Anacoluto
Un anacoluto é unha figura retórica de pensamento, un fenómeno da lingua no que unha expresión está morfolóxica ou sintacticamente mal construída pero é comprensible semanticamente. Un exemplo podería ser:
- A comprensión da Idade Media en Europa esixe o coñecemento do latín, xa que era a lingua franca culta que abranguía a tódolos países.
Aquí é agramatical omitir na segunda parte o elemento xustaposto á subordinada (que se supón que é o coñecemento do latín), debido a que non é correcto que o coñecemento fose a lingua franca (un coñecemento dunha lingua non é unha lingua, ou polo menos non é iso o que se pretende expresar a non ser que sexa metaforicamente). No entanto, o contexto e a lóxica da expresión obriga a pensar que o que era a lingua franca fose o latín'. Outro exemplo podería ser:
- Os resultados e as conclusións tiradas do experimento son fiables.
Neste caso, a lingua galega establece que o xénero non marcado do plural é o masculino, polo tanto cando se xuntan masculinos e femininos o adxectivo plural debe estar en masculino. A corrección política ou a influencia por analoxía semántica inducen a usar o feminino, que se entende que afecta ós dous elementos. O anacoluto é unha estrutura permitida gramáticalmente pola lingua debido a que se parte do coñecemento enciclopédico e da actuación lingüística.