Río Guadalope
Aparencia
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Aragón, España | ||||
Final | |||||
División administrativa | Cantabria, España | ||||
Localización | Río Ebro | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | ||||
Características | |||||
Dimensións | 160 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 3.890 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 4,83 m³/s | ||||
O Guadalope é un río de España, o segundo afluente máis longo da marxe dereita do río Ebro tras o Jalón, tendo unha lonxitude de 160 km e unha conca hidrográfica de 3.890 km² aproximadamente.
Ten na súa canle os encoros de Santolea, Calanda e Civan en Caspe; así como a Estanca de Alcañiz e o encoro de Berge no seu afluente o Guadalopillo. Os seus afluentes son pola marxe dereita o río Bergantes, o Fortanete, o Bordón e o Mezquín e pola esquerda o río Aliaga e o Guadalopillo.
Nace na serra de Gúdar, preto das poboacións de Villarroya de los Pinares e Miravete de la Sierra (Teruel). Ao final do seu percorrido achega un caudal ao río Ebro de 58 hm³/ano aproximadamente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Guadalope |