Abdulhamid Zhanibekov
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1879 Astrakán, Rusia |
Morte | 27 de abril de 1955 (76 anos) |
Actividade | |
Ocupación | etnógrafo |
Abdulhamid Shershenbievich Zhanibekov, nado en Astrakán en 1879 e finado en 1955 foi un etnógrafo e escritor nogai, creador do primeiro alfabeto da lingua nogai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alumno de Abdraman Umerov, un reformador nogai. Entre 1901 e 1917 deu clases en diversas localidades e dende 1920 en Karachay-Cherkessia, onde en 1928 [1] completou o primeiro alfabeto do nogai, de base latina. En 1938 publicou unha gramática do nogai, no alfabeto cirílico entón en vigor. Malia todo a súa obra principal foron os catro volumes sobre folclore nogai, publicada so o título Soz kaznas.