Saltar ao contido

Pina Bausch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPina Bausch

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Pina
(de) Pina Bausch Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Philippine Bausch Editar o valor en Wikidata
27 de xullo de 1940 Editar o valor en Wikidata
Solingen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Wuppertal, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWuppertal Editar o valor en Wikidata
EducaciónFolkwang University of the Arts (en) Traducir
Escola Juilliard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCoreografía e Tanztheater (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncoreógrafa, profesora universitaria, directora de cinema, mestre de ballet, bailarina de ballet, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
ProfesoresKurt Jooss (pt) Traducir, Antony Tudor, José Limón (en) Traducir e Trude Pohl Editar o valor en Wikidata
AlumnosRaphaëlle Delaunay Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeRonald Kay (1980–2009) Editar o valor en Wikidata
FillosRolf Salomon Bausch Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpinabausch.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0062471 Allocine: 15044 Allmovie: p4645
BNE: XX1309001 Musicbrainz: ef3da73b-4e29-4027-9731-362d68e42ce3 Discogs: 2211848 Find a Grave: 38917278 Editar o valor en Wikidata
Un dos seus espectáculos co Tanztheater de Wuppertal

Philippina Bausch coñecida como Pina Bausch, nada en Solingen, Düsseldorf, o 27 de xullo de 1940 e finada en Wuppertal o 30 de xuño de 2009[1] foi unha bailarina, coreógrafa e directora alemá pioneira na danza contemporánea. Coñecida polo seu estilo vangardista,[2] Bausch transformou o xénero con pezas compostas mesturando diversas expresións: movementos corporais, emocións, sons e escenografía que configuran pezas enmarcadas na corrente do teatro físico e a danza teatro,[3] da cal Bausch foi pioneira e unha influencia constante para xeracións posteriores.

Cun enfoque vangardista, a súa obra caracterízase pola exploración das relacións humanas e a expresión de emocións crúas a través dunha linguaxe corporal poderosa que rompe cos moldes do ballet clásico.

Durante a súa dirección do Tanztheater de Wuppertal, Bausch desenvolveu pezas pouco convencionais, empregando un estilo que enfatiza a autenticidade emocional e a conexión física coa audiencia. Este estilo persoal e a profundidade dos seus temas convertérona nunha figura clave nas artes escénicas mundiais, con obras que seguen a ser representadas e estudadas.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Pina Bausch naceu en Solingen, preto de Düsseldorf, en Alemaña, en plena Segunda guerra mundial. Foi a terceira filla do matrimonio composto por August e Anita Bausch, que tiñan un restaurante, onde a futura bailarina creceu e tomou as súas primeiras clases de danza. Foi entón cando os seus pais se decataron da súa extrema flexibilidade física e talento, polo que decidiron apoiala para que en 1955, aos 15 anos, fose estudar co coreógrafo Kurt Joos[5] na Folkwang School de Essen, onde Pina adquiriu as bases da danza expresionista alemá que serían a base da súa entón incipiente carreira.

Formación

[editar | editar a fonte]

En 1959, con 19 anos, graduouse na Folkwang School e gañou unha bolsa para continuar os seus estudos en Nova York. Aí estudou na Juilliard School desde 1960, tendo como mestre a Antony Tudor, baixo cuxa dirección bailaría por primeira vez no Metropolitan Opera Ballet. Nesta segunda etapa formativa, Bausch tamén tivo como profesores a José Limón, Alfredo Corvino e Paul Taylor, quen a dirixiu como parte do New American Ballet.

Tras o brillante desempeño de Pina Bausch nos Estados Unidos, Kurt Joos, o seu primeiro mestre, convocouna en 1961 para formar parte da súa compañía en Alemaña. Así, en 1962 uniuse á recentemente creada Folkwang Ballet Company, en principio como asistente de Joss e logo como solista. En 1968 dirixiu a súa primeira peza como coreógrafa da compañía: Fragment, con música de Béla Bartók; ao ano seguinte converteuse na sucesora de Joos como directora artística.

Tanztheater Wuppertal Pina Bausch

[editar | editar a fonte]

En 1972, Bausch asumiu a dirección do Wuppertal Opera Ballet, que máis tarde ela mesma rebautizou como "Tanztheater Wuppertal Pina Bausch". O seu primeiro traballo neste cargo foi Fritz, con música de Wolfgang Hufschmidt, en 1974. Ao ano seguinte continuou os seus experimentos coa danza escénica mesturada con ópera, cuxos resultados foron as presentacións de Iphigenia in Tauride e Orpheus and Eurydice.

A Consagración da Primavera, representada en Wuppertal

Tamén en 1975, Bausch coreografou A consagración da primavera, de Igor Stravinsky. Neste traballo logrou unha conexión co escenario baseada na humidade do chan, acto que manifesta as bases da súa proposta, onde a escena é parte importante da coreografía. Ao mesmo tempo, xerou unha relación próxima co deseñador polaco Rolf Borzik, quen se convertería no seu marido e estreito colaborador, e xunto a quen desenvolvería propostas performáticas afastadas da danza clásica, abrindo un novo camiño cara á consolidación da danza teatro.

Así, en 1976, coa coreografía dos sete pecados capitais, do compositor Kurt Weill, Bausch sepárase por completo das convencións do ballet clásico, introducindo un método de ensaio no que xera preguntas aos seus bailaríns, e crea unha coreografía baseada nas súas respostas, que ven reflectidas tanto no físico como no verbal e visual da peza, que inclúe textos falados e música clásica e popular.

Os seus outros traballos con Borzik inclúen unha longa lista de obras, entre as que se contan Bluebeard – While listening to a tape recording of Béla Bartók´s Opera, Duke Bluebeard´s Castle (1977), Come dance with me (1977), Renate inmigrants (1977), Café Müller (1978; o seu traballo máis coñecido, definido como unha peza melancólica na que os bailaríns interpretan a sensibilidade humana nun escenario repleto de cadeiras e mesas que actúan como obstáculos); Kontakthof (1978), Arien (1979; o escenario é un piso de auga quente) e Legend of Chastity (1979).

En 1980, aos 35 anos, Borzik morre de cancro. 1980 é interpretada pola crítica como unha homenaxe e despedida ao seu esposo, quen fora o seu guía na proposta visual e performática da compañía. Os seus traballos posteriores inclúen Bandoneón (1980), Walzer (1982), Carnations (1982; o escenario está composto por un piso de flores sobre o que os bailaríns realizan a coreografía), On the mountain a cry was heard (1984), Two cigarrets in the dark (1985), Viktor (1986), Palermo, Palermo (1989), A tragedy (1994) e Danzón (1995). Bausch non alcanzou a presentar en vida Como el musguito en la piedra, ay sí sí sí, inspirada nunha estadía en Chile (por iso é polo que escolleu como nome o da canción folclórica que adoitaba interpretar Violeta Parra).

Durante a década de 1980, Bausch foi probabelmente a bailarina que máis influenciou as nacentes xeracións de danza contemporánea e á arte en xeral. A súa influencia apréciase en artistas tan diversos como Robert Wilson, William Forsythe e Maguy Marin. En 1984 a compañía encargouse do acto de apertura do Olympic Art Festival dos Ánxeles, o que evidencia o éxito do seu traballo.

A súa proposta de danza teatro

[editar | editar a fonte]

O traballo de Pina Bausch está conectado coa tradición da danza expresionista alemá –a Ausdruckstanz-, encarnando sentimentos de angustia humana existencial, anomia e disociación. Todos os seus traballos comparten similitudes esenciais: ausencia de argumento (nun sentido clásico), do sentido convencional da progresión en escena e de referencias a lugares xeográficos específicos. Con todo, a obra de Bausch ten “unha grande atmosfera de humor malvado, un patrón de tantalización romántica e humillación”.[6] O seu traballo baséase na creación de breves episodios de diálogo e acción a miúdo centrados en situacións surrealistas, no uso do corpo e nas relacións entre este, o escenario e o vestiario.

As pezas de Bausch a miúdo involucran o público, introducíndoo na performance. Inclúen, ademais, interludios físicos que, por exemplo, presentan a homes e mulleres que poden ser irmáns ou antagonistas. A idea de Bausch é xogar coas convencións do tempo teatral sobre o escenario, estimulando unha nova linguaxe construída por aparentes elementos dispares e aleatorios que producen un inequívoco balance interno que dá vida á súa proposta de danza teatro.

