Saltar ao contido

Pedro Álvares Cabral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Álvares Cabral

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Pedro Álvares de Gouveia Editar o valor en Wikidata
1467 Editar o valor en Wikidata
Belmonte (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1520 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Santarém (Reino de Portugal) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja da Graça (Santarém) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, navegante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Fidalgo do Conselho (pt) Traducir (1497–) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIsabel de Castro (esposa de Álvares Cabral) Editar o valor en Wikidata
FillosAntónio Cabral (filho de Pedro Álvares Cabral), Fernão Álvares Cabral Editar o valor en Wikidata
PaisFernão Cabral Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Gouveia de Queirós Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Cabral, Pedro Alvarez
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Álvares_Cabral-1 Find a Grave: 18397 Editar o valor en Wikidata

Pedro Álvares Cabral, nado probablemente en Belmonte en 1467 ou 1468 e finado en Santarém en 1520 ou 1526, foi un fidalgo e navegante portugués a quen xeralmente se atribúe o descubrimento do Brasil, acontecido o 22 de abril de 1500.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Crese que naceu en Belmonte, na rexión da Beira Baixa, en Portugal. Foi o terceiro fillo de Fernão Cabral, gobernador da Beira e de Belmonte, e de Isabel de Gouvea. Así, o seu nome orixinal sería Pedro Álvares Gouvea, pois só o primoxénito herdaba o sobrenome paterno. Só posteriormente, coa morte de seu irmán mais vello, tería pasado a chamarse Pedro Álvares Cabral.

Con once anos de idade mudouse para Lisboa, onde estudou literatura, historia, ciencias, cartografía e artes militares. Coa subida ao trono de D. Manuel I (1495-1521) pasou a integrar o Consello do Rei e foi admitido como cabaleiro na Orde de Cristo, distinción concedida apenas a algúns nobres.

Viaxe á India

[editar | editar a fonte]

En 1500, con 33 anos de idade, o soberano deulle o comando da segunda armada que mandou á India, a mellor equipada do século XV e integrada por dez naos e tres carabelas, levando uns 1.500 homes, entre funcionarios, soldados e relixiosos.

Partiu de Lisboa o 9 de marzo de 1500 e, desviándose do camiño orixinal – intencionalmente, segundo a hipótese máis admitida polos historiadores – atinxiu a costa oriental da América do Sur, arribando en Porto Seguro o 22 de abril de 1500. Tomou posesión da nova terra, que denominou de Illa de Vera Cruz en nome da Coroa portuguesa. En seguida enviou de volta a Portugal un dos navíos menores coas noticias. Retomou entón a rota de Vasco da Gama rumbo ás Indias.

Ao cruzar o cabo da Boa Esperanza, catro dos seus navíos se perderan. Chegou a Calicute - actual Kozhikode, en Kerala - en setembro de 1500, onde Cabral asinou o primeiro acordo comercial entre Portugal e a India.

Ao volver a Lisboa, en 1501, foi aclamado como un heroe. Entanto, desentendeuse co rei acerca do comando da expedición ás Indias programada para 1502 e foi substituído por Vasco da Gama. Non recibiu ningunha outra misión oficial máis ata o fin da súa vida. Faleceu esquecido e foi sepultado na cidade de Santarém segundo algúns historiadores o 1520, e outros, o 1526.