Alberto Durán Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1940 Vigo, España |
Morte | 21 de novembro de 2008 (68 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
21 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Alberto Durán Núñez, nado en Vigo o 17 de abril de 1940 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2008, foi un político e empresario naval galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descendente dunha antiga familia consignataria de buques, perito mercantil, foi deputado polo Partido Popular no Congreso dos Deputados (1982-1996). Foi concelleiro do Concello de Vigo, primeiramente de portos e lonxas e despois de turismo. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia na quinta lexislatura (1997-2001). Trala súa xestión no caso do Polycommander, foi nomeado cónsul xeral de Noruega e Suecia en Galicia. Foi socio da Cámara de Comercio Hispano-Sueca, vicepresidente da Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da Provincia de Pontevedra, e membro do Consello Asesor de TVE-Galicia.
Casou en 1967 con Mª Carmen Hernández Eraso, coa que tivo dous fillos, Alberto e Elena Durán Hernández.
O día 21 de novembro de 2008 faleceu nun hospital de Vigo despois dunha longa enfermidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Viento en Popa Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en PDF 7 MB), n.º 1, pp. 50–51, cuarto trimestre 2010.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Personalidades da empresa de Galicia
- Políticos de AP
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Concelleiros de Vigo
- Nados en Vigo
- Nados en 1940
- Finados en 2008
- Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra