Axuda:Introdución ás imaxes con Editor Visual/4
Introdución
Subir imaxes
Inserir imaxes
Editar os detalles
Galerías
Resumo
|
Cando selecciona unha nova imaxe para engadir, ou preme sobre unha imaxe xa existente nun artigo (aparecendo o botón "Editar"), abrirase un cadro de diálogo onde poderá engadir detalles sobre a imaxe e cambiar a súa configuración.
En "configuracións xerais" pode engadir un pé de imaxe e un texto alternativo. O pé de imaxe axuda a comprender a quen o le que é o que está a ver. Pode ter ligazóns internas e formato, da mesma forma que o corpo principal do artigo.
En "configuracións avanzadas" pode cambiar varios parámetros adicionais. Estes inclúen a posición da imaxe, o tipo de imaxe e o tamaño da imaxe. Polo xeral, é mellor deixar os valores predeterminados como están.
|