente ao fresco cando alcanza a madurez.
O mangostán produce sementes perecedoiras, de vida curta e que deben permanecer húmidas ata a xerminación, que se produce rapidamente logo de seren separadas do froito e morren axiña se quedan en seco.
Distribución
[editar | editar a fonte]O mangostán é unha árbore tropical, que se cre orixinaria das illas Sunda e das Molucas. Debe medrar en condicións de alta temperatura, e por debaixo de 4 °C a planta morre. Prodúcese en Indonesia, Tailandia, Filipinas, Malaisia, Vietnam e Sri Lanka, se ben tamén existen cultivos noutras zonas do globo, como na cidade colombiana de Mariquita, ou na República Democrática do Congo.
A lenda di que a raíña Vitoria ofreceu unha recompensa a quen lle trouxese a froita máis fabulosa, e gañou a competición o mangostán. En Occidente é moi escaso o mangostán, apenas atopado en grandes superficies de distribución en fresco, e mais tamén en conserva e enlatado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mangostán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mangostán |