Saltar ao contido

Aeroporto de Estocolmo-Arlanda

Aeroporto de Estocolmo-Arlanda
Stockholm-Arlanda flygplats

IATA: ARN – ICAO: ESSA
Sumario
Tipo público
Propietario Swedavia
Cidade/Illa Estocolmo e Uppsala
Localización concello de Sigtuna
Elevación (msnm) 42 metros / 137 pés
Coordenadas
Web swedavia.com/arlanda
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01L/19R 3 301 10 830 asfalto
01R/19L 2 500 8 202 asfalto
08/26 2 500 8 202 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 24 702 000

O aeroporto de Estocolmo-Arlanda (IATA: ARN, ICAO: ESSA) é un aeroporto internacional situado no concello sueco de Sigtuna, preto da cidade de Märsta, a 37 quilómetros ao norte de Estocolmo e a preto de 40 ao sueste de Uppsala. O aeroporto está localizado dentro do condado de Estocolmo e da provincia de Uppland. É o máis grande de Suecia e o terceiro maior dos países nórdicos. O aeroporto é a principal porta de entrada internacional por aire para a meirande parte do país. Arlanda foi usado por preto de 25 millóns de pasaxeiros no ano 2016, con 19,4 millóns de pasaxeiros internacionais e 5,3 domésticos.[1]

O aeroporto de Arlanda é o máis grande dos dous que ten Estocolmo. O outro, Bromma, está situado ao noroeste do centro da cidade, pero só pode ser usado por avións máis pequenos. Os aeroportos de Nyköping e Vasterås están situados ao redor dos 100 quilómetros da capital. Arlanda funciona como un gran centro de conexións para Nextjet, Norwegian e Scandinavian Airlines.

Inauguración do aeroporto polo rei Gustavo VI Adolfo

O aeroporto foi usado por vez primeira en 1959, pero só para voos de práctica. En 1960 abriu para o tráfico civil de xeito limitado, e en 1962 realizouse a súa inauguración oficial. Foi usado para o tráfico internacional xa en 1960 debido a que a pista de Bromma era demasiado curta. Scandinavian Airlines comezou a usar o Douglas DC-8 dende Arlanda nas súas rutas a Norteamérica. O aeroporto tamén foi usado moi cedo por Pan American World Airways.

O nome Arlanda foi decidido despois dunha competición antes da súa apertura. Este deriva de Arland, un vello nome para a parroquia de Ärlinghundra (na actualidade Husby-Ärlinghundra en Märsta) onde está situado o aeroporto. O “-a” foi engadido en analoxía con outros nomes de lugares suecos rematados en -landa e tamén fai un xogo de palabras co verbo sueco “landa”, que significa aterrar.

Nos anos 60 e 70 viuse un incremendo do tráfico con voos regulares e chárter. O Boeing 747 comezou a ser usado nos 70 tanto en voos regulares cunha escala cara Nova York como en voos chárter de fin de semana sen escalas á Illas Canarias. Voos domésticos cara Gotemburgo, Malmö, Luleå e Kiruna foron operados por Douglas DC-9 de SAS dende Arlanda dende que este modelo foi considerado demasiado ruidoso para ser usado no céntrico aeroporto de Bromma. O resto do tráfico doméstico operouse dende Bromma e todo o tráfico internacional dende Arlanda. No ano 1970 ocorreu o Aaccidente do CV-990 de Spantax.

En 1983 o tráfico doméstico operado por Linjeflyg trasladouse de Bromma a Arlanda, usando a terminal agora coñecida como terminal 4. En 1990 construíronse dúas novas terminais domésticas, as terminais 2 e 3, ao sur da primeira. En 1992 a terminal 2 abandonouse parcialmente debido á baixada do tráfico. Comezaría a ser usada para voos internacionas o ano seguinte, e as principas terminais domésticas e internacionais serían renomeadas como 4 e 5 respectivamente. A terceira psita de aterraxe foi construída entre 1998 e 2002. Porén, unha recesión nese último ano atrasou a súa apertura ata 2003. Nesa época houbo protestas da xente que vivía na senda de voo no municipio de Upplands Väsby. O tráfico recuperouse e dende entón vaise incrementando, pero a terceira pista só se abre durante as horas punta por razóns ambientais. En setembro de 2010 aterrou no aeroporto o primeiro Airbus A380, aínda que na actualidade ningunha aeroliña voa con este modelo cara Arlanda.

A comezos de 2014 Swedavia anunciou plans para expandir o complexo de terminais do aeroporto, incluíndo a construción dunha extensión para a terminal 5 co obxectivo de acomodar mellor aos avións máis grandes e como previsión para un incremento de número de pasaxeiros.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

Pistas de aterraxe

[editar | editar a fonte]

Arlanda ten tres pistas de aterraxe: a pista 1 (01L/19R), a 2 (08/26) e a 3 (01R/19L). A pista 1 mide 3 301 m e pode usarse para engalaxes e aterraxes dos avións máis pesados en uso hoxe en día. As pistas 2 e 3 teñen 2 500 metros de longo. Como se pode ver na súa designación, as pistas 1 e 3 son paralelas e poden operarse independentemente. Estas dúas pistas están equipadas con sistemas CAT III para aterraxes instrumentais.

Terminais

[editar | editar a fonte]

O aeroporto ten catro terminais. As terminais 2 e 5 úsanse para voos internacionais, mentres que os domésticos son operados dende a 3 e 4. O novo edificio central, Arlanda Norte, abriu a finais de 2003, conectando a terminal 5 co novo Pier F. Todos os voos internacionais operados por SAS e os seus socios da Star Alliance usan o novo edificio central. Planeouse tamén un edificio en Arlanda sur, conectando as terminais 2, 3 e 4, pero suspendeuse a súa construción debido á falta de fondos. Na zona situada entre as terminais 4 e 5, chamada “Sky City”, hai restaurantes, bares, tendas e unha zona de descanso cunha gran cristaleira que permite ver parte das operacións do aeroporto. Existen hoteis tanto no propio aeroporto conectados coas terminais como nos seus arredores. A capacidade de camas incrementouse co novo Clarion Hotel Arlanda, aberto en novembro de 2012 e con 400 habitacións. Tamén hai instalacións para conferencias no propio aeroporto.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Airbus A320 de Aegean Airlines chegando á Terminal 5
Boeing 777 de Ethiopian Airlines rodando en Arlanda
Airbus A320 de Finnair aterrando en pola pista 26
Boeing 757 de Icelandair aterrando pola pista 26
Boeing 737 de Norwegian aterrando pola pista 19L
Airbus A320neo de Scandinavian Airlines aterrando pola pista 26
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Atenas, Kalamata
Estacional: Heraclión
Chárter estacional: Chania, Rodas
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
Air Arabia Maroc Agadir (comeza en outubro de 2017)[2]
Air China Pequín-Capital
Air France París-Charles de Gaulle
Estacional: Marsella[3]
Air India Delhi
Air Serbia Belgrado
airBaltic Riga
AtlasGlobal Istanbul-Atatürk
Austrian Airlines Viena
Belavia Minsk
Blue Air Bucarest
British Airways Londres-Heathrow
Bulgarian Air Charter Chárter estacional: Varna
Condor Chárter: Puerto Plata
Croatia Airlines Estacional: Zagreb[4]
Czech Airlines Praga
Delta Air Lines Estacional: New York–JFK
Direktflyg
operado por AIS Airlines
Mora, Hagfors , Sveg , Torsby
easyJet Londres-Luton,[5] Milán-Malpensa, Bristol (comeza en outubro de 2017)
Estacional: Lión
easyJet Switzerland Basilea-Mulhouse-Friburgo (comeza en outubro de 2017), Xenebra
Emirates Dubai
Ethiopian Airlines Addis Ababa, Oslo-Gardermoen[6]
Eurowings Düsseldorf
Finnair Helsinqui
Estacional: Bergen
Germanwings Hamburgo
Estacional: Colonia/Bonn
