Saltar ao contido

Antonio Neira de Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Neira de Mosquera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1823 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 1854 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Núñez Pazos Editar o valor en Wikidata
FillosCelio José Manuel Neira 1852 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 33175 BNE: XX1358148 BUSC: neira-de-mosquera-antonio-1823-1854

Antonio José Neira de Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1823 e finado na Coruña o 9 de xullo de 1854, foi un xornalista e escritor galego, o principal instigador cultural do primeiro grupo provincialista. Foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego,[1] inda que non escribiu en lingua galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia burguesa culta e acomodade, comezou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1837. Pertenceu á Academia Literaria fundada por José María Posada,[3] da que foi primeiro secretario.[4] Colaborou, a partir de 1841, nos periódicos Revista de Galicia, El Recreo Compostelano (que dirixiu) xunto a Antolín Faraldo e La Situación de Galicia co pseudónimo de doctor Malatesta. Fundou e dirixiu El Eco de Galicia.[2]

Estreou na Coruña con éxito o drama La razón de la sinrazón. Trasladouse a Madrid en 1843 e foi redactor de El Tío Vivo (1845), El Imparcial e El Censor de Prensa. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España.[1] Figura en Los españoles pintados por sí mismos (1844) con "El gaitero gallego", ao que describe como un narrador de contos e alcaiote de amores difíciles, animador de misa e romarías, nunca falta en festas patronais, vodas e magosto.[5] Participou no Liceo de la Juventud. Escribiu a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. En 1848 volveu a Galicia. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos sobre Galicia que lle serviron de base para as Monografías de Santiago (1850), colección de cadros históricos, políticos, costumistas, de arte, tradicións e lendas.

Foi correspondente da Real Academia da Historia.[6]

Retrato a lapis de Antonio José Neira de Mosquera.[7]

Finou de enfermidade aos 31 anos de idade. O concello de Santiago de Compostela dedicoulle o nome dunha rúa.

  • El día 24 de julio de 1840, 1840.
  • El moribundo, 1841, 16 pp.[8]
  • La marquesa de Camba, 1842.
  • "Infracción periodística", 16/2/1843, 1 p.[9]
  • La Marquesa de Camba y Rodeiro, 1845.
  • Las ferias de Madrid, 1845, 188 p., Madrid: Madoz y Sagasti, colección de artigos.
  • Un ángel caído, 1848.
  • Monografías de Santiago, 1850, 388 pp.[6] Imprenta de la Viuda de Compañel é Hijos.[10]
  • El reinado de las musas, 1851.
Album histórico, científico y literario de Galicia, 1883.
Colectivas
Da autoría de Neira inclúe:
  • "El P. M. Fr. Benito Geronimo Feijoo"
  • "El puente Cesures"
  • "Recuerdos de un viaje por Galicia"
  • "Una romería en la Ulla baja"
  • "El Pico-Sagro"
  • "Paso del rio Ulla por San Juan da Cova"
  • "Santuario de los Desamparados en Abades"
  • "O Vota-Fumeiro de la Catedral de Santiago" [12][13][14]
  • "Las torres de Oeste"
  • "Mosaico romano de Lugo"
  • "Sargadelos en 1851"

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Enciclopedia Galega Universal
  2. 2,0 2,1 Vilavedra 1997.
  3. Carballo Calero 1975, p. 86.
  4. Vilavedra 1995.
  5. Los españoles pintados por sí mismos 1844, tomo 2º, p. 176-189.
  6. 6,0 6,1 Monografías de Santiago en Galiciana.
  7. Colección de retratos RAG.
  8. El moribundo Arquivado 28 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. en Galiciana.
  9. "Infracción periodística" en Galiciana.
  10. Reeditado en 1950 polos Bibliófilos Gallegos con "Estudio preliminar" de B. Varela Jácome.
  11. Album histórico, científico y literario de Galicia (PDF).
  12. Este é hoxe un artigo de contido especialmente cuestionado.
  13. Vázquez Castro 2009.
  14. Coco Barajas 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Neira de Mosquera imaxinado por unha intelixencia artificial a partir dun seu gravado. Autor: Manuel Gago Mariño.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]