Saltar ao contido

Maria Clara Eimmart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Clara Eimmart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1676 Editar o valor en Wikidata
Núremberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 1707 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Núremberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónoma, gravadora Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGeorg Christoph, the younger Eimmart Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
NDB-online (en) Traducir, (sec:Eimmart, Clara) Editar o valor en Wikidata

Maria Clara Eimmart, tamén coñecida como María Eimmart, nada o 27 de maio de 1676 en Núremberg e finada o 29 de outubro de 1707 na mesma localidade, foi unha astrónoma e debuxante alemá, filla e axudante de Georg Christoph Eimmart.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maria Clara Eimmart, naceu en 1676 en Núremberg, onde seu pai era pintor, gravador, e astrónomo afeccionado.[2] O pai, que gastaba todos os seus ingresos na compra de instrumentos astronómicos e construíu un observatorio privado en Núremberg, na muralla de cidade, era un observador dilixente e publicou os seus resultados en varias memorias e transaccións de sociedades científicas.[3] O avó de María, Georg Christoph Eimmart o Vello, era tamén gravador e pintor de retratos, bodegóns, paisaxes, e temas históricos.[4] Do seu pai, Maria Clara Eimmart aprendeu francés, latín, matemáticas e debuxo, así como a astronomía. Grazas á súa extensa educación nas belas artes e en ciencia, especializouse en ilustracións botánicas e astronómicas, nas que destacou pola súa habilidade para crear esbozos precisos. Era tamén unha gravadora moi capaz e traballou como asistente do seu pai. Creou numerosas ilustracións do sol e da lúa, ademais de flores, paxaros, estatuas antigas, e retratos de mulleres, aínda que a maioría das súas obras perdéronse.[1]

En 1706, María Eimmart casou con Johann Heinrich Muller, alumno e sucesor do seu pai.[5] Eimmart asistiu ao seu marido nas clases de Física que impartía no ximnasio de Núremberg. O seu matrimonio consolidou a posición de Einmart no observatorio. A paixón familiar pola astronomía influíu a Muller, que se converteu á súa vez nun afeccionado dedicado e chegou a profesor en Altorf, onde puxo en uso os seus dotes para o debuxo co fin de describir cometas, manchas solares, e montañas lunares, sempre coa axuda da súa muller. A parella tivo contactos cos irmáns Rost, novelistas e astrónomos e con Wurtzelbauer e Doppelmayer, un historiador de astronomía. Maria Clara Eimmart morreu de parto en 1707.[1]

Ilustracións astronómicas

[editar | editar a fonte]

Eimmart é coñecida especialmente polas súas ilustracións astronómicas exactas. Entre 1693 e 1698, Eimmart realizou máis de 350 debuxos das fases da lúa.[1] Esta colección de debuxos, realizados en papel azul a partir de observacións por un telescopio, denominouse Micrographia stellarum fases lunae ultra 300. Doou doce deles ao conde Marsili, un colaborador científico do seu pai, e dez consérvanse en Boloña, xunto con tres estudos máis pequenos en papel marrón.[5] As ilustracións de Eimmart serviron de base para un novo mapa lunar.

En 1706, Eimmart tamén ilustrou a eclipse total que tivo lugar ese ano. Schiebinger menciona que segundo algunhas fontes, Eimmart publicou en 1701 Ichnographia nova contemplationum de sole baixo o nome do seu pai, pero non hai indicios firmes de que fose realmente o seu traballo.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 The mind has no sex? : women in the origins of modern science (1st Harvard pbk. ed.). Cambridge, Mass.: Harvard University Press. 1991. ISBN 9780674576254. 
  2. Harvey, Joy (2000). The biographical dictionary of women in science. Nova York: Routledge. ISBN 978-0-415-92038-4. 
  3. Dictionary of Painters and Engravers: biographical and critical. Londres: George Bell and Sons. 1886. 
  4. 5,0 5,1 Jeffares, Neil. "Maria Clara Eimmart". Consultado o 2 de xuño de 2013.