Germania Beirut, Erbil, Sulaymaniyah
Iberia Madrid
Icelandair Reiquiavik-Keflavík
Iran Air Teherán-Imán Khomeini
Iraqi Airways Bagdad
Jet Time Chárter: Antalya, Bodrum, Chania, Dalaman, Fuerteventura, Gran Canaria, Hurghada, Esmirna, Corfú, Palma de Mallorca, Split, Tenerife-Sur
KLM Ámsterdam
LOT Polish Airlines
operado por Nordica
Varsovia-Chopin
Lufthansa Frankfurt, Múnic
Luxair Luxemburgo
Med Airways Beirut
NextJet Arvidsjaur, Gällivare, Hemavan, Jönköping, Karlstad, Kokkola, Kramfors, Lycksele, Mariehamn, Vilhelmina, Örnsköldsvik,[7] Pori[8]
Nordica
operado por LOT Polish Airlines
Talín
Norwegian Air Shuttle Alacant, Ámsterdam, Barcelona, Bergen, Berllín-Schönefeld, Budapest, Catania, Copenhague, Dublín, Edimburgo, Faro, Gotemburgo, Gran Canaria, Helsinqui, Cracovia, Kiruna, Lisboa, Luleå, Londres-Gatwick, Madrid, Málaga, Malmö, Manchester, Milán-Malpensa, Múnic, Niza, Oslo-Gardermoen, París-Orly, Praga, Riga, Roma-Fiumicino, Saraxevo, Skellefteå, Tel Aviv-Ben Gurion, Umeå, Vilnius, Zagreb
Estacional: Ajaccio, Atenas, Bastia, Belgrado, Bordeos, Burgas, Chania, Dubai, Dubrovnik, Xenebra, Grenoble, Cos, Lanzarote, Larnaca, Marrakech, Montpellier,[9] Olbia, Palermo, Palma de Mallorca, Pisa, Pula, Rodas, Salzburgo, Santorini, Split, Tenerife–Sur, Visby, Venecia-Marco Polo
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Long Haul
Bangkok–Suvarnabhumi, Fort Lauderdale, Os Ánxeles, Nova York-JFK, Oakland
Estacional: Las Vegas
Nouvelair Estacional: Tunes
Novair Chárter estacional: Burgas, Chania, Fuerteventura, Goa, Gran Canaria, Heraclión, Karpathos, Cefalonia, Preveza, Puerto Plata, Rodas, Santorini, Sharm el-Sheij, Zante
Novair
operado por Scandinavian Airlines
Estacional: Larnaca
Qatar Airways Doha
Pegasus Airlines Antalya,[10] Istanbul-Sabiha Gökçen
Primera Air Fuerteventura, Funchal, Gran Canaria, Tenerife-Sur
Estacional: Alacant, Almería, Antalya, Barcelona, Chania, Dubrovnik,[11] Faro, Hurghada, Lamezia Terme, La Palma, Lisboa, Málaga, Palma de Mallorca, Ponta Delgada, Pula, Rodas
Royal Air Maroc Casablanca
Scandinavian Airlines Ängelholm, Alacant, Ámsterdam, Atenas, Barcelona, Bergen, Berlin–Tegel, Billund, Bruxelas, Chicago-O'Hare, Copenhague, Dublín, Düsseldorf, Edimburgo, Faro, Frankfurt, Xenebra, Gotemburgo, Gran Canaria, Hamburgo, Helsinqui, Hong Kong, Kiruna, Cracovia, Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Luleå, Malta, Málaga, Malmö, Manchester, Milán-Linate, Milán-Malpensa, Múnic, Newark, Niza, Oslo-Gardermoen, Östersund, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, Praga, Riga, Roma-Fiumicino, Ronneby, Salzburgo, San Petersburgo, Skellefteå, Sundsvall, Stavanger, Stuttgart, Talín, Tampere, Tesalónica, Tromsø, Trondheim, Turku, Umeå, Vaasa, Vilnius, Visby, Zürich
Estacional: Bastia, Biarritz, Bodø, Boloña, Cagliari, Chambéry (comeza en febreiro de 2018),[12] Chania, Dubrovnik, Eilat-Ovda (comeza en outubro de 2017),[13] Funchal (comeza en outubro de 2017), Gdansk, Miami (comeza en outubro de 2017),[14] Eivisa, Innsbruck, Lisboa, Míconos, Olbia, Palermo, Pisa, Pristina,[15] Pula, Saraxevo, Shannon,<ref name="Summer Program SAS">Split, Turín, Venecia-Marco Polo
Singapore Airlines Moscova-Domodedovo, Singapur
