Aeroporto de Miami
Aeroporto de Miami Miami International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Condado de Miami-Dade | ||
Operador | Miami-Dade Aviation Department | ||
Cidade/Illa | Gran Miami | ||
Localización | Condado de Miami-Dade | ||
Elevación (msnm) | 3 metros / 9 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
8L/26R | 2 621 | 8 600 | asfalto |
8R/26L | 3 202 | 10 506 | asfalto |
9/27 | 3 967 | 13 016 | asfalto |
12/30 | 2 851 | 9 355 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 44 350 247 |
O aeroporto internacional de Miami (IATA: MIA, OACI: KMIA), tamén coñecido como MIA e historicamente como aeródromo Wilcox, é o principal aeroporto que serve á área de Miami. O aeroporto é unha área non incorporada no condado de Miami-Dade County, e atópase a 13 km do centro da cidade de Miami. Opera voos de pasaxeiros e carga a cidades en América, Europa e Asia.
É o principal aeroporto do sur de Florida para voos internacionais de longo alcance e un centro de conexións no sueste dos Estados Unidos. Tamén é un dos oito únicos aeroportos do país con voos regulares operados con Airbus A380. O aeroporto é a principal porta de entrada de American Airlines a Latinoamérica, xunto cun centro de conexións doméstico para a súa afiliada rexional American Eagle.
Entre as aeroliñas de carga que operan en Maiami están Atlas Air, Centurion Air Cargo, FedEx Express, IBC Airways e UPS Airlines. Tamén hai varias aeroliñas chárter que serven Miami, como Eastern Air Lines, Miami Air e Xtra Airways. O aeroporto serve como cidade focal para Avianca e LATAM, tanto para operacións de pasaxeiros como de carga.
Miami é a principal porta de entrada entre os Estados Unidos e Latinoamérica, e é un dos principais centros de conexións do país debido á súa proximidade con lugares turísticos, ao crecemento da economía local, á gran cantidade de habitantes latinoamericanos e europeos, e á súa situación estratéxica para poder manexar o tráfico aéreo entre Norteamérica, Suramérica e Europa.
No ano 2010 foi o primeiro aeroporto estadounidense en porcentaxe de voos internacionais e o segundo en volume de pasaxeiros internacionais, despois do aeroporto JFK de Nova York.[1] NO ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 44 350 247 pasaxeiros,[2] converténdoo no 23º máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. Nos Estados Unidos é o 10º aeroporto máis concorrido e é o maior do estado de Florida.[3]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre for Aviation (ed.). "Miami Airport's rising international status". Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ Miami-Dade Aviation Department (ed.). "Aviation Statistics" (PDF). Archived from the original on 04 de abril de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ anna.aero (ed.). "Miami dominates US to Latin America and Caribbean; London Heathrow top international route". Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ "Aer Lingus announces new routes to Miami, Porto and Split". RTÉ News. Consultado o 15 November 2016.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274965/american-adds-limited-time-routes-from-miami-in-dec-2017/
- ↑ "Delta schedules additional Saturday-only service from Boston in W17". RoutesOnline. Consultado o July 23, 2017.
- ↑ "El Al resumes Miami flight from Nov 2017". Routesonline. Consultado o May 15, 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ Finnair lisää reittejään Aasiaan – avaa seitsemännen kohteen Kiinaan yle.fi (in Finnish) 30 August 2017. Retrieved 30 August 2017
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 "Blockbuster expansion: Frontier to add 21 cities, 85 routes". USA Today. July 2017. Consultado o July 22, 2017.
- ↑ Herrera, Chabeli (18 de xullo de 2018). "Frontier adding flights from MIA to 9 cities — from as low as $34". Miami Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21/05/2019. Consultado o 21/05/2019.
- ↑ "El Al resumes Miami flight from Nov 2017". Routesonline. Consultado o May 15, 2017.
- ↑ "Latin American Wings will fly to Miami and New York since January". AviatioNews.net. September 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2017. Consultado o October 2, 2017.
- ↑ Deutsche Lufthansa AG: Lufthansa Group Airlines strengthens its long-haul services in Berlin and North Rhine-Westphalia Arquivado 03 de outubro de 2017 en Wayback Machine. 27 September 2017
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/272649/sas-revises-miami-w17-operations/
- ↑ "KF Cargo launches Miami freighter services to South America 19 / 04 / 2016".
- ↑ http://www.qatarairways.com/global/en/press-release.page?pr_id=pressrelease_cargodestinations