Saltar ao contido

Terra do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTerra do Norte
(ru) Северная Земля Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
EpónimoNicolao II de Rusia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaKrai de Krasnoiarsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 79°45′N 98°15′L / 79.75, 98.25
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude965 m Editar o valor en Wikidata
Superficie37.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1913 Editar o valor en Wikidata
Localización do arquipélago.

Terra do Norte (en ruso, Се́верная Земля, Sévernaya Zemliá) é un arquipélago de Rusia situado , no océano Glacial Ártico, ao nordeste de Nova Zembla.

Queda ao norte da península siberiana de Taimir entre o mar de Kara e o mar de Laptev. O arquipélago de Terra do Norte foi avistado por en 1913 e cartografado por primeira vez en 1933, converténdose no último arquipélago da Terra en ser descuberto.

Administrativamente, forma parte do krai de Krasnoyarsk da Federación Rusa.

O arquipélago ten as seguintes catro illas maiores:

  • Illa da Revolución de Outubro, a maior do arquipélago, con 14.170 km². Foi a primeira en ser explorada na expedición de G. A. Ushakov e N. N. Urvantsev en 1930–32.
  • Illa Bolxevique, unha illa montañosa, a máis meridional do grupo e a segunda por tamaño, con 11.031 km².
  • Illa Komsomolets, a máis setentrional do grupo e a terceira por tamaño, con 9.006 km².
  • Illa Pioneer, con 1.527 km², alberga o glaciar Pioneer.[1]

Ademais, ten as seguintes illas menores:

  • Illa Schmidt, con 467 km², a máis afastada do grupo, situada ao noroeste do arquipélago, nunha zona case de permanentes xeos, a illa está case cuberta por completo polo «campo de hielo Schmidt».[2] Leva o seu nome en honor do científico ruso Otto Schmidt (1891 — 1956).
  • Illa Maly Taymyr, con 232 km², está no mar de Laptev.
  • Illa Starokadomsky, pequena illa próxima a Maly Taimyr, fronte a súa costa noroccidental, separado dela por un estreito duns 6 km de anchura.
  • Arquipélago Sedov
  • Illa Lishni
  • Illa Vostóchniy, situada ao sur da illa Bolxevique.
  1. Entrada «severnaya-zemlya», en el sitio de www.oceandots.com, dispoñible en: [1] Arquivado 02 de maio de 2012 en Wayback Machine..
  2. Bassford, R.P. et al. (2006) «Quantifying the Mass Balance of Ice Caps on Severnaya Zemlya, Russian High Arctic. I: Climate and Mass Balance of the Vavilov Ice Cap», en Arctic, Antarctic, and Alpine Research 38(1): pp.1-12.