Saltar ao contido

Susan B. Anthony

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusan B. Anthony

(1890) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Susan Brownell Anthony Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Susan Anthony Editar o valor en Wikidata
15 de febreiro de 1820 Editar o valor en Wikidata
Adams, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de marzo de 1906 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Rochester, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca
pneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Mount Hope (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSufraxio feminino Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres, activista polos dereitos civís, feminista, escritora, Activista polos dereitos humanos, abolicionista, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisDaniel Anthony Editar o valor en Wikidata  e Lucy Read Editar o valor en Wikidata
IrmánsDaniel Read Anthony
Mary Stafford Anthony
Jacob Merritt Anthony Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Anthony, Susan Brownell)
Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) Traducir, (sec:Anthony, Susan Brownell (1820-1906))
A Woman of the Century (en) Traducir, (sec:Susan B. Anthony) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1367219 Musicbrainz: aa2d577c-486b-4a3b-81bb-28ad8ca145db WikiTree: Anthony-14 Find a Grave: 31 Editar o valor en Wikidata


Susan Brownell Anthony, nada en Adams,Massachusetts, o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester, Estado de Nova York, o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.

Anverso do coñecido como dólar Susan B. Anthony, que amosa o seu busto (deseño: Frank Gasparro)

Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.

A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.

Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1900).[2]
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (18841887).

  1. "Susan B. Anthony | Biography, Accomplishments, Dollar, Suffrage, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2021-12-13. 
  2. «Susan B. Anthony, luchando por votar Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine.». www.diarioelinforme.com.ar. 16 de marzo de 2020. Consultado el 15 de febrero de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]