Coroa checoslovaca

Corona checoslovaca
koruna československá (checo & eslovaco)
Unha coroa da 1ª República checoslovaca
Código ISO 4217 CSK
Banco central Státní Banka Československá
Usada en: Checoslovaquia

Prot. Bohemia e Moravia (1939)
Eslovaquia (1939)
República Checa República Checa (1993)

Eslovaquia Eslovaquia (1993)
Inflación 57,9%
Fonte : Banco Mundial, 1991[1]
Subdivisións
1/100 haléř (checo)
halier (eslovaco)
Símbolo monetario Kčs
Plural As linguaxes desta moeda pertencen ós idiomas eslavos, polo cal existen varais formas de construi-lo plural.
Moedas
Moedas de uso frec. 10, 20, 50 h; 1, 2, 5 Kčs
Moedas de uso infrec. 5, 25 h, 3, 10 Kčs
Billetes
Billetes de uso frec.' 10, 20, 50, 100 Kčs
Billetes de uso infrec. 1.000 Kčs
Impresor Státní tiskárna cenin
(Impresor de Valores Estatais, Praga)
Sitio web www.stc.cz
Ceca Mincovňa Kremnica
(Ceca de Kremnica)
Sitio web www.mint.sk
Esta caixa de información reflicte o último estado desta moeda, antes da súa retirada da circulación, a cal ocorreu o 7 de febreiro de 1993.

A coroa checoslovaca (en checo e eslovaco: koruna československá, ás veces koruna česko-slovenská; Koruna significa "coroa") foi a moeda de Checoslovaquia dende o 10 de abril de 1919 ó 14 de marzo de 1939 e dende o 1 de novembro de 1945 ata o 7 de febreiro de 1993. Tamén foi por un breve período en 1939 e en 1993, a moeda oficial por separado da República Checa e da República Eslovaca.

Billete da república checoslovaca de 10 coroas (1919, primeira emisión e provisional).

O 8 de febreiro de 1993 foi substituída pola coroa checa e pola coroa eslovaca.

O (último) código ISO 4217 e as abreviaturas locais da coroa eran CSK e Kčs. Unha coroa equivalía a 100 haléřů (en checo, a súa forma en singular é haléř) ou halierov (en eslovaco, a súa forma en singular é: halier). En ambas as linguas, utilizouse a abreviatura "h". A abreviatura púñase detrás do valor numérico.

Primeira koruna

editar
Véxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1919) e Billetes da coroa checoslovaca (1919).

A moeda chamada Krone en alemán e koruna en checo foi introducida no Imperio Austro-Húngaro o 11 de setembro de 1892, coma a primeira moeda moderna baseada no ouro nesa área. Tras a creación do estado independente de Checoslovaquia en 1918, xurdiu unha necesidade urxente de establecer un novo sistema monetario que distinguise a súa moeda das doutros países que acababan de nacer e que sufrían moita inflación. O ano seguinte, o 10 de abril de 1919, tivo lugar unha reforma monetaria, que daba á nova coroa un valor equivalente á vella coroa austrohúngara. Os primeiros billetes entraron en circulación ese mesmo ano; as moedas tres anos despois, en 1921.[2]

Esta primeira coroa circulou ata 1939, cando apareceron as moedas separadas para Bohemia e Moravia e Eslovaquia, á par coa coroa checoslovaca. Estas foron a Coroa de Bohemia e Moravia e a Coroa eslovaca de 1939-1945.

Segunda koruna

editar
Véxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1945) e Billetes da coroa checoslovaca (1945)

A coroa checoslovaca restableceuse en 1945, en substitución das dúas anteriores moedas. Coma consecuencia da guerra, a moeda perdeu gran parte do seu valor.

Terceira koruna

editar
Véxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1953) e Billetes da coroa checoslovaca (1953).

A coroa pasou por unha serie de novas reformas. Unha particularmente drástica foi a realizada en 1953. Nese momento, o Partido Comunista de Checoslovaquia tivo que facer fronte ó feito de que había un mercado dobre no país: un mercado fixo para asegura-la dispoñibilidade de alimentos básicos, baseado nun sistema de racionamento da posguerra, e un mercado libre, no que as mercadorías foron ata oito veces máis caras, pero de mellor calidade. Decidiron entón declarar unha reforma monetaria válida a partir de 1 de xuño de 1953 e distribuír novos billetes impresos na Unión Soviética. A reforma preparárase moi rapidamente e foi confidencial ata o último minuto, pero aínda así, filtrouse algunha información, o que causou un gran pánico entre a poboación.

A noite antes do prazo, o presidente de Checoslovaquia, Antonín Zápotocký, fixo un discurso de radio, no cal mentiu á nación afirmando que non había posibilidade ningunha dunha reforma monetaria e calmou os habitantes. O día seguinte, os cidadáns foron autorizados a cambiar ata 1.500 coroas vellas por novas coroas, cunha taxa de cambio de 5:1; por riba das 1.500 coroas a taxa de cambio era 50:1. Tódolos fondos de pensións e seguros de investimento, así como os bonos do estado foron anulados. A situación económica de moitas persoas empeorou e estalaron manifestacións, a maior das cales tivo lugar en Plzeň, onde 472 persoas foron detidas.

En 1993, de acordo coa disolución da Federación Checoslovaca, a coroa de Checoslovaquia dividiuse en dúas moedas independentes: a coroa eslovaca e o coroa checa. A adhesión á UE en 2004 significaba que ambas as moedas ían ser substituídas polo euro unha vez que os seus respectivos países cumpriawn os criterios de converxencia económica e que existise a vontade política para facelo. A coroa eslovaca substituíuse polo euro o 1 de xaneiro de 2009. Actualmente non existe ningunha data nin prazo confirmado para a substitución da coroa checa por parte do euro.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar