Saltar ao contido

Alfred Hitchcock

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaAlfred Hitchcock

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alfred Joseph Hitchcock Editar o valor en Wikidata
13 de agosto de 1899 Editar o valor en Wikidata
Leytonstone, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1980 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Bel Air, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesHitchcock Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres
Leytonstone (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTower Hamlets College (en) Traducir (1913–1914)
Salesian College (en) Traducir (1908–1908)
Universidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, director de televisión, director de fotografía, realizador, produtor, actor de cinema, montador, produtor de televisión, guionista, produtor de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor en Wikidata - 1980 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFilme de suspense, Cinema de terror, Cinema mudo, cinema dramático, cinema de terror psicolóxico, Cinema negro, filme de misterio, cinema de aventuras, natural horror film (en) Traducir, cinema de suspense psicolóxico, crime drama film (en) Traducir, crime thriller film (en) Traducir, filme de acción e filme de fantasía Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAlma Reville (1926–1980), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosPat Hitchcock Editar o valor en Wikidata
PaiWilliam Hitchcock Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хичкок Алфред)
Obálky knih,
Hitch: The Life and Times of Alfred Hitchcock (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000033 Allocine: 1061 Rottentomatoes: celebrity/alfred_hitchcock Allmovie: p94487 10493 Metacritic: person/alfred-hitchcock TV.com: people/alfred-hitchcock IBDB: 469227
BNE: XX950521 Musicbrainz: 8d7f18e2-5574-46e5-9f47-7fee356f7754 Songkick: 470761 Discogs: 323003 Allmusic: mn0000001543 WikiTree: Hitchcock-961 Find a Grave: 486 Editar o valor en Wikidata

Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980,[1] foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema.[2] Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes,[a] moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas. Coñecido como o "Mestre do suspense",[5] fíxose tan coñecido como calquera dos seus actores grazas ás súas numerosas entrevistas, os seus papeis de cameo na maioría dos seus filmes, e a súa presentación e produción da antoloxía televisiva Alfred Hitchcock Presents (1955–65). Os seus filmes obtiveron 46 nomeamentos aos Premios Óscar, incluíndo seis galardóns, aínda que nunca gañou o premio ao mellor director malia estar nomeado en cinco ocasións.

Hitchcock formouse inicialmente como funcionario técnico e redactor antes de entrar na industria cinematográfica en 1919 como deseñador de intertítulos. O seu debut como director foi o filme mudo británico-alemán The Pleasure Garden (1925). O seu primeiro filme de éxito, The Lodger: A Story of the London Fog (1927), axudou a dar forma ao xénero do suspense e Blackmail (1929) foi o primeiro filme británico con son.[6] Os seus filmes de suspense The 39 Steps (1935) e The Lady Vanishes (1938) están clasificados entre os mellores filmes británicos do século XX. En 1939, xa tiña recoñecemento internacional e o produtor David O. Selznick convenceuno para que se mudase a Hollywood. A continuación realizou unha serie de filmes de moito éxito, entre eles Rebecca (1940), Foreign Correspondent (1940), Sospeita (1941), Shadow of a Doubt (1943) e Notorious (1946). Rebecca gañou o Óscar ó mellor filme, e Hitchcock foi noemado ó mellor director;[7] posteriormente foi nomeado por Lifeboat (1944) e Spellbound (1945). Despois dunha breve pausa no éxito comercial, regresou con Strangers on a Train (1951) e Dial M for Murder (1954); entón pasou a dirixir catro filmes a miúdo clasificados entre os mellores de todos os tempos: A ventá indiscreta (1954), Vertixe (1958), Coa morte nos talóns (1959) e Psicose (1960), o primeiro e o último deles valéronlle nomeamentos ao mellor director.[8] Os paxaros (1963) e Marnie (1964) tamén tiveron éxito financeiro e son moi apreciados polos historiadores do cinema.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alfred Joseph Hitchcock naceu o 13 de agosto de 1899 no piso superior da tenda de verdulería alugada polos seus pais no 517 High Road, Leytonstone, nos arredores do leste de Londres (daquela parte de Essex), sendo o máis novo de tres fillos de Emma Jane (nada Whelan; 1863–1942) e William Edgar Hitchcock (1862–1914), cun irmán, William Daniel (1890–1943), e unha irmá, Ellen Kathleen ("Nellie") (1892–1979). Os seus pais eran ambos católicos, con raíces parciais en Irlanda;[9][10] O seu pai era verduleiro, como o fora o seu avó.[11]

