LibreOffice
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
LibreOffice é unha suite ofimática libre, de código aberto e de balde desenvolvida por The Document Foundation como unha bifurcación de OpenOffice.org, a súa orixe remóntase ao 28 de setembro de 2010 cando un grupo de membros da comunidade de desenvolvemento do proxecto OpenOffice.org formaron The Document Foundation (TDF), co obxectivo de coordinar e desenvolver unha bifurcación do produto de software Oracle Open Office (OOO), logo de que Oracle tras mercar Sun decidira pór fin á súa participación no desenvolvemento de OpenOffice.org.
LibreOffice | |
---|---|
Pantalla inicial de LibreOffice 5.1 en galego | |
Desenvolvedor(es) | The Document Foundation en asociación coa comunidade |
Última versión | 7.6.4 (7 de decembro de 2023 ) |
Repositorio | git |
Sistema operativo | Windows, macOS, GNU/Linux |
Lingua/s | Varias Galego: |
Tipo | Suite ofimática |
Licenza | MPL |
Sitio web | gl.libreoffice.org |
The Document Foundation obtivo o apoio maioritario da comunidade de desenvolvedores independentes de OpenOffice.org, e tamén de diversas empresas (Canonical, Novell, Red Hat etc.) co obxectivo de producir unha suite ofimática independente de calquera empresa, baseada no formato estándar e aberto ODF e sen a obriga de ceder a autoría do código a Oracle. Oracle, o mesmo que antes Sun, impuxo que a autoría do código se lle asigne a Oracle mediante a sinatura dun acordo de contribución. LibreOffice pretendía ser un nome temporal en tanto se esperaba a decisión definitiva sobre a marca «OpenOffice» que a comunidade de OpenOffice.org contribuíra a crear durante toda unha década. Máis recentemente, e en virtude do que lle permiten estes acordos, Sun cedeu os dereitos de explotación do código de OpenOffice.org á Fundación Apache, e pechou o proxecto OpenOffice.org. Baixo os auspicios desta meritoria fundación Apache, está actualmente en fase de incubación unha nova bifurcación ou derivado do antigo proxecto OOo que fusiona o código base de OOo e o da antiga derivada Symphony, propiedade de IBM; este novo proxecto chamarase Apache Open Office (AOO).
Deste xeito, tanto LibreOffice como Apache OpenOffice son os proxectos continuadores do antigo proxecto OpenOffice.org. Respecto das extensións ou da documentación, estas non formaron parte nunca dos acordos de colaboración no Proxecto OpenOffice.org e, por tanto, teñen historia e concreción diferentes en cada caso.
Características
editarAplicacións incluídas
editarMódulo | Notas | |
---|---|---|
Writer | Un procesador de texto con prestacións e compatibilidade de ficheiros semellantes ás de Microsoft Word ou WordPerfect. Ofrece amplas funcionalidades de procesamento «WYSIWYG», pero tamén se pode empregar como un editor de texto sinxelo. | |
Calc | Un programa de follas de cálculo similar a Microsoft Excel ou Lotus 1-2-3. Posúe diversas funcionalidades exclusivas, incluído un sistema que define automaticamente series de gráficos con base en información dispoñible ó usuario.[1] | |
Impress | Un programa de presentacións parecido a Microsoft PowerPoint. As presentacións pódense exportar, entre outros formatos, a SWF, o que permite visualizalas en calquera ordenador con Adobe Flash Player instalado.[2] | |
Draw | Un editor de gráficos vectoriais e ferramenta de debuxo técnico similar a Microsoft Visio e equiparable en funcións ás primeiras versións de CorelDRAW. Prové conectores entre formas, os cales están dispoñibles en varios estilos de liña e facilitan a creación de ilustracións tales como os organigramas. Tamén inclúe outras funcións que o aproximan a outros programas como Scribus e Microsoft Publisher.[3] Así mesmo, o programa é capaz de actuar como editor de ficheiros PDF. | |
Math | Unha aplicación deseñada para crear e editar fórmulas matemáticas. A aplicación utiliza unha variante de XML para crear as fórmulas, segundo a definición na especificación OpenDocument. Estas fórmulas pódense incorporar en documentos doutras aplicacións da suite a través da incrustación.[4] | |
Base | Un xestor de bases de datos, similar a Microsoft Access. LibreOffice Base permite crear e xestionar bases de datos, así como preparar formularios e informes para facilitar ós usuarios o acceso ós datos. Coma Access, pódese utilizar para crear pequenas bases de datos incrustadas que se almacenan nos arquivos dos documentos (mediante HSQLDB, escrito en Java), e para tarefas máis esixentes pódese utilizar ademais como frontal para diversos sistemas de bases de datos, incluídos JET, orixes de datos ODBC/JDBC e MySQL, MariaDB, PostgreSQL ou Access.[5] Está a traballarse para substituír o motor HSQLDB con Firebird, que está programado en C++. Firebird incluíuse en LibreOffice como unha opción experimental desde LibreOffice 4.2.[6][7] |
Sistemas operativos
editarA iniciativa de desenvolvemento da The Document Foundation céntrase nas plataformas de Linux (IA-32, x86-64 e ARM) e macOS (x86-64) e Microsoft Windows (IA-32 e x86-64).[8][9]Ademais, existen migracións feitas pola comunidade de desenvolvedores a FreeBSD[10], NetBSD[11], OpenBSD e Mac OS X 10.5 PowerPC[12]. Nese caso os usuarios reciben o apoio dos desenvolvedores deses proxectos.[13][14][15] LibreOffice tamén se pode instalar en OpenIndiana empregando SFE.[16]
As suites que precederon a LibreOffice, ata StarOffice 3, estaban dispoñibles para Solaris con CPUs SPARC de Sun Microsystems. Para este sistema operativo hai migracións non oficiais de Libreoffice, inda que de versións xa obsoletas de Libreoffice. As últimas migracións permitían usar só Libreoffice 5.2.5 en hardware compatible con Intel e ata o Solaris 11.
