Plan Marshall
O Plan Marshall, oficialmente Programa de Recuperación Europea foi un conxunto de medidas económicas ideadas polo xeneral estadounidense George Marshall, para a reconstrución de Europa despois da segunda guerra mundial.
Situación despois da guerra
[editar | editar a fonte]Despois da segunda guerra mundial as economías europeas quedaron gravemente resentidas polos esforzos da contenda e os estragos que esta provocou. Consolidándose Estados Unidos, como líder económico mundial, xa que a guerra so tocou o seu territorio en moi poucas ocasións. Os principais compradores da súa produción eran os países europeos, pero ante a mala situación das súas economías os expertos deduciron que so poderían seguir pagando as compras durante pouco máis dun ano. Os EUA dispuñan dun exceso de capitais e produtos enorme, e a situación parecíase demasiado á crise dos anos 1920. Isto sumado ó progresivo triunfo do comunismo nos países do leste, que lle restaba liderado aos EUA obrigounos a actuar en Europa occidental.
O plan
[editar | editar a fonte]Anunciado en xuño de 1947 e aprobado na primavera de 1948, tiña como obxectivo dar axuda selectiva á recuperación da produción, sen provocar aumentos de inflación e malestar político. Estados Unidos asegurábase un mercado solvente para as súas exportacións e a implantación do seu sistema económico.
Axuda financeira recibida
[editar | editar a fonte]País | 1948/49 ($ millóns de dólares) |
1949/50 ($ millóns de dólares ) |
1950/51 ($ millóns de dólares ) |
Acumulado ($ millóns de dólares ) |
---|---|---|---|---|
Austria | 232 | 166 | 70 | 468 |
Bélxica e Luxemburgo | 195 | 222 | 360 | 777 |
Dinamarca | 103 | 87 | 195 | 385 |
Francia | 1085 | 691 | 520 | 2296 |
Alemaña | 510 | 438 | 500 | 1448 |
Grecia | 175 | 156 | 45 | 366 |
Islandia | 6 | 22 | 15 | 43 |
Irlanda | 88 | 45 | 0 | 133 |
Italia | 594 | 405 | 205 | 1204 |
Países Baixos | 471 | 302 | 355 | 1128 |
Noruega | 82 | 90 | 200 | 372 |
Portugal | 0 | 0 | 70 | 70 |
Suecia | 39 | 48 | 260 | 347 |
Suíza | 0 | 0 | 250 | 250 |
Turquía | 28 | 59 | 50 | 137 |
Reino Unido | 1316 | 921 | 1060 | 3297 |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |