Agosto do 36
Agosto do 36 | |
---|---|
Autor/a | Xosé Fernández Ferreiro |
Cuberta | Vilar Cardona |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Colección | Narrativa |
Tema(s) | guerra civil española |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1991 |
Páxinas | 144 páx. |
ISBN | ISBN 978-84-8302-782-0 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Agosto do 36 é unha novela do escritor Xosé Fernández Ferreiro, publicada en 1991 por Edicións Xerais logo de acadar o Premio Xerais. Foi reeditada en 2002, na Biblioteca Galega 120, e reimpresa en diversas ocasións
Trama
[editar | editar a fonte]Agosto de 1936 nunha aldea da provincia de Ourense, tralo Alzamento Nacional que deu pé á guerra civil española. Gregorio, coñecido como o Xirandón, sabe que é buscado para ser asasinado polas súas ideas a prol da liberdade. Garabís é un falanxista que aproveita a situación para vingarse de Gregorio e Sara, unha parella de mestres, pois tenlle xenreira a el por emparellar con Sara. Garabís conta con varios veciños colaboradores que o axudan nesta misión. Os falanxistas reclúen a muller nunha aldea abandonada para que o home se entregue. Logo de catro días secuestrada, mátana, e ao marchar descobren o cadáver de Gregorio, ao que disparan.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. pp. 17–18. ISBN 84-8288-365-8.