Small Planet Airlines Chárter estacional: Ioannina (comeza en xuño de 2018)
Sparrow Aviation
operado por Amapola Flyg
Kristianstad
SunExpress Estacional: Antalya, Esmirna
Swiss International Air Lines Zürich
TAP Portugal Lisboa
TAROM Bucarest
Thai Airways Bangkok-Suvarnabhumi
Estacional: Phuket
Thomas Cook Airlines Scandinavia Chárter estacional: Agadir, Antalya, Aruba, Banjul, Burgas, Cancún, Funchal, Gazipasa, Gran Canaria, Hurghada, Larnaca, Marsa Alam, Palma de Mallorca, Punta Cana, Rodas, Sal, Tenerife-Sur, Varna
Transavia Eindhoven
TUI fly Nordic Chárter estacional: L’Alguer, Antalya, Boa Vista, Burgas, Cancún, Catania, Chania, Colombo, Corfú, Dalaman, Fuerteventura, Funchal, Gran Canaria, Eivisa, Cos, Krabi, Lanzarote, Larnaca, Mauricio, Menorca, Palma de Mallorca, Phuket, Phu Quoc, Puerto Plata, Pula, Rodas, Sal, Samos, Santorini, Split, Tenerife-Sur, Tivat, Zante
Turkish Airlines Istanbul–Atatürk
Estacional: Ancara, Istanbul-Sabiha Gökcen
Ukraine International Airlines Kíiv-Boryspil
United Airlines Estacional: Newark
Vueling Barcelona
Estacional: Roma-Fiumicino
Wings of Lebanon Beirut
WOW air Reiquiavik-Keflavík
Aeroliñas Destinos
Amapola Flyg Helsinqui, Maastricht/Aquisgrán, Malmö
DHL Aviation Copenhague, Leipzig/Halle
FedEx Express Colonia/Bonn, Helsinqui, París-Charles de Gaulle
Korean Air Cargo Seul-Incheon
Swiftair Madrid
Turkish Airlines Cargo
operado por ULS Cargo
Helsinqui, Istanbul-Atatürk
UPS Airlines Colonia/Bonn, Helsinqui
West Air Sweden Malmö
  1. Swedavia (ed.). "Stockholm Arlanda Airport sets new passenger record". Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  2. Routes Online (ed.). "Air Arabia Maroc launches Agadir base from Oct 2017". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  3. Routes Online (ed.). "Air France adds seasonal Marseille routes in S17". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  4. Routes Online (ed.). "Croatia Airlines schedules new routes in S17". Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  5. Routes Online (ed.). "EasyJet S17 new routes as of 13DEC16". Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  6. Avinor (ed.). "Ethiopian Airlines til Avinor Oslo lufthavn". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2017. 
  7. Flygtorget (ed.). "Höga Kusten Flyg blir Nextjet". Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  8. Pori (ed.). "Kaupunginvaltuusto päätti: Lentoliikenne Poriin". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  9. Routes Online (ed.). "Norwegian expands European service from Stockholm in S17". Consultado o 13 de setembro de 2017. 
  10. Routes Online (ed.). "Pegasus adds Antalya – Stockholm flights from April 2017". Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  11. Primera Air (ed.). "Destinations- Dubrovnik". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2017. 
  12. SAS (ed.). "SAS öppnar linje från Stockholm till Chambéry i franska Alperna". Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  13. SAS (ed.). "SAS introduces new route to Eilat". 
  14. Routes Online (ed.). "SAS revises Miami W17 operations". Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  15. SAS (ed.). "Summer Program: SAS opens 15 new routes". Consultado o 20 de setembro de 2017.