Samantha Morton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Samantha Jane Morton 13 de maio de 1977 (47 anos) Nottingham, Reino Unido |
Residencia | Derbyshire |
Educación | West Bridgford School (en) |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de cinema, directora de cinema |
Período de actividade | 1991 - |
Familia | |
Parella | Charlie Creed-Miles (1999–2000) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Samantha Jane Morton, nada en Nottingham (Inglaterra) o 13 de maio de 1977, é unha actriz inglesa nomeada aos Premios Óscar e aos Globos de Ouro polo seu papel en Sweet and Lowdown.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Samantha Morton é filla de Pamela Mallek e Peter Morton,[1] quen se divorciaron cando Samantha tiña tres anos. Iniciou a súa carreira aos trece anos, cando se uniu á Central Junior Television Workshop de Inglaterra. Aos dezaseis anos, trasladouse a Londres, onde actuou no Royal Court Theatre[2] e tamén traballou de forma breve nalgúns capítulos da serie británica de televisión Cracker.
En 1997 interveu en series de televisión e no telefilme sobre a novela de Charlotte Brontë Jane Eyre (1997), onde interpretou a protagonista. Despois de traballar na serie Band of Gold, Morton saltou á gran pantalla en 1997 con Under the skin, de Carine Adler. Esta interpretación e outras posteriores chamaron a atención de Woody Allen, que a escolleu para facer un papel secundario en Sweet and Lowdown (1999).[3][4] Por este papel, Morton foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria.
A partir de aí traballou para Julien Amorne en Pandaemonium (2000) ou Steven Spielberg en Minority Report (2002). Precisamente en 2002 gañou o galardón á mellor actriz nos British Independent Film Awards polo seu traballo en Morvern Callar. O ano seguinte foi candidata ao Óscar como mellor actriz principal por In America, de Jim Sheridan.
Foi a protagonista da serie británica Rillington Place (2016) e unha das coprotagonistas de Harlots. Foi contratada como antagonista principal na novena tempada de The Walking Dead no papel de Alpha, líder dos Whisperers.[5]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1997 | This Is the Sea | Hazel Stokes | |
1997 | Under the Skin | Iris Kelly | |
1999 | Sweet and Lowdown | Hattie | |
1999 | Jesus' Son | Michelle | |
1999 | Dreaming of Joseph Lees | Eva | |
2000 | Pandaemonium | Sara Coleridge | |
2002 | Minority Report | Agatha | |
2002 | Morvern Callar | Morvern Callar | |
2003 | In America | Sarah | |
2003 | Code 46 | Maria Gonzáles | |
2004 | Enduring Love | Claire | |
2005 | River Queen | Sarah O'Brian | |
2005 | The Libertine | Elizabeth Barry | |
2005 | Lassie | Sarah Carraclough | |
2006 | Slipp Jimmy fri | Sonia | Dobraxe en inglés |
2007 | Expired | Claire | |
2007 | Control | Deborah Curtis | |
2007 | Elizabeth: The Golden Age | María I de Escocia | |
2007 | Mister Lonely | Marilyn Monroe | |
2008 | Synecdoche, New York | Hazel | |
2008 | The Daisy Chain | Martha Conroy | |
2009 | The Messenger | Olivia Pitterson | |
2012 | John Carter | Sola | Captura de movemento |
2012 | Cosmopolis | Vija Kinsky | |
2013 | Decoding Annie Parker | Anne Parker | |
2013 | Her | Produtora asociada | |
2013 | The Harvest | Katherine | |
2014 | Miss Julie | Kathleen | |
2015 | Call Me Lucky | Ela mesma | Documental |
2016 | Animais fantásticos e onde atopalos | Mary Lou Barebone | |
2018 | Two for Joy | Aisha |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Samantha Morton profile". Film Reference. Consultado o 13 de setembro de 2014.
- ↑ Addley, Esther (4 de outubro de 2007). "Profile: Samantha Morton – 'I think she is attracted to women who have difficulties. It's very emotional when she takes a role to extremes ...'". The Guardian. Consultado o 15 de setembro de 2014.
- ↑ "Sweet and Lowdown (1999)". Box Office Mojo. Consultado o 19 de setembro de 2014.
- ↑ "Sweet and Lowdown". Rotten Tomatoes. 3 de decembro de 1999. Consultado o 19 de setembro de 2014.
- ↑ Wigler, Josh (20 de xullo de 2018). "'Walking Dead' Taps Samantha Morton as Iconic Villain". The Hollywood Reporter. Consultado o 20 de xullo de 2018.