A International Encyclopedia of Dance da Universidade de Oxford define o traballo de Pina Bausch como "único", sostendo que o seu corpo de danza fórmano bailaríns "de aparencia e perspectiva madura, onde cada un alude á superioridade multifacética e cosmopolita do mundo de Bausch. A miúdo quedan na compañía durante décadas, e cando alguén decide irse, varios centos de aspirantes asisten a unha audición na que se mergullan nas técnicas de Bausch”, o que sinala o importante que foi en vida, así como o seu legado, tras a súa morte.[7]

Relación co cine

[editar | editar a fonte]

En 1983, interpretou o papel da princesa Lherimia en E la nave va, de Federico Fellini.

Pedro Almodóvar, en Hable con ella (2002), realizou unha cita-homenaxe a Café Müller, que funciona como peza clave do argumento. En 2009, Bausch comezou a colaborar co director e documentalista Wim Wenders para a realización dunha película sobre a compañía en formato 3D. Pina morreu antes de estivese finalizado o filme, que Wenders define como unha homenaxe á súa memoria. O documental Pina estreouse o 2011 no Festival de Berlín e recibiu varios premios.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En primeira instancia casou co seu compañeiro de labores, o polaco Rolf Borzik, que fora deseñador de vestiario e escenografías para a compañía. Borzik morreu en 1980, e tempo despois Pina coñeceu o poeta chileno Ronald Kay, con quen tivo o seu único fillo, Ralf Salomon, en 1981.

Foi unha fumadora empedernida: nos rexistros visuais que mostra a película Pina, de Win Wenders, está sempre cun cigarro, fumando. Morreu de cancro pulmonar o 30 de xuño de 2009, aos 68 anos, en Wuppertal.

Creacións

[editar | editar a fonte]
Data de estrea Cidade (País) Teatro Peza Detalles
9 xan 1954 Wuppertal (Renania do Norte-Westfalia, RFA) Opernhaus (Casa da Ópera) Fritz Música: Gustav Mahler, Wolfgang Hufschmidt. Inclúe "Der grüne Tisch" de Kurt Jooss e "Rodeo" de Agnes de Mille.
21 abr 1974 Wuppertal Opernhaus Iphigenie auf Tauris ('Ifixenia en Tauris') Música: Christoph W. Gluck.
2 xun 1974 Wuppertal Zwei Krawatten ('Dúas garavatas')
8 dec 1974 Wuppertal Opernhaus Ich bring dich um die Ecke... ('Eu lévote até a esquina') Inclúe "Adagio – "Fünf Lieder von Gustav Mahler" e "Großstadt" de Kurt Jooss.
23 maio 1975 Wuppertal Opernhaus Orpheus und Eurydike ('Orfeo e Eurídice') Música: Christoph W. Gluck.
3 dec 1975 Wuppertal Opernhaus Frühlingsopfer: Wind von West ('Ritual da primavera: vento do Oeste') + Der zweite Frühling ('A segunda xuventude') Música: Igor Strawinskii.
15 xun 1976 Wuppertal Opernhaus Die sieben Todsünden der Kleinbürger ('Os sete pecados capitais do pequenoburgués') / II. Fürchtet Euch nicht

('Non teñas medo') || Música: Kurt Weill, texto: Bertolt Brecht.

