Saltar ao contido

Rexión de Osh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRexión de Osh
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°N 73°L / 40, 73
EstadoKirguizistán Editar o valor en Wikidata
CapitalOsh Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.299.500 (2005) Editar o valor en Wikidata (44,5 hab./km²)
Lingua usadaLíngua Dungan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie29.200 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación21 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2KG-O Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (2002–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webosh.gov.kg Editar o valor en Wikidata

A Rexión de Osh (en kirguiz: Ош областы) é unha rexión de Kirguizistán. A súa capital é Osh. Ten fronteiras nacionais coa Rexión de Batken, Rexión de Jalal-Abad e a Rexión de Naryn, e internacionais con Taxiquistán, Uzbekistán, Xinjiang e a China.

A cidade de Osh, aínda que é a capital da rexión, non forma parte desta, xa que é unha das dúas cidades autogobernadas xunto a Bixkek.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 2009, a Rexión de Osh (excluíndo a cidade de Osh) comprendía tres cidades (Nookat, Uzgen, e Kara-Suu), 2 vilas e 474 aldeas. De acordo co Censo de 2009, a poboación total era de 999,576. Deles, 82,841 persoas vivían en zonas urbanas, e 916,735 en zonas rurais.

Máis da metade dos uzbekos que moran en Kirguizistán, o fan na rexión de Osh.

Composición étnica

[editar | editar a fonte]
Grupo étnico Poboación Proporción
da poboación
Uzbekos 758036 68.6%
Kirguiz 308688 28.0%
Uigures 11181 1%
Turcos 10934 1%
Taxicos 6711 0.6%
Azarís 3224 0.3%
Rusos 1552 0.1%
Tártaros 1337 0.1%
Dungans 793 0.1%
outros 1792 0.2%

Distritos

[editar | editar a fonte]

A Rexión de Osh está dividida administrativamente en 7 distritos.[1]

Distrito Capital Localización
Distrito de Uzgen Uzgen Norte
Distrito de Kara-Suu Kara-Suu Norte
Distrito de Aravan Aravan Norte
Distrito de Nookat Eski-Nookat Oeste
Distrito de Chong-Alay Daroot-Korgon Suroeste
Distrito de Alay Gul'cha Sueste
Distrito de Kara-Kulja Kara-Kulja Leste

Enclaves e exclaves

[editar | editar a fonte]

O único exclave kirguiz en Uzbekistán é administrado pola Rexión de Osh (Distrito de Kara-Suu). Situado no Val de Fergana, a vila de Barak (poboación 627) está na estrada de Osh a Khodjaabad (Uzbekistán), a 4 km ao noroeste da fronteira kirguiz-uzbeka en dirección Andijan.[2]