Saltar ao contido

The Illustrated London News

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Illustrated London News
Fundación14 de maio de 1842
Remata2003
FundadorHerbert Ingram
LinguaInglés
ISSN0019-2422
editar datos en Wikidata ]

The Illustrated London News foi unha revista ilustrada inglesa que publicou o seu primeiro número o 14 de maio de 1842, como a primeira revista ilustrada de noticias semanais.[1] Foi fundada por Herbert Ingram.

A primeira edición incluíu imaxes da Primeira guerra anglo-afgá, un choque de trens en Francia, a explosión dun barco de vapor no Canadá e un luxoso vestido de baile no palacio de Buckingham. Foi a primeira revista en publicar unha imaxe copiada manualmente dunha fotografía.

A pesar de que se distribuíron 26 000 copias do primeiro número, houbo unha gran caída de vendas nas seguintes edicións. Con todo Herbert Ingram mostrouse empeñado en lograr que a súa publicación triunfase. Enviou a cada membro do clero do país un número da revista que contiña ilustracións sobre a instauración do arcebispo de Canterbury e, deste xeito, asegurouse un gran número de novos subscritores. A publicación foi posteriormente unha fonte de educación artística informal para o pintor post-impresionista Van Gogh.

A revista publicouse semanalmente até 1971, cando empezou a facelo mensualmente. Desde 1989 o fixo de xeito bimestral e desde 1994 en forma bianual, até a súa desaparición en 2003.

  1. "The History of Magazines". Magazines.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]