Masacre de Khojali
O masacre de Khojali, tamén coñecido como a traxedia de Khojali, foi o asasinato[1] de cando menos 161 civís azerís[2] da vila de Khojaly o 26 de febreiro de 1992. De acordo coa versión azerí, así como a Memorial Human Rights Center, a Human Rights Watch e outras organizacións internacionais[3][4] o masacre foi cometido por forzas armadas da etnia armenia, con apoio do 366.º Rexemento Motorizado ruso, aparentemente non actuando de acordo coa ordes do mando.[5][6] As autoridades azerís contan 613 civís, incluíndo 106 mulleres e 63 nenos mortos.[7] Este acontecemento foi o maior masacre ocorrido no transcurso do conflito no Nagorno-Karabakh.[8]
Os gobernos e medios de comunicación occidentais refírense a este suceso como o "masacre de Khojaly", a "traxedia de Khojaly" ou a "batalla de Khojaly".[9] As fontes azerís[10][11] ocasionalmente refírense ó masacre como o "xenocidio de Khojaly" (en azerí: Xocalı soyqırımı) e a "traxedia de Khojaly" (en azerí: Xocalı faciəsi).[12]
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]Oficialmente a recentemente creada República de Armenia negou calquera implicación co movemento pola secesión do Nagorno-Karabakh, baixo a forma de apoio loxístico, comida, combustible ou outro. Con todo, Levon Ter-Petrosian admitiu posteriormente o apoio loxístico e o pago dos salarios dos separatistas, pero negou o envío de tropas propias para o combate. A Armenia afrontaba un bloqueo debilitante por parte da agora República de Azerbaidján ademais de presións da veciña Turquía, que decidiu aliñar ao lado do Azerbaidján e establecer lazos estreitos con este.[13]
A única conexión terrestre de Armenia o Karabakh era a través do estreito e montañoso corredor de Lachin que só podía ser alcanzado de helicóptero. O único aeroporto da rexión situábase na pequena vila de Khojali, sete quilómetros ao norte de Stepanakert e cunha poboación estimada de 6 a 10 mil persoas. Engada-se aínda que, Khojali servía como base de artillaría desde 23 de febreiro[14] e ao final de febreiro, Khojali estaba bastante illada, tendo as forzas arménias desencadeado unha ofensiva o 26 de febreiro apoiada por carros de combate do 366ª unidade para capturar a localidade.
De acordo co lado azerí e outras fontes como a Human Rights Watch, a organización de dereitos humanos sedeada en Moscova Memorial e a biografía do líder Armenio Monte Melkonian, documentada e publicada polo seu irmán,[15] despois da captura de Khojali procederon ao asasinato de varios centos de civís que fuxían da cidade. As forzas armenias tiñan previamente afirmara que atacarían a cidade pero deixarían un corredor terrestre para permitir a fuga da poboación civil da cidade, porén, cando o ataque comezou, as tropas armenias, en maior número que as azerís, facilmente dominaron os defensores, que intentaron retirar xunto cos civís cara ao norte, cara á cidade de Agdam, controlada por Azerbaidján. A pista do aeroporto fóra intencionada destruída, tornándose a temporalmente inútil, tras veren isto, as forzas atacantes perseguiron os escapados e abriron fogo sobre eles, matando bastantes civís.[15]
Afrontando cargos de grupos internacionais de masacrado intencionalmente civís, os oficiais armenios negaron a aparición de tal masacre e declararon que o obxectivo era só silenciar o lume de artillaría vindo Khojali.[16] Unha conta exacta do número de mortos nunca foi alcanzada, pero as estimacións máis conservadoras ligan con 485[17] mentres que a conta oficial das autoridades azerís ao número de mortos durante os acontecementos do 25 e 26 de febreiro apunta a 613 civís, dos cales 106 serían mulleres e 83 nenos.[18] O 3 de marzo de 1992, o Boston Globe informou que máis de 1.000 persoas foron asasinadas nos máis de catro anos de conflito, citando o alcalde de Khojali, Elmar Mamedov, en como existiron aínda 200 desaparecidos, 300 reféns e 200 feridos nos combates.[19] Un informe publicado 1992 pola organización humanitaria Helsinki Watch declarou que a súa enquisa apourou que os OMON azerís e membros "das milicias, aínda en uniforme e algúns aínda coas armas, estaban tamén xunto dos civís masacrados" o que pode ser a razón para os disparos armenios sobre eles.[20]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vítimas civís azerís do Masacre de Khojali.