8 xan 1977 Wuppertal Opernhaus BlaubartBeim Anhören einer Tonbandaufnahme von Béla Bartóks Oper "Herzogs Blaubarts Burg" ('Barba Azul –Escoitando unha gravación da ópera de Béla Bartok "O castelo de Barba-Azul" )
26 maio 1977 Wuppertal Opernhaus Komm tanz mit mir ('Ven danzar comigo') Opereta
30 dec 1977 Wuppertal Opernhaus Renate wandert aus ('Renata emigra')
22 abr 1978 Bochum (RFA) Schauspielhaus (Teatro) de Bochum Er nimmt sie an der Hand und führt sie in das Schloß, die anderen folgen ('El levouna pola man ao castelo, os outros seguíranos') Coprodución. Baseada en Macbeth, de William Shakespeare.
20 maio 1978 Wuppertal Opernhaus Café Müller No mesmo programa: coreografías de Gehard Bohner, Hans Pop e Gigi-Georghe Caciuleanu
9 dec 1978 Wuppertal Opernhaus Kontakthof ('Patio de encontros')
12 maio 1979 Wuppertal Opernhaus Arien ('Arias')
4 dec 1979 Wuppertal Opernhaus Keuschheitslegende ('A lenda da castidade')
18 maio 1980 Wuppertal Schauspielhaus 1980
21 dec 1980 Wuppertal Opernhaus Bandoneon ('Bandoneón')
17 xun 1982 Ámsterdam (Países Baixos) Holland Festival – Koninklijk Theater Carré Walzer ('Valses')
30 dec 1982 Wuppertal Opernhaus Nelken ('Cravos')
16 maio 1983 Múnic (RFA) München Theaterfestival – Zelt im Englischen Garten Nelken Segunda estrea
13 maio 1984 Wuppertal Schauspielhaus Auf dem Gebirge hat man ein Geschrei gehört ('Sobre a montaña ouviuse un berro')
31 mar 1985 Wuppertal Schauspielhaus Two Cigarettes in the Dark ('Dous cigarros no escuro')
14 maio 1986 Wuppertal Schauspielhaus Viktor En coprodución con Teatro Argentina e Stadt Rom
21 mar 1987 Wuppertal Schauspielhaus Ahnen ('Antepasados')
17 dec 1989 Wuppertal Opernhaus Palermo ('Palermo') En coprodución co Teatro Biondo Stabile, Palermo e Andres Neumann International
27 abr 1991 Wuppertal (Alemaña reunificada) Schauspielhaus Tanzabend II (Programa de danza II) En coprodución con "Festival de Otoño", Madrid
16 xan 1993 Wuppertal Opernhaus Das Stück mit dem Schiff ('A peza co barco')
12 feb 1994 Wuppertal Schauspielhaus Ein Trauerspiel ('Un xogo triste') En coprodución co festival Wiener Festwochen (Semana Vienesa).
13 maio 1995 Wuppertal Opernhaus Danzón
11 maio 1996 Wuppertal Schauspielhaus Nur Du ('Só ti') En coprodución com University of California, Os Ánxeles; Arizona State University; Berkeley University of California; University of Texas, Austin; Darlene Neel Presentations; Rena Shagan Associates, Inc.; The Music Center Inc.
12 feb 1997 Wuppertal Opernhaus Der Fensterputzer ('O limpador de xanelas') En coprodución con Hong Kong Arts Festival Society e Goethe-Institut Hong Kong
4 abr 1998 Wuppertal Schauspielhaus Masurca Fogo En coprodución con EXPO 98 de Lisboa e o Goethe-Institut Lisboa
10 abr 1999 Wuppertal Opernhaus O Dido En coprodución con Teatro Argentina, Roma e Andres Neumann International
25 fev 2000 Wuppertal Schauspielhaus Kontakthof mit Damen und Herren ab '65' ('Patio de encontros con señoras e señores maiores de 65 anos')
5 maio 2000 Wuppertal Schauspielhaus Wiesenland ('Terra de prados') En coprodución con Goethe-Institut Budapest e Théâtre de la Ville Paris
12 maio 2001 Wuppertal Opernhaus Água En coprodución co Brasil, Goethe-Institut São Paulo e Emilio Kalil
25 abr 2002 Wuppertal Schauspielhaus Für die Kinder von gestern, heute und morgen ('Para os nenos de onte, hoxe e mañá')
21 mar 2003 Wuppertal Opernhaus Nefés En coprodución con International Istanbul Theatre Festival e Istanbul Foundation of Culture and Arts
8 maio 2004 Wuppertal Schauspielhaus Ten Chi [Ceo e terra] En coprodución con Prefectura de Saitama, Saitama Arts Foundation e Nippon Cultural Center
15 abr 2005 Wuppertal Schauspielhaus Rough Cut [Corte bruto] En coprodución con LG Arts Center e Goethe-Institut Seoul, Corea
11 maio 2006 Wuppertal Schauspielhaus Vollmond ('Lua chea')
18 maio 2007 Wuppertal Schauspielhaus Bamboo Blues En coprodución con Goethe-Institut India
30 maio 2008 Wuppertal Schauspielhaus 'Sweet Mambo'
7 nov 2008 Wuppertal Schauspielhaus Kontakthof mit Teenagern ab '14' ('Patio de encontros con mozos por riba de 14 anos')
12 xun 2009 Wuppertal Opernhaus "... como el musguito en la piedra, ay si, si, si..." ["... wie das Moos auf dem Stein..."] En coprodución co Festival Internacional de Teatro Santiago a Mil, Chile e con apoio de Goethe-Institut Chile. En colaboración con Andres Neumann International

