Simetría radial
A simetría é a división imaxinaria do corpo dun ser vivo en metades equivalentes ou semellantes entre si. A simetría perfecta dunha esfera ou cilindro transfórmase en simetría radial pola aparición de caras opostas diferentes como as que presentan algúns seres vivos. Estes organismos semellan unha torta onde varios planos de corte, chamados planos radiais, poden producir partes aproximadamente idénticas.
Un organismo con simetría radial non presenta lados esquerdo ou dereito. Eles teñen unha rexión que contén a boca que leva o nome de cara oral, e un lado oposto que leva o nome de cara aboral'.
Sobre este eixos, establécense planos principais de simetría, os que definen as posicións per-radiales. As estruturas noutros planos (bisectrices dos per-radiales) quedan en posicións inter-radiales. A zona entre os per-radiales e os inter-radiales é a zona ad-radial.
Polo tanto, esta simetría aparece en calquera estrutura que pode dividirse en dúas metades semellantes (en espello) por dous ou máis planos que pasan a través do eixe oral-aboral.
Simetría radial en animais
[editar | editar a fonte]O tipo de simetría empregase en taxonomía para clasificar os animais en diferentes grupos. Segundo isto os animais que pertencen ao grupo dos Radiados presentan este tipo de simetría.
Así temos que os filos Cnidaria e Ctenophora estarían dentro desta categoría. Outros filos como os Echinodermata, aínda que de adultos teñen simetría radial, clasifícanse dentro dos animais con simetría bilateral (bilaterais) xa que as súas larvas a presentan, e logo adquiren secundariamente a simetría radial cando son adultos.
Dentro da simetría radial aparecen algunhas posibilidades: a simetría central ou esférica máis propia dos animais que flotan sen estar orientados no seu contorno, e a simetría radial ou lineal máis apropiada para os animais sésiles ou flotantes coas caras superior e inferior definidas. Exemplos: a medusa e a hidra.
A simetría radial perfecta é rara;[1] usualmente transfórmase en birradial, como nos ctenóforos e en moitas anemones, con dous planos que dividen ao animal en metades iguais, ou tetrarradial, como moitas medusas, con catro planos de simetría. Os equinodermos posúen unha simetría pentarradial secundaria derivada da simetría bilateral.
Simetría radial en plantas
[editar | editar a fonte]Moitas flores presentan simetría radial e debido a isto reciben o nome de actinomorfas.[2] Nestas plantas a disposición dos seus pétalos,sépalos, e estames é aproximadamente idéntica en torno ao centro da flor.
As flores que presentan simetría bilateral reciben o nome de zigomorfas,[3] en oposición ás que teñen simetría radial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Do grego ακτίς, -ινοσ aktís, -inos, "raio", e μορφή morphé "aparencia", "forma".
- ↑ Do grego ζυγός zygós, "xugo", "liña" (de soldados).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Simetría radial |