Saltar ao contido

Special Broadcasting Service

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Special Broadcasting Service
Inicio das emisións 1975 (radio), 1980 (TV)
Propiedade de Empresa pública
Slogan Seven billion stories and counting...
"7000 millóns de historias e sumando..."
País Australia Australia
Lingua Inglés
Sede central Australia Sydney

Na rede
http://www.sbs.com.au/
Facebook: SBSAustralia Twitter: SBS Instagram: sbs_australia TikTok: sbsaustralia Editar o valor en Wikidata

O Special Broadcasting Service (SBS, en galego Servizo Especial de Radiodifusión) é un grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia, dedicado ás minorías australianas. Os servizos de radio comezaron en 1975 e a televisión iniciouse en 1980.

O propietario da cadea é o Goberno de Australia. Con todo, SBS non é o único organismo público de radiotelevisión no país, xa que ese status tamén o posúe Australian Broadcasting Corporation (ABC). A diferenza de ABC, SBS caracterízase por unha programación de carácter multicultural e enfocada ás minorías do país.

En 1975 o Goberno australiano introduce un servizo de sanidade pública universal chamado Medibank. Para facer chegar a coñecemento das minorías de Australia o novo servizo sanitario nos seus idiomas, establece 2 emisoras de radio étnicas en xuño de 1975, unha en Sydney (2EA) que cubría 7 linguas, e outra en Melbourne (3EA) que cubría 8 linguas.

Ao ano seguinte, o Goberno creou un Comité de radiodifusión étnica, de carácter consultivo. Seguindo os seus recomendacións para unha maior cobertura de linguas e minorías, refórmase a Lei de radiodifusión australiana de 1942 para crear un novo Ente público, a Special Broadcasting Service. Este ente púxose en marcha o 1 de xaneiro de 1978 e tomou o control de 2EA e 3EA.[1]

O servizo de televisión SBS TV comezou as súas emisións en abril de 1979 para as cidades de Sydney e Melbourne, e de forma completa o Día das Nacións Unidas de 1980 baixo o nome Channel 0/28 (en referencia ás súas frecuencias de VHF e UHF). Máis tarde estendeuse por outras cidades do país como Canberra, Brisbane ou Wollongong entre 1983 e 1985, ano no que cambiou o seu nome ao actual SBS.

En 1986 a canle deixa de emitir en VHF, estando só dispoñible en UHF. Ese mesmo ano o Goberno propón fusionar SBS co outro ente público ABC. Con todo, atopouse coa oposición frontal das minorías étnicas que rexeitaron a proposta de plano, o cal levou ao primeiro ministro Bob Hawke a retirar a proposta en 1987.

Nos anos 90 producíronse varias reformas. Ademais da posta en marcha dunha orquestra, decidiuse limitar os patrocinios comerciais na cadea e establecer un estatuto que deixase a SBS como unha corporación independente, algo que sucedeu en 1989 e de forma oficial en 1991. Tamén se amplía a cobertura coa intención de cubrir todas as áreas de poboación importantes do país. Tamén se produciu o traslado en 1993 de SBS a uns novos estudos situados en Artamon, Nova Gales do Sur, co que puideron emprender novos retos como a creación dunha radio a nivel nacional en 1994. No ano 2000 creouse o servizo especial para Internet.[1]

SBS cambiou o seu logotipo e slogan, que pasa a ser Six billion stories and counting, o 8 de maio de 2008.[1]

O servizo chámase SBS Radio, e vai destinado a máis de 2.500.000 australianos con segunda lingua ou lingua estranxeira como a nativa, ademais de audiencias minoritarias. Encárgase de programar noticias, acontecementos, deporte, información comunitaria e música relacionada cun grupo ou lingua específica. Tamén programa información da BBC World. SBS Radio ten 3 servizos:

  • Radio 1 - SBS FM
  • Radio 2 - SBS AM
  • National service - SBS Radio: Servizo de carácter nacional composto por material de Radio 1 e Radio 2

Ademais destas cadeas, hai emisoras comunitarias de radio que se encargan de transmitir programas de SBS Radio alá onde as emisoras non chegan.

Transmite información en 68 idiomas diferentes, entre eles o castelán[2]

Televisión

[editar | editar a fonte]

O servizo chámase SBS Television e a diferenza do resto de televisións australianas que teñen un servizo en cadea, SBS ofrece un servizo nacional. A canle comezou en 1979 como programación dominical para as minorías usando frecuencias de Australia Broadcasting Corporation, ata que se constituíu como canle propia en outubro de 1980. Existen dúas canles: SBS One, que é o orixinal de 1980, e SBS Two, creado en 2009 e enfocado especialmente ao deporte e unha programación de orixe asiática.

O seu programación consiste en boletíns informativos en distintos idiomas tomados en colaboración con outras cadeas estranxeiras, que se emiten polas mañás, e unha programación de tipo xeral o resto do día. Normalmente emite a maioría dos programas estranxeiros en versión orixinal subtitulada (por exemplo, anime), documentais, series en lingua inglesa, eventos especiais (Eurovisión e deportes como fútbol e ciclismo (Tour de Francia)

Desde o ano 2006 SBS introduce cortes publicitarios nos seus programas limitados, cos que gaña máis diñeiro para a creación e adquisición de programas. Ademais a cadea tamén controla parte da compañía independente que controla as subscricións á canle de televisión World Movies, co que garda unha colaboración para adquirir películas.

Durante un tempo existiu SBS World News Channel, unha canle dixital informativo lanzado en xuño de 2002 e retirado en 2009.

  1. 1,0 1,1 1,2 SBS: History SBS Corporation, acceso 26 maio de 2007
  2. Special Broadcasting Service (ed.). "SBS Timeline". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2007. Consultado o 20 de maio de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]