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Bolsa para altos estudos na Folkwang School (1958)
  • Primeiro premio na II Competencia de Coreografía de Colonia 1969 por Im Wind der Zeit, con música de Mirko Dorner
  • Premio Fundación North Rhine-Westphalia 1973 para artistas novos
  • Premio Eduard von der Heydt 1978 (Wuppertal)
  • Premio da Crítica Danza 1980 (Círculo de Críticos de Arte, Italia)
  • Premio Simba theatre 1982 (Accademia Simba, Italia)
  • Premio UBU 1982/83, outorgado á mellor representación estranxeira (Italia)
  • Premio Deutscher Kritiker Preis 1984 (Akademie der Künste, Berlin, Alemaña)
  • Premio Bessie Dance and Performance 1984 (Nova York)
  • Orde ao Mérito (1986, República Federal de Alemaña)
  • Premio da Sociedade de Críticos de Danza 1987 (Xapón)
  • Premio á Tolerancia 1988 (Alemaña) para a compañía Wuppertal
  • Premio da Academia Internacional Lorenzo il Magnifico 1990 (Florencia)
  • Premio Aurel Milloss 1990 (parte do Premio Gino Tani, Roma)
  • Premio en ocasión do World Theatre Day 1990 (República Federal de Alemaña e o International Theatre Institute)
  • Premio do Estado de North-Westphalia 1990
  • Prix SACD de Danza 1991 (Société des Auteurs et Compositeurs dramatique, París)
  • Rheinischer Kulturpreis 1991 (Sparkassenstiftung zur Förderung rheinischen Kulturgutes, Düsseldorf)
  • Premio Critics Award por Café Müller, Edinburgh Festival, 1992
  • Medalla Picasso da UNESCO, 1993
  • Cruz da Ordem Militar de Santiago de Espada, Lisboa, 1994
  • Premio da danza alemá, entregado pola German professional association for dance education, 1995
  • Premio Joana Maria Gorvin, entregado pola German Akademie der Schönen Künste, 1995 (Berlín)
  • Premio Berlin theatre, 1997 (Berlín)
  • Premio Foundation for Prussian maritime trade, 1997
  • Anel de Honra da cidade de Wuppertal, 1997
  • Premio Harry Edmonds; International House, 1997 (New York)
  • Premio European Theatre, 1998
  • Premio Samuel H. Scripps, American Dance Festival Award, 1999
  • Praemium Imperiale para teatro e filme, entregado pola Japan Art Association, 1999
  • Premio Life Time Achievement, 2000 (Istambul)
  • Premio Hanseatic Goethe, 2001
  • Premio Bessie, 2002 (New York)
  • Chevalier de l'Ordre National da Légion d'Honneur, 2003 (París)
  • Premio Nijinsky, 2004 (Monte Carlo)
  • Premio Golden Mask, Golden Mask Festival of Performing Arts, 2005 (Moscova)
  • Embaixadora Honoraria da República de Korea, 2005
  • Premio Laurence Olivier, 2006 (Londres)
  • Doutora honoraria (laurea honoris causa) de Juilliard School, 2006 (New York)
  • Orden al Mérito Artístico y Cultural Pablo Neruda, Consejo Nacional de la Cultura y las Artes de Chile, entregada pola presidenta Michelle Bachelet, 2007 (Santiago)
  • Premio Cidade de Frankfurt, 2008
  • Premio Dance Magazine, 2008 (New York)
  • Membro Honoraria da Academy of Arts and Sciences, Cambridge Massachusetts, Section Performing Arts; 2009
  1. "Pina Bausch". www.danza.es. Consultado o 2020-04-19. 
  2. "Pina Bausch (1940-2009)". Mujeres Bacanas (en castelán). 2017-05-22. Consultado o 2020-04-19. 
  3. "La danza teatro de Pina Bausch". Danza Ballet (en castelán). 2006-06-10. Consultado o 2020-04-19. 
  4. "Pina Bausch - Founder of Tanztheater Wuppertal". www.pinabausch.org. Consultado o 2024-11-27. 
  5. "Última entrevista a Pina Bausch en Chile - Danza Ballet". www.danzaballet.com. Consultado o 2020-04-19. 
  6. Birringer, Johannes. Pina Bausch. Dancing across the borders
  7. Encyclopedia of Dance, p. 389
  8. Fassbinder, Stefan (2020-07-27). "Pina - tanzt, tanzt sonst sind wir verloren". Online Automaten Test » 1800+ Spielautomaten (en alemán). Consultado o 2024-11-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]