-
Ídem.
-
Ídem.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ de Waal, Thomas (2004). Black garden: Armenia and Azerbaijan through peace and war. ABC-CLIO. pp. 172–173. ISBN 0-8147-1945-7.
- ↑ "Human Rights Watch World Report 1993 – The Former Soviet Union". Hrw.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2014.
- ↑ "New York Times - Massacre by Armenians Being Reported". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 07 de setembro de 2012.
- ↑ "TIME Magazine - Tragedy Massacre in Khojaly". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2005. Consultado o 07 de setembro de 2012.
- ↑ Small Nations and Great Powers: A Study of Ethnopolitical Conflict in the Caucasus By Svante E. Cornell
- ↑ Bloodshed in the Caucasus: escalation of the armed conflict in Nagorno Karabakh, vol. 1245 of Human rights documents, Human Rights Watch, 1992, p. 24
- ↑ "Letter from the Charge d'affaires a.i. of the Permanent Mission of Azerbaijan to the United Nations Office". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2006. Consultado o 07 de setembro de 2012.
- ↑ Human Rights Watch / Helsinki Azerbaijan. Seven Years of Conflict in Nagorno-Karabakh. New York • Washington • Los Angeles • London • Brussels: 1994, p. 6. ISBN 1-56432-142-8
- ↑ "Armenians Gain in New Battle With Azerbaijanis". New York Times. 27 de febreiro de 1992. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 14 de decembro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "Welcome". Hocalisoykirimi.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 28 de abril de 2014.
- ↑ "State Commission on prisoners of war, hostages and missing persons – Khojaly genocide". Human.gov.az. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 28 de abril de 2014.
- ↑ Gökay, Bülent (2003). The Politics of Caspian Oil. Nova York: Palgrave MacMillan. pp. 189–190. ISBN 0-3337-3973-6.
- ↑ Kaufman, Stuart (2001). Modern Hatreds: The Symbolic Politics of Ethnic War. New York: Cornell Studies in Security Affairs. pp. 49–66. ISBN 0-8014-8736-6.
- ↑ 15,0 15,1 Melkonian, Markar (2005). My Brother's Road: An American's Fateful Journey to Armenia. I.B. Tauris. p. 213. ISBN 1-85043-635-5.
- ↑ O goberno armenio insiste en negar a aparición de tal masacre deliberada en Khojali e mantén que a maioría das baixas civís ocorreron no lume cruzado entre as tropas.
- ↑ de Waal, Thomas (2003). Black Garden: Armenia and Azerbaijan Through Peace and War. Nova York: New York University Press. ISBN 0-8147-1945-7.
- ↑ "Carta do ‘‘Charge d'affaires a.i.’’ da Misión Permanente en Azerbaidján a Oficina das Nacións Unidas". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2006. Consultado o 07 de setembro de 2012.
- ↑ Quinn-Judge, Paul (1992-03-03). "Armenians killed 1000, Azeris charge.". Boston Globe. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-03-02.
- ↑ Denber R. Bloodshed in the Caucasus: Escalation of the Armed Conflict in Nagorno-Karabakh (Nova York: Helsinki Watch), Setembro de 1992, 19–21 ISBN 1-56432-081-2
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masacre de Khojali |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bloodshed in the Caucasus: escalation of the armed conflict in Nagorno Karabakh. Human Rights Watch, 1992. ISBN 1-56432-081-2 ISBN 978-1-56432-081-0
- Thomas De Waal, Black Garden: Armenia and Azerbaijan through Peace and War, NYU Press, 2004, ISBN 0-8147-1945-7. Chapter 11. agosto de 1991 – maio de 1992: War Breaks Out. Online (In Russian): [1]
- Victoria Ivleva. The corpses of people killed during the Armenian attack in the streets of the settlement of Khojaly, Nagorno-Karabakh, febreiro de 1992. Photograph 1, Photograph 2
- Walker J. Christopher (1996) The Armenian presence in mountainous Karabakh. In Wright F. R. John, Goldenberg Suzanne and Schofield Richard (eds.) Transcaucasian boundaries. Londres: UCL Press, pp. 89–111