Saltar ao contido

Marqués de La Fayette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíamarqués Editar o valor en Wikidata
Marqués de La Fayette

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMarie-Joseph Paul Yves Roch Gilbert du Motier
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1757 Editar o valor en Wikidata
Chavaniac-Lafayette, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 1834 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
former 1st arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPicpus Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea Nacional
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMarqués de La Fayette
EducaciónUniversidade de París
Liceo Louis-le-Grand
College Duplessis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial, aristócrata, político, oficial do exército Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1771 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoDoctrinaires (en) Traducir (1824–)
Liberal Party (en) Traducir (1815–1824)
Clube dos Feuillants (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeReino de Francia, Estados Unidos de América, Reino de Francia, Primeira República Francesa e Monarquía de Xullo Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Continental (pt) Traducir, Exército de Terra Francés e Guarda Nacional Francesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarmajor-general (pt) Traducir
tenente xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Independencia dos Estados Unidos de América
Revolución Francesa
Primeira Coligação (pt) Traducir
Revolución de 1830 Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de setembro de 1824Lafayette Welcoming Parade of 1824 (en) Traducir
16 de agosto de 1824Lafayette Welcoming Parade of 1824 (en) Traducir
Visit of the Marquis de Lafayette to the United States (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloMarqués Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of La Fayette (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdrienne de La Fayette Editar o valor en Wikidata
FillosHenriette du Motier de Lafayette, Anastasie du Motier de Lafayette, Georges Washington de La Fayette, Virginie du Motier de Lafayette Editar o valor en Wikidata
PaisMichel du Motier, Marquis de La Fayette Editar o valor en Wikidata  e Marie Louise Jolie de La Rivière Editar o valor en Wikidata
ParentesFrançois Claude de Bouillé, curmán segundo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1248438 WikiTree: Motier-12 Find a Grave: 1641 Editar o valor en Wikidata
Marie-Joseph Paul du Motier, Marqués de La Fayette.

Marie-Joseph Paul Yves Roch Gilbert du Motier, Marqués de La Fayette, tamén coñecido como Marqués de La Fayette, nado no Castelo de Chavaniac o 6 de setembro de 1757 e finado en París o 20 de maio de 1834, foi un oficial francés que participou nas revolucións francesa e americana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Marie-Joseph Paul du Motier procedía dunha familia nobre. O seu pai morreu en Minden (Alemaña) en 1759, e a súa nai, como tamén o seu avó, en 1770. Á idade de 13 anos, atopouse orfo e cunha gran fortuna. Con 16 anos, casou con Marie Adrienne Francoise de Noailles (? - 1807), filla do duque de Ayen e neta do duque de Noailles, unha das familias máis influentes do reino. La Fayette elixiu entón seguir unha carreira militar como o seu pai.

Independencia dos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

La Fayette ingresou nas filas do exército real en 1772, tiña 19 anos o novo capitán de dragóns cando as colonias inglesas de Norteamérica declaran a súa independencia. En abril de 1777, facendo fronte á prohibición do rei, embarcouse cara a América. Logo dunha viaxe de dez meses, recala en Filadelfia, sede do goberno colonial.

Incorporouse non sen dificultade ao exército dos Estados Unidos co grao de xeneral maior. O seu rol militar interrompeuse por un lapso de 6 meses porque George Washington lle encomendou a misión de convencer ao rei de Francia para que enviara un continxente militar numeroso.

Acollido calorosamente, recoñéceselle o título de coronel de cabalería. De volta aos Estados Unidos en 1780 a bordo de "L'Hermione", Wáshington déixao como comandante das tropas de Virxinia. Participou en 1781 na decisiva batalla de Yorktown, que conduciu á capitulación de Cornwallis.

Retorno a Francia

[editar | editar a fonte]

Retorna a Francia en 1782, co grao de Mariscal de Campo. En 1789 foi elixido deputado polo brazo nobiliario para os Estados Xerais dos que xurdiu a Revolución. Adherido desde o comezo á causa revolucionaria, o seu prestixio como defensor da liberdade na pasada guerra contra Gran Bretaña fixo que fose nomeado presidente da Asemblea Nacional e comandante da Garda Nacional.

Durante os primeiros anos da Revolución o «heroe de dous mundos» foi moi popular, ao encarnar á nobreza liberal e o brazo armado do novo réxime; pero tivo tamén un papel de moderador, defendendo o mantemento da monarquía constitucional e impedindo os ataques contra a familia real. En 1791 foi el quen trouxo a París ao rei, sorprendido en Varennes cando intentaba fuxir de Francia; pero, dise, do cal non hai certeza, que foi el quen ordenou disparar sobre as masas de manifestantes que, como consecuencia, pedían o seu destronamento (matanza do Campo de Marte).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]