Saltar ao contido

Rexión Nordeste do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRexión Nordeste do Brasil
Imaxe
(2013)

EpónimoNordés Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°45′50″S 38°57′00″O / -8.764, -38.95
EstadoBrasil Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación54.658.515 (2022) Editar o valor en Wikidata (35,17 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.554.291,744 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico do Barbado (pt) Traducir (2.033 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

A Rexión Nordeste é a rexión brasileira que posúe a maior cantidade de estados: Alagoas, Baía, Ceará, Maranhão, Paraíba, Piauí, Pernambuco (incluíndose a illa de Fernando de Noronha), Rio Grande do Norte e Sergipe. Esta subdivisión do Brasil en rexións non ten carácter político ou administrativo, senón de facilitar estudos sociais, estatísticos e económicos de estados veciños xeograficamente.

As cidades nordestinas máis populosas son: Salvador (2.673.560), Fortaleza (2.374.944), Recife (1.400.000), São Luís (978.824), Maceió (903.463), Teresina (778.773), Natal (778.040), João Pessoa (660.798), Jaboatão dos Guararapes (630.008), Feira de Santana (527.625), Aracaju (498.619), Olinda (377.000), Campina Grande (376.132), Vitória da Conquista (285.927), Paulista (262.237), Caruaru (253.634), Ilhéus (222.127) e Itabuna (220.816).

A rexión posúe 30.998.109 electores segundo datos do IBGE para o ano 2002, o que a converte no segundo colexio electoral do país, detrás do Sueste.