Saltar ao contido

ADEGA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ADEGA
Tipoorganización medioambiental e organización sen ánimo de lucro
Data de fundación1974
Presidente/a
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.adega.gal
Facebook: ADEGAgz Twitter: ADEGAgz Instagram: adega_ecoloxismo Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

ADEGA é o acrónimo de Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, un grupo ecoloxista galego nacido en 1974 pero legalizado en 1976. Traballa na defensa e conservación do ambiente galego e global.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Domingo Quiroga Ríos foi o primeiro presidente da asociación. Formaron parte das primeiras xuntas directivas personaxes destacados como: Francisco Bermejo Martínez, catedrático de Química Analítica; Xosé Bar Boo, arquitecto; Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado; Xosé Manuel Beiras Torrado, portavoz nacional do BNG durante moitos anos, e Fernando González Laxe, que foi presidente da Xunta de Galiza.

Destacouse nos anos 80 por unha campaña contra as verteduras de materiais radioactivos na foxa atlántica. Posteriormente a súa actividade medrou e diversificouse atendendo a numerosos problemas ambientais.

ADEGA publica trimestralmente a revista Cerna, nacida en 1986, onde se tratan asuntos de conservación e defensa dos recursos ambientais e de repercusión mundial, en especial os relacionados con Galiza. Desde 2004 impulsou o proxecto ríos, unha iniciativa de educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos, de maneira que as persoas voluntarias adoptan un río que pasa polo seu concello (realízanse inspeccións da saúde do río, un informe anual, conferencias e campañas de limpeza onde é necesario).

Froito dunha escisión fundouse no 2005 a asociación Verdegaia.

En 2009[1] Adela Figueroa Panisse foi substituída na presidencia por Virxinia Rodríguez[2].

  1. Virxinia Rodríguez asumirá la presidencia del colectivo Adega, nova no Faro de Vigo o 22 de novembro de 2009. (en castelán)
  2. Directiva

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]