Tiña unha familia extensa, incluíndo ao tío John Hitchcock coa súa casa vitoriana de cinco dormitorios en Campion Road, Putney, con criada, cociñeiro, chofer e xardineiro. Cada verán, o seu tío alugaba unha casa á beira do mar para a familia en Cliftonville, Kent. Hitchcock dixo que aí comezou a tomar conciencia de clase, notando as diferenzas entre turistas e veciños.[12] Describíndose a si mesmo como un neno ben educado, o seu pai chamábao o seu "cordeiro sen mancha", Hitchcock dixo que non lembraba ter un compañeiro de xogos.[13] Unha das súas historias favoritas para os entrevistadores foi a de que o seu pai o enviou á comisaría local cunha nota cando tiña cinco anos; o policía mirou a nota e encerrouno nunha cela durante uns minutos, dicindo: "Isto é o que lles facemos aos rapaces fedellos". A experiencia deixoulle, segundo dixo, un medo de por vida aos policías; en 1973 díxolle a Tom Snyder que estaba "asustado de calquera cousa ... que teña que ver coa lei" e que nin sequera conduciría un coche en caso de recibir unha multa.[14]

Cando tiña seis anos, a familia trasladouse a Limehouse e alugou dúas tendas nos 130 e 175 de Salmon Lane, que tiñan como tenda de fish and chips e peixería respectivamente; vivían enriba da primeira das tendas.[15] Hitchcock attended his first school, the Howrah House Convent in Poplar, which he entered in 1907, at age 7.[16] Segundo o biógrafo Patrick McGilligan, permaneceu en Howrah House como máximo dous anos. Tamén asistiu a unha escola conventual, a Wode Street School "para as fillas de cabaleiros e nenos pequenos", dirixida polos Fieis Compañeiros de Xesús. Logo asistiu a unha escola primaria preto da súa casa e estivo por pouco tempo internado no Salesian College en Battersea.[17]

Gasolineira no lugar de 517 High Road, Leytonstone, onde naceu Hitchcock; mural conmemorativo nos núms. 527–533 "(dereita)"[18]

A familia mudouse de novo cando el tiña 11 anos, esta vez a Stepney, e o 5 de outubro de 1910 Hitchcock foi enviado ao St Ignatius College en Stamford Hill, Tottenham (incorporado no novo distrito londiniense de Haringey), unha escola xesuíta de gramática cunha reputación de impartir disciplina.[19] Como castigo corporal os sacerdotes utilizaban unha ferramenta/arma plana, dura e elástica feita de gutapercha e coñecida como "férula", que golpeaba toda a palma da man; o castigo sempre era ao final do día, polo que os rapaces tiñan que pasar as clases anticipando o castigo. Máis tarde dixo que aquí foi onde desenvolveu o seu sentido do medo.[20] O rexistro escolar indica o seu ano de nacemento como 1900 no canto de 1899; o biógrafo Donald Spoto di que foi matriculado deliberadamente como un neno de 10 anos porque levaba un ano atrás na súa escola.[21]

Mentres o biógrafo Gene Adair informa que Hitchcock era "un alumno medio ou lixeiramente superior á media",[22] Hitchcock dixo que "normalmente estaba entre os catro ou cinco do mellor da clase";[23] ao final do seu primeiro ano, notouse o seu traballo en latín, inglés, francés e educación relixiosa.[24] Díxolle a Peter Bogdanovich: "Os xesuítas ensináronme a organización, control e, ata certo punto, análise".[22]

