Saltar ao contido

Stonewall Inn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Stonewall Inn en xaneiro de 2003.
Plano do bar en 1969.

Stonewall Inn foi un bar LGBTQ, recordado por ser alí onde se iniciaron os famosos disturbios de 1969, que significaron un grande empurrón ao movemento de liberación gai nos Estados Unidos.[1] Está situado no 53 de Christopher Street, Greenwich Village, Nova York. A rebelión de Stonewall está considerada como un feito histórico do movemento a prol dos dereitos civís para os gais e lesbianas.

O Inn orixinal pechou en 1969, que ocupaba os números 51 e 53 da Christopher Street, reabríndose en 1990 un bar chamado "Stonewall" na metade oeste (53 Christopher Street). Logo sería renovado tomando o nome orixinal de "The Stonewall Inn" no 2007.

Cada ano, durante a marcha do orgullo a multitude acode ao Stonewall para rememorar a historia. Recentemente, Dominick DeSimone, o actual propietario, ampliou o local e construíu o Stonewall Bistro. En xuño de 1999, o bar Stonewall Inn foi incluído no Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos pola súa significación histórica á historia gai e lésbica.

  1. National Park Service. US Department of Interior, ed. "Workforce Diversity: The Stonewall Inn, National Historic Landmark National Register Number: 99000562". Consultado o 28 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]