Desde 2011 houbo plans para levaren LibreOffice a Android e iOS.[17] Hai visores de documentos, con algunha capacidade de edición, para Android desde a versión 4.0 desde 2015.[18][19]
Formato de ficheiros soportados
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Licenzas
editarO proxecto LibreOffice ten unha dobre licenza de LGPL v3, ou posterior, e MPL 2.0.[20] Xa que no seu momento se lle doara a Apache Software Foundation a base de código de OpenOffice, está a darse un esforzo no desenvolvemento para refacer todo o código para poder adaptarse a calquera cambio de licenza.
En canto as licenzas, existiron queixas de que IBM non liberara todo o código de Lotus Symphony como código aberto inda que tiña afirmado iso. Así mesmo, algúns desenvolvedores quixeron incorporar algúns bloques de código e corrección de erros que IBM fixara na súa copia de traballo de OpenOffice.[21]
Historia
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ "LibreOffice Calc". Libreoffice.org. Consultado o 24 November 2014.
- ↑ "LibreOffice Impress". Libreoffice.org. Consultado o 24 November 2014.
- ↑ "LibreOffice Draw". Libreoffice.org. Consultado o 24 November 2014.
- ↑ "LibreOffice Math". Libreoffice.org. Consultado o 24 November 2014.
- ↑ "LibreOffice Base". The Document Foundation. Consultado o 24 November 2014.
- ↑ "LibreOffice 4.2 released with new SQL preview feature : Firebird SQL backend". Firebird News. 30 January 2014. Consultado o 2 May 2015.
- ↑ "HSQLDB to be replaced by Firebird". LibreOfficeForum.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 2 May 2015.
- ↑ Vignoli, Italo (29/6/2015). The Document Foundation, eds. "The road to LibreOffice 5.0". The Document Foundation Blog.
- ↑ Italo Vignoli (17/12/2012). "LibreOffice runs on the Raspberry Pi".
- ↑ FreeBSD, eds. (16/6/2013). "FreeBSD Ports: Editors". Arquivado dende o orixinal o 20/05/2013. Consultado o 12/8/2018.
- ↑ Ftp.netbsd.org, eds. (18/3/2010). "The NetBSD Packages Collection: misc/libreoffice". Consultado o 12/8/2018.
- ↑ "Ftp - /pub/manulix/other/libreoffice/ :: Oregon State University Open Source Lab". ftp.osuosl.org. Consultado o 12/8/2018.
- ↑ Redports, eds. (30/10/2013). "office". Arquivado dende o orixinal o 22/11/2018. Consultado o 12/8/2018.
- ↑ Robert Nagy maintains the OpenBSD port of LibreOffice Arquivado 06 de decembro de 2010 en Wayback Machine. in collaboration with The Document Foundation.
- ↑ Openbsd.org, eds. (1/5/2011). "LibreOffice was ported to OpenBSD in time for the 4.9 release". Consultado o 12/8/2018.
- ↑ "LibreOffice - OpenIndiana - OpenIndiana Wiki". Arquivado dende o orixinal o 13/07/2018. Consultado o 12/8/2018.
- ↑ Paul, Ryan. "LibreOffice gaining momentum, heading to Android, iOS, and the Web". Consultado o 12/8/2018.
- ↑ The Document Foundation, eds. (21/1/2015). "LibreOffice Viewer (Beta) now available for Android". The Document Foundation blog. Consultado o 12/8/2018.
- ↑ Vignoli, Italo (28/5/2015). "The Document Foundation announces LibreOffice Viewer for Android". The Document Foundation Blog. Consultado o 12/08/2018.
- ↑ The Document Foundation (eds.). "Developers". Consultado o 12/8/2018.
- ↑ Corbet, Jonathan (16/1/2013). LWN.net, eds. "A discordant symphony". Consultado o 12/8/2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: LibreOffice |