A súa materia favorita era a xeografía, e interesouse polos mapas e os horarios de ferrocarril, tranvía e autobús; segundo John Russell Taylor, podía recitar todas as paradas no Orient Express.[25] Tamén tiña un interese particular nos tranvías de Londres. A gran maioría dos seus filmes inclúen escenas de tren ou tranvía, en particular The Lady Vanishes, Strangers on a Train e Number Seventeen. Unha claqueta mostra o número da escena e o número de tomas, e Hitchcock adoita tomar os dous números da claqueta e murmurar os nomes das rutas do tranvía de Londres. Por exemplo, se a claqueta mostraba a Escena 23; Toma 3; Hitchcock murmuraba "Woodford, Hampstead": Woodford é o destino do tranvía da ruta 23, e Hampstead o final da ruta 3.[26]

A partir de 1920 traballou facendo rótulos para varios filmes e en 1923 comezou a súa carreira como axudante de dirección e en 1925 dirixiu a súa primeira película, The Pleasure Garden, que resultou un fracaso comercial, o mesmo que a seguinte, The Mountain Eagle. En 1927 co seu primeiro filme de suspense, The Lodger: A Story of the London Fog (1927), foi un éxito de crítica e público. En 1929 dirixiu o primeiro filme sonoro británico, Blackmail. The Man Who Knew Too Much (1934) e The 39 Steps (1935) son frecuentemente considerados os mellores filmes da súa etapa británica.

En 1926 casou con Alma Reville, a quen coñeceu traballando con ela nas súas primeiras películas e que sería a súa man dereita até á fin dos seus días.

Rebecca (1940) foi o primeiro filme da etapa americana de Hitchcock, producida por un David O'Selznik que naquel momento estaba en alza co rotundo éxito de Foise co vento (1939), un melodrama gótico de intriga que gañou o Óscar ó mellor filme. Pero o certo é que os egos de produtor e director chocaron e Hitchcock buscou a vida fóra deses estudios e pasou por MGM, Warner Brothers ou Universal, entre outras.

Entre as súas películas máis celebradas da etapa americana atópanse Vertixe (1958), A ventá indiscreta (1954), Psicose (1960), Coa morte nos talóns (1959) ou Os paxaros (1963), entre outras.

Ademais tamén conduciu o programa para a televisión chamado Alfred Hitchcock Presenta..., onde presentaba curtametraxes de suspense co seu habitual sentido do humor macabro que tanta fama lle deu.

Alfred Hitchcock coa súa peculiar imaxe foi o primeiro "director estrela" da historia do cine até o punto de eclipsar aos actores e actrices dos seus traballos nos carteis promocionais, cousa que nunca antes sucedera.

Estrela de Hitchcock no Paseo da Fama de Hollywood.

A Colección Alfred Hitchcock atópase no Academy Film Archive en Hollywood, California. Inclúe películas caseiras, películas de 16 mm rodadas no set de Blackmail (1929) e Frenzy (1972), e as primeiras imaxes en cor coñecidas de Hitchcock. The Academy Film Archive conservou moitas das súas películas caseiras.[27] Os Papeis de Alfred Hitchcock atópanse na Biblioteca Margaret Herrick da Academia.[28] As coleccións de David O. Selznick e Ernest Lehman aloxadas no Harry Ransom Humanities Research Center de Austin, Texas, conteñen material relacionado co traballo de Hitchcock na produción de The Paradine Case, Rebecca, Spellbound, Coa morte nos talóns e A trama.[29]

Interpretacións como Hitchcock

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Filmes mudos

[editar | editar a fonte]

Filmes sonoros

[editar | editar a fonte]
Foreign Correspondent trailer
Foreign Correspondent trailer
Foreign Correspondent trailer
Foreign Correspondent trailer

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. Segundo Gene Adair (2002), Hitchcock fixo 53 longametraxes.[3] Segundo Roger Ebert en 1980, foron 54 filmes.[4]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Mogg, Ken. "Alfred Hitchcock". Senses of Cinema. Sensesofcinema.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  2. As fontes inclúen:
  3. Adair 2002, p. 9.
  4. Ebert, Roger (1 de maio de 1980). "The Master of Suspense is Dead". Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  5. "Obituary". Variety (Variety). 7 de maio de 1980. 
  6. "Blackmail (1929)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2017. Consultado o 1 de xaneiro de 2018. ; véxase tamén White & Buscombe 2003, p. 94; Allen & Ishii-Gonzalès 2004, p. xv
  7. "The 13th Academy Awards, 1941". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  8. "AFI's 100 Greatest American Films of All Time". American Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2018. 
  9. Adair 2002, pp. 11–12.
  10. "St. Patrick's Day 2005: The Master of Suspense". Irish Echo. 17 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  11. Taylor 1996, pp. 21–22; Spoto 1999, pp. 14–15
  12. McGilligan 2003, p. 6
  13. Truffaut 1983, p. 25.
  14. For the police story: Truffaut 1983, p. 25; Taylor 1996, p. 25; Cavett, Dick (8 de xuño de 1972). "Interview with Alfred Hitchcock", The Dick Cavett Show, ABC, 00:06:52 Arquivado 25 de decembro de 2019 en Wayback Machine..Modelo:Pb For the Snyder interview: Snyder, Tom (1973). "Alfred Hitchcock interview", Tomorrow, NBC, 00:01:55 Arquivado 3 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine..
  15. McGilligan 2003, p. 13
  16. Spoto 1999, pp. 20, 23
  17. Taylor 1996, p. 29; McGilligan 2003, p. 18
  18. Glanvill, Natalie (28 May 2014). "Mateusz Odrobny speaks of pride after working on Hitchcock mural". East London and West Essex Guardian. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2018. Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  19. Truffaut 1983, p. 25; Spoto 1999, p. 23
  20. Truffaut 1983, p. 26; Fallaci 1963
  21. Spoto 1999, pp. 23–24.
  22. 22,0 22,1 Adair 2002, p. 15.
  23. Truffaut 1983, p. 26.
  24. Adair 2002, p. 15; Truffaut 1983, p. 26
  25. Taylor 1996, p. 31.
  26. "How to use "film rail" in a sentence - WriteBetter". Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2021. 
  27. "Preserved Projects". Academy Film Archive. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2021. Consultado o 18 de setembro de 2020. 
  28. "Alfred Hitchcock Collection". Academy Film Archive. 5 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2016. Consultado o 30 de xuño de 2016. 
  29. "Film". Harry Ransom Center, University of Texas at Austin. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leff, Leonard J: The Rich and Strange Collaboration of Alfred Hitchcock and David O. Selznick in Hollywood. University of California Press, 1999
  • Leitch, Thomas: The Encyclopedia of Alfred Hitchcock (ISBN 978-0-8160-4387-3). Checkmark Books, 2002.
  • McGilligan, Patrick: Alfred Hitchcock: A Life in Darkness and Light. Regan Books, 2003.
  • Deutelbaum, Marshall; Poague, Leland (ed.): A Hitchcock Reader. Iowa State University Press, 1986. A wide-ranging collection of scholarly essays on Hitchcock.
  • Durgnat, Raymond: The strange case of Alfred Hitchcock Cambridge, Massachusetts: MIT Press, 1974 OCLC 1233570
  • Durgnat, Raymond; James, Nick; Gross, Larry: Hitchcock British Film Institute, 1999 OCLC 42209162
  • Durgnat, Raymond: A long hard look at Psycho Londres: British Film Institute Pub., 2002 OCLC 48883020
  • Spoto, Donald: The Dark Side of Genius. Ballantine Books, 1983.
  • Sullivan, Jack: Hitchcock's Music. Yale University Press, 2006. ISBN 0-300-11050-2
  • Giblin, Gary: Alfred Hitchcock's London. Midnight Marquee Press, 2006, (Paperback: ISBN 978-1-887664-67-7)
  • Gottlieb, Sidney: Hitchcock on Hitchcock. Faber and Faber, 1995.
  • Truffaut, François: Le Cinéma selon Alfred Hitchcock, Robert Laffont, París, 1966.
Artigos