Saltar ao contido

Paris Hilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaParis Hilton

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paris Whitney Hilton Editar o valor en Wikidata
17 de febreiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónMarywood-Palm Valley school (en) Traducir
Cascade School (en) Traducir
The Buckley School (en) Traducir
CEDU (en) Traducir
Dwight School (en) Traducir
Provo Canyon School (en) Traducir
Professional Children's School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActor Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, actriz de cinema, disc-jóckey, socialité, modelo, empresaria, cantante, deseñador de moda Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
RepresentanteModels 1 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Warner Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
Middle East and Africa Summit 2020 (en) Traducir
Middle East and Africa Summit 2022 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
FamiliaHilton family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarter Reum (2021–) Editar o valor en Wikidata
ParellaCarter Reum (2019–2021)
Chris Zylka (2017–2018)
Thomas Gross (2015–2016)
River Viiperi (2012–2014)
Doug Reinhardt (2009–2010)
Benji Madden (2008–2008)
Stavros Niarchos (2005–2007)
Paris Kassidokostas-Latsis (2005–2005)
Rick Salomon (2003–2004)
Nick Carter (2003–2004)
Jason Shaw (2002–2003)
Edward Furlong (1999–2000) Editar o valor en Wikidata
PaisRichard Hilton Editar o valor en Wikidata  e Kathy Hilton Editar o valor en Wikidata
IrmánsNicky Hilton
Conrad Hughes Hilton Editar o valor en Wikidata
ParentesPrinz von Anhalt, great-granduncle
Marcus Eberhardt, great-granduncle Editar o valor en Wikidata
Condenado pordirigir sob o efeito do álcool (pt) Traducir (2006)
drug possession (en) Traducir (2010) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webparishilton.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0385296 Allocine: 96496 Rottentomatoes: celebrity/paris_hilton Allmovie: p358949 TCM: 366592 Metacritic: person/paris-hilton TV.com: people/paris-hilton
Facebook: ParisHilton Twitter: ParisHilton Instagram: parishilton MySpace: parishilton LinkedIn: paris-hilton Snapchat: realparishilton Youtube: UCwl5c3q0uBK3mVv9OXQUeeQ TikTok: parishilton BNE: XX5124266 Spotify: 1vkJFCwstOoJO7yQ4lTtLK iTunes: 159264092 Last fm: Paris+Hilton Musicbrainz: 0d9ff9c7-394e-4228-93aa-c4afd4765324 Songkick: 502783 Discogs: 539235 Allmusic: mn0000721416 WikiTree: Hilton-712 Deezer: 5754 Genius: Paris-hilton Editar o valor en Wikidata

Paris Whitney Hilton, nada en Nova York o 17 de febreiro de 1981,[1] é unha personalidade dos medios estadounidense, muller de negocios, membro da alta sociedade, modelo, cantante, actriz, deseñadora de moda e DJ.

Hilton é bisneta de Conrad Hilton, fundador dos Hoteis Hilton, e criouse entre Nova York e Beverly Hills. Comezou unha carreira como modelo na adolescencia, cando asinou coa axencia de modelos neoiorquina Trump Model Management. A súa imaxe pública nocturna convertérona nunha habitual do xornalismo sensacionalista, e Hilton foi declarada a "It Girl líder de Nova York" en 2001.[2] En 2003, o roubo dunha cinta sexual de 2001 co seu mozo Rick Salomon, logo estreada como 1 Night in Paris, catapultouna a unha fama global, e a serie de telerrealidade The Simple Life, en que aparecía coa tamén socialite Nicole Richie, comezou unha emisión de cinco anos con trece millóns de espectadores en FOX.

En 2004, Hilton publicou o libro Confessions of an Heiress, que se converteu nun best seller de The New York Times en 2005, apareceu no filme de terror A casa de cera, e en 2006, publicou o álbum Paris en todo o mundo; alcanzou o posto número seis do Billboard 200,[3] con sinxelo de debut "Stars Are Blind", que rapidamente se fixo un éxito global. Hilton volveu á telerrealidade en 2008 coa franquía de Paris Hilton's My New BFF, en 2011 con The World According to Paris, e en 2018 con Hollywood Love Story. Outras aparicións na pantalla foron os filmes Raising Helen (2004), Repo! The Genetic Opera (2008), e The Bling Ring, de Sofia Coppola (2013), ademais dos documentais Paris, Not France (2008), Teenage Paparazzo (2010) e The American Meme (2018).

En 2012, Hilton debutou como DJ no Festival de Música Pop do Brasil, con mala recepción. Entre 2013 e 2017, tivo a residencia "Paris Hilton: Foam & Diamonds" na discoteca Amnesia de Ibiza, e segundo Time, converteuse na DJ feminina mellor pagada de 2014.[4]

Considerada a influencia clave do renacemento do fenómeno "famoso por ser famoso" durante os primeiros anos do século XXI,[5] Hilton é o exemplo de "celebutante": famoso non polo seu talento ou traballo, senón por unha riqueza e estilo de vida herdado. Aproveitou a súa fama nos medios para a promoción de perfumes e outras liñas; só a súa marca de perfumes proporciónalle máis de tres mil millóns en ingresos.[6][7] Ademais dun Paris Hilton Beach Club Resort en Manila, hai cincuenta tendas Paris Hilton en todo o mundo e dezanove liñas de produto, como carteiras, reloxos, calzado e coidado do cabelo e a pel. Hilton gaña máis de dez millóns de dólares ao ano cos seus negocios,[8] e en 2017 cobraba uns 300 000 dólares polas súas aparicións en clubs e eventos.[9]

En 2011, dous anos despois do aparente final do dominio de Hilton nos medios, a CNN declarou que ela transformara a fama "máis que calquera outra estrela moderna",[10] en referencia á súa influencia no renacemento do fenómeno "famoso por ser famoso", e o seu liderado no xurdimento dun novo tipo de celebridade, cunha vida privada que se converteu nun foco sen precedente para o interese público.[5] Considérase que creou a marca para esta caste de famosos, que se intensificou co posterior crecemento das redes sociais,[11][12] e moldeou o que o estudoso Daniel J. Boorstin chamou "unha imaxe", que "non é simplemente unha marca rexistrada, un deseño, un slogan ou unha foto fácil de lembrar", senón "un perfil de personalidade creado deliberadamente dun individuo, unha institución, unha empresa, un produto ou un servizo". Paper Magazine chamou a Hilton "a nai da era dixital" nun artigo de 2018, explicando que ao longo da súa vida, "atraeu o mundo para que monitorizase todos os seus movementos... o seus cabelos loiros platino, os seus chándales rosas de veludo, a súa famosa colección de chihuahuas... e aínda así, Hilton non fixo nada que merecese a atención fóra de ser ela mesa. Agora, o invento de Hilton multiplicouse por millóns por toda internet. Todo o mundo tira selfies e presume da súa vida ante un público que obsesivamente segue, dá likes e comparte".[13] Bert Marcus, director do documental The American Meme (2018), fíxose eco deste sentimento, remarcando que ela "puxo o camiño para crear unha marca e unha celebridade por ser ela mesma e converteuno nun fenómeno", mentres que o empresario e celebridade de Instagram The Fat Jew, un dos protagonistas centrais do documental, acredítaa como "inventora da forma en que o mundo pensa sobre influencia".[14] A revista Galore nomeouna "a Raíña dos Negocios da Telerrealidade Orixinal" e mostrouna na súa Art Issue de 2017.[15]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1992 Wishman Rapaza na praia
2000 Sweetie Pie Descoñecido
2001 Zoolander Ela mesma Cameo
2002 Nine Lives Jo
QIK2JDG Strung-out supermodel
2003 Wonderland Barbie Cameo
Cat in the Hat, TheThe Cat in the Hat Clubgoer
2004 Win a Date with Tad Hamilton! Heather
Hillz, TheThe Hillz Heather Smith
Raising Helen Amber
1 Night in Paris Ela mesma Cinta sexual
2005 A casa de cera Paige Edwards
2006 Bottoms Up Lisa Mancini
National Lampoon's Pledge This! Victoria English
2007 Stories USA Sadie
2008 America the Beautiful Ela mesma Documental
Paris, Not France
Hottie and the Nottie, TheThe Hottie and the Nottie Cristabel Abbott
Repo! The Genetic Opera Amber Sweet
American Carol, AnAn American Carol Ela mesma
2010 Teenage Paparazzo Documental
2013 The Bling Ring Cameo
2015 Jeremy Scott: The People's Designer Documental
2017 And the Winner Isn't
2018 The American Meme

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Paris Hilton Biography (1981-)". FilmReference.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  2. "Paris Hilton Biodata". Biography.com. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  3. "Paris Hilton's Music". Parishiltonsite.net. Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  4. "Here's What Happened When We Went Clubbing with DJ Paris Hilton". Time. 
  5. 5,0 5,1 "The Paris Hilton Rule: Famous For Being Famous". Scoreboard Media Group. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2012. Consultado o 13 de setembro de 2014. 
  6. "The American Meme - Sitio oficial de Netflix". www.netflix.com. 
  7. "SURPRISE? Paris Hilton Earns Over $10M A Year From 17 Different Product Lines". Articles.businessinsider.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2012. 
  8. "Paris Hilton on sex tape: 'I'll never be able to erase it'". CNN. 15 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2012. 
  9. "Paris Hilton, Forbes Top Celebrities". Forbes.com. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  10. CNN, By Abbey Goodman, Special to. "The man who 'made' Paris Hilton". CNN. 
  11. Petrarca, Mayan Toledano,Emilia. "Paris Hilton Invented Everything You're Doing in 2017, and She Knows It". W Magazine. 
  12. febreiro de 2017, Syed Zulfadhli 17 (17 de febreiro de 2017). "We Bet That You Forgot Paris Hilton Once Did All These Things". Harper's Bazaar Singapore. 
  13. "How Paris Hilton Invented the Social Media Star". PAPER. 27 de abril de 2018. 
  14. "Paris Hilton on Tribeca Doc 'The American Meme' and Social Media: "I Created That Genre of Celebrity"". The Hollywood Reporter. 
  15. Pasquini, Maria (22 de novembro de 2016). "Paris Hilton Is the OG Reality TV Business Queen". Galore. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]