Tempo central europeo
O Tempo central europeo, abreviadamente CET (Central European Time), baséase no fuso horario de case toda Europa agás Portugal, Reino Unido e Irlanda, e de África central. Equivale a unha hora máis cá do UTC. Utilizase durante o inverno. Durante o verán aplicase o chamado CEST que equivale a 2 horas máis ca UTC.
Cor | Zona horaria no inverno | Zona horaria no verán |
---|---|---|
GMT / WET (UTC) | ||
GMT / WET (UTC) | WEST (UTC+1) | |
CET (UTC+1) | ||
CET (UTC+1) | CEST (UTC+2) | |
EET (UTC+2) | EEST (UTC+3) | |
FET (UTC+2) | ||
MSK (UTC+3) | MSD (UTC+4) |
Galicia é a rexión máis occidental que utiliza o CET (en concreto o cabo finisterre, a 9º 16' Oeste). Obviamente, tamén é a rexión máis occidental que usa o CEST.
Países que a utilizan
editarEstes países utilizan UTC+1 durante todo o ano:
- Angola
- Alxeria
- Benín
- Camerún
- Chad
- Gabón
- Guinea Ecuatorial
- Namibia
- Níxer
- Nixeria
- República Centroafricana
- República Democrática do Congo (parte occidental)
- República do Congo
Os seguintes países e territorios utilizan o tempo central europeo só durante o inverno, desde as 1:00 (UTC) do último domingo do mes de outubro ata as 1:00 (UTC) do último domingo do mes de marzo. O resto do ano utilizan a Tempo central europeo de verán (CEST, Central European Summer Estafe), que é UTC+2.
- Albania, desde 1914
- Alemaña, desde 1893
- Andorra, desde 1946
- Austria, desde 1893
- Bélxica, nos anos 1914-19 e desde 1940
- Bosnia e Hercegovina, desde 1884
- Croacia, desde 1884
- Dinamarca, desde 1894
- Eslovaquia, desde 1890
- Eslovenia, desde 1884
- España, desde 1940 (agás as Illas Canarias)
- Francia (metropolitana, desde 1940 excepto en 1944-45)
- Hungría, desde 1890
- Italia, desde 1893
- Liechtenstein, desde 1894
- Luxemburgo, nos anos 1904-18 e desde 1940
- Macedonia do Norte, desde 1884
- Malta, desde 1893
- Mónaco, desde 1945
- Montenegro, desde 1884
- Países Baixos, desde 1940
- Noruega, desde 1895
- Polonia, nos anos 1915-18 e desde 1922
- República Checa, desde 1891
- San Marino
- Serbia, desde 1884
- Suecia, desde 1900
- Suíza, desde 1894
- Tunisia
- Vaticano
- Xibraltar, desde 1957
Antes da segunda guerra mundial, Lituania utilizaba a CET entre os anos 1920-40. España adoptouna o 16 de marzo de 1940[1], aínda que xeograficamente áchase na área correspondente á Hora de Europa Occidental. Durante a guerra, a CET utilizouse en todos os territorios ocupados por Alemaña. En Francia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo a CET impúxose a partir de 1940. Logo da guerra, Mónaco, Andorra e Xibraltar adoptaron a CET.
Irlanda e o Reino Unido adoptaron de forma experimental a CET nos anos 1968-1971; con todo, este experimento mostrouse impopular e tivo unha duración breve, principalmente debido ao incremento do número de accidentes na estrada (moitos deles eran nenos de camiño ao colexio) nas escuras mañás do inverno. Portugal utilizou a CET nos anos 1966-1976 e 1992-96.
Notas
editar- ↑ "Orden sobre adelanto da hora legal en 60 minutos". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2020. Consultado o 23 de agosto de 2020.