Saltar ao contido

British Broadcasting Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «BBC»)
British Broadcasting Corporation
Logo
AcrónimoBBC
Tiponegocio, radiodifusora pública e organización
Ideoloxíaimparcialidade
Data de fundación1922, 18 de outubro de 1922 e 1 de xaneiro de 1927
Fundador(es)John Reith e George Villiers, 6th Earl of Clarendon
Director/aFrederick Ogilvie, Cecil Graves, Robert W. Foot, William Haley, Ian Jacob, Hugh Greene, Charles Curran, Ian Trethowan, Alasdair Milne, Michael Checkland, Baron Birt John Birt, Greg Dyke, Mark Byford, Mark Thompson, George Entwistle, Tim Davie, Tony Hall, Baron Hall of Birkenhead, Tim Davie e John Reith
Nº de empregados21.795 (2024) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaBBC Worldwide, BBC Studioworks, BBC Film, BBC Studios e German Service
PremiosPrêmio Emmy Internacional de melhor série dramática, Satellite Award for Best Television Film, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premio de xornalismo Antonio Asensio, Premios Peabody, Satellite Award for Best Television Film, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Satellite Award for Best Miniseries, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, Premios Peabody, carta régia, Membro-Honorário da Ordem do Mérito e Anel Leibniz Hannover
SedeLondres e Broadcasting House
PaísReino Unido
Na rede
https://bbc.com, https://bbc.co.uk e https://www.bbcweb3hytmzhn5d532owbu6oqadra5z3ar726vq5kgwwn6aucdccrad.onion
IMDB: co0043107 IBDB: 83561
Facebook: bbc Twitter: BBC Instagram: bbc Youtube: UCCj956IF62FbT7Gouszaj9w TikTok: bbc BNE: XX1231080 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia. A BBC é ademais un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, fundada no 1952 en Torquay, Reino Unido.

Foi fundada no 18 de outubro do 1922 co nome de British Broadcasting Company [2]. Ao primeiro estaba dedicada aos servizos de radio, até que o 2 de novembro do 1936 comezou tamén a transmitir programas de televisión de forma regular. A BBC comezou as súas transmisións fóra do Reino Unido en decembro do 1932, co obxectivo de xuntar as persoas de fala inglesa que vivían no que, daquela, era o Imperio Británico. O rei Xurxo V transmitiu a primeira mensaxe de Nadal por radio na que se dirixiu a os homes e mulleres que están tan illados pola neve e polos desertos, que só poden alcanzar as voces polo aire.

A compañía, con John Reith como director xeral, pasou a chamarse British Broadcasting Corporation en 1927 cando foi concedida unha carta real e deixou de ser privada. Empezou a emitir televisión de forma experimental no 1932, converténdose nun servizo regular (coñecido coma o servizo da televisión da BBC) en 1936. A difusión de televisión foi suspendida desde o 1 de setembro do 1939 até o 7 de xuño do 1946, durante a segunda guerra mundial.

  • Radio 1, servizo radiofónico nacional. Tematicamente dedicado á música actual e xuvenil. Esta dirixida especialmente á mocidade entre 16-24 anos.
  • Radio 2 é a radio con máis oíntes do Reino Unido; conta cunha audiencia estimada en 12,6 millóns de oíntes cada semana. Contidos xeralistas.
  • Radio 3 é unha radio especializada na arte, drama, música clásica, jazz.
  • Radio 4 de ámbito nacional. As súas transmisións son de voz e tematicamente trata sobre temas de actualidade, ciencia, historia, comedia e drama.
  • Radio Five Live Noticias, deportes e debates as 24h.
  • BBC Local Radio, consiste en 40 emisoras locais en Inglaterra que provén de entretemento, noticias e música a súa area local de emisión.
  • Servizos locais a outras rexións do Reino Unido: Radio Scotland, Radio Wales, Radio Ulster, Radio Foyle, Cymru (servizo en galés) e Radio Nan Gaidheal (en escocés).
  • BBC World Service adicada a transmisións ao exterior en inglés e outras linguas.
  • Servizos de radio dixital no Reino Unido con Five Live Sports Extra (acompañando a Radio Five Live para a cobertura de acontecementos deportivos), 1Xtra, 6 Music (para xéneros musicais minoritarios), BBC 7 (Comedia, Drama e programas de nenos) e a Rede asiática da BBC Asia Network (conversación, música e noticias en moitas linguas asiáticas).
  • Servizo de Monitores da BBC, con sede en Reading, Caversham Park, é un servizo encargado de prover noticias internacionais. Ademais realiza un seguimento a medios, principalmente radiofónicos, de todo o mundo. Creado durante a segunda guerra mundial para axudar á propaganda británica e para escoitas de emisións doutros países, tivo un desempeño importante durante a guerra fría.

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • BBC One é a televisión máis antiga do mundo.
  • BBC Two é a segunda cadea de televisión que lanzou a BBC. BBC2 foi a primeira cadea de televisión de Europa en difundir imaxes en cor (a partir de 1967).
  • BBC Three é unha cadea británica de televisión da BBC só está dispoñible vía cable, TDT ou satélite.
  • BBC Four é unha cadea da BBC só está dispoñible vía TDT, satélite e cable para espectadores no Reino Unido.
  • BBC News é a cadea de televisión de noticias 24 horas do Reino Unido.
  • BBC Parliament Transmisión en directo de todo o que sucede na Cámara dos Comúns, a Cámara dos Lores, o Parlamento Escocés e a Asemblea de Gales.
  • CBBC é un servizo británico de televisión dirixido a nenos de 6 a 13 anos producido pola BBC.
  • CBeebies é unha cadea británica producida pola BBC e dirixido a nenos menores de 6 anos.
  • BBC World News, sinal internacional de noticias 24 horas.
  • BBC Sport é unha división televisiva adicada exclusivamente a emisións e noticias sobre deportes.
  • BBC HD, en alta definición 1080i.
  • BBC Entertainment canle de entretemento de ámbito internacional.
  1. "BBC website: About the BBC - What is the BBC". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 2008-06-14. 
  2. The BBC Story[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]