Robert Altman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1925 Kansas City, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de novembro de 2006 (81 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | leucemia |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Wentworth Military Academy and College (en) Rockhurst High School (en) Southwest Early College Campus (en) Southwest High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, libretista, director teatral, actor de cinema, realizador, escritor, produtor de cinema, montador, guionista, produtor |
Período de actividade | 1947 - |
Membro de | |
Influencias | |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Fillos | Robert Reed Altman |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | robertaltman.com |
|
Robert Bernard Altman, nado o 20 de febreiro de 1925 en Kansas City e finado o 20 de novembro de 2006 nos Ánxeles, foi un director de cinema norteamericano. En 2006, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas recoñecei o seu traballo cun Premio Honorífico da Academia. Os seus filmes MASH e Nashville foron seleccionados para a súa conservación no Rexistro Cinematográfico dos EUA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Altman naceu en Kansas City, Missouri, fillo de Bernard Clement Altman e Helen Mathews. De ascendencia alemá, inglesa e irlandesa,[1][2] o seu avó paterno, Frank Altman, Sr., cambiou o apelido de "Altmann" a "Altman".[2] Altman tivo unha estrita educación católica.[3] Estudou no colexio St. Peter's School, en Rockhurst High School e en Southwest High School en Kansas City, e foi logo enviado á academia militar Wentworth Military Academy nos arredores de Lexington, Missouri, onde estivo durante os seus primeiros anos universitarios. En 1943, entrou nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), sendo foi copiloto dun bombardeiro B-24 durante a segunda guerra mundial. Durante esta época Altman viu as primeiras luces de Hollywood e namorouse delas. Despois do seu retiro en 1947 mudouse aos Ánxeles e seguiu unha carreira como actor, director e guionista.
Tras varios fracasos como director e dedicarse á dirección de televisión en series como Bonanza ou Alfred Hitchcock Presents, coñeceu o éxito grazas ao filme M*A*S*H (1970), sátira da guerra de Corea que logrou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. A partir de aquí desenvolveu unha carreira ascendente que, con subidas e baixadas, o converteu nun dos directores estadounidenses máis orixinais da segunda metade do século XX.
O seu emprego do movemento continuo das cámaras e o cinema coral son referentes no seu estilo e crearon escola.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Delinquents, The James Dean Story, 1957
- Countdown, 1968
- That Cold Day in the Park, 1969
- M*A*S*H, 1970
- Brewster McCloud, 1970
- McCabe e a Sra. Miller, 1971
- Imaxes, 1972
- Longo adeus, 1973
- Thieves like us, 1974
- California Split, 1974
- Nashville, 1975
- Buffalo Bill and the Indians, 1976
- 3 Women, 1977
- A Wedding, 1978
- A perfect couple, 1979
- HEALTH, 1979
- Quinteto, 1979
- Popeye, 1980
- Come Back to the Five and Dime, Jimmy Dean, Jimmy Dean, 1982
- Streamers, 1983
- Secret Honor, 1984
- Fool for Love, 1985
- Máis alá da terapia, 1987
- O.C and the Stiggs, 1987
- Vincent & Theo, 1990
- The Player, 1992
- Short Cuts, 1993
- Prêt-à-Porter, 1994
- Kansas City, 1996
- The Gingerbread Man, 1998
- Cookie's Fortune, 1999
- Dr. T and the Women, 2000
- Gosford Park, 2001
- The Company, 2003
- A Prairie Home Companion, 2006
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lemons, Stephen. "Robert Altman". Salon.com: 2. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2006. Consultado o 22 de novembro de 2006.
- ↑ 2,0 2,1 The Daily Telegraph (22-11-2006). "Robert Altman, 81, Mercurial Director of Masterworks and Flops". The New York Sun. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 22 de novembro de 2006.
- ↑ "The Religious Affiliation of Robert Altman". Adherents.com. 28-7-2005. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2006. Consultado o 22 de novembro de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rafal Syska, Keep the Distance. Film World of Robert Altman, Rabid, Cracow 2008. ISBN 978-83-60236-36-9
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista para Reverse Shot (en inglés)
- Entrevista co director a cargo de Gerald Peary Arquivado 10 de decembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Obituario no The Guardian (en inglés)
- Robert Altman Bibliography (via UC Berkeley)