Bambino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Vargas Jiménez 12 de febreiro de 1940 Utrera, España |
Morte | 5 de maio de 1999 (59 anos) Utrera, España |
Causa da morte | cancro de larinxe |
Outros nomes | Bambino |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Flamenