Red Hat Enterprise Linux
- Non confundir con Red Hat Linux ou Fedora
Red Hat Enterprise Linux | |
---|---|
Desenvolvedor | Red Hat |
Familia de S.O. | Linux |
Lanzamento | 22 de febreiro de 2000 |
Espazo de usuario | GNOME |
Modelo de desenvolvemento | Código aberto |
Núcleo | Linux |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | GPL e outras |
Última versión estable | 7.3, 6.9, 5.11; 3/11/2016, 21/3/2017, 16/9/2014 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Precedido por | Red Hat Linux |
Sitio web | https://www.redhat.com/ |
Red Hat Enterprise Linux (RHEL) é unha distribución de Linux que crea Red Hat e que está deseñada para o mercado empresarial. A súa versión para servidores libérase para x86, x86-64, Itanium, PowerPC e IBM System z; e a de escritorio para x86 e x86-64. O nome desta distribución adóitase abreviar como RHEL mais non é o seu nome oficial.[1] O soporte e a formación oficial que ofrece Red Hat, como o seu programa de certificación de Red Hat céntranse nesta plataforma, a RHEL.
A primeira versión de RHEL lanzouse ao mercado como "Red Hat Linux Advanced Server". No 2003 Red Hat cambióuselle o nome de "Red Hat Linux Advanced Server" a "Red Hat Enterprise Linux AS" e engadiulle as variantes "Red Hat Enterprise Linux ES" e "Red Hat Enterprise Linux WS".
A marca de Red Hat restrinxe a redistribución gratuíta das súas versións de Red Hat Enterprise Linux [2] mais libera o código na súa totalidade. As derivadas de "Red Hat Enterprise Linux" desenvólvense retirando as compoñentes non libres como a imaxe de Red Hat. Un caso disto é CentOS, que se constrúe empregando RHEL e a mantén a súa propia comunidade. Outro é Oracle Linux, un fork de Oracle que non é totalmente compatible con RHEL.
Historial de versións
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tips and tricks: How do I properly refer to Red Hat Enterprise Linux 2.1, Red Hat Enterprise Linux 3, Red Hat Enterprise Linux 4 and Red Hat Enterprise Linux 5 in documentation and when conversing with fellow users and customers?". redhatmagazine.com. 4 de febreiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ "ESR: "We Don't Need the GPL Anymore"". onlamp.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 6 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Fedora, a distribución da comunidade Fedora.
- Red Hat Linux, a predecesora de RHLE.