Saltar ao contido

Russell Alan Hulse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRussell Alan Hulse

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Massachusetts Amherst (pt) Traducir
Cooper Union (pt) Traducir
The Bronx High School of Science (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJoseph Hooton Taylor Jr. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, astrofísico, físico, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
University of Texas at Dallas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Russell Alan Hulse, nado o 28 de novembro de 1950 en Nova York, é un astrofísico estadounidense e gañador do Premio Nobel de Física en 1993, xunto co seu mestre de tese Joseph Hooton Taylor Jr., "polo descubrimento dun novo tipo de púlsar que abre novas posibilidades para o estudo da gravitación". É un especialista en estudos de pulsares e ondas gravitacionais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educouse no instituto do Bronx e foi estudar a The Cooper Union, un instituto do baixo Manhattan, e logo á Universidade de Massachusetts Amherst, onde recibiu o seu doutoramento en 1975.

Foi mentres traballaba como estudante de investigación en Amherst no seu proxecto de tese doutoral cando Hulse levou a cabo as observacións que conduciron ao descubrimento do púlsar binario, utilizando o radiotelescopio de Arecibo.

Posteriormente traballou no observatorio Nacional de Radioastronomía dos Estados Unidos de 1975 a 1977. Desde 1977 traballou no laboratorio de física de plasma da Universidade de Princeton nun proxecto de investigación sobre produción de fusión nuclear en reaccións sostidas que poderían utilizarse na produción de enerxía a partir dos mesmos procesos que manteñen quentes o Sol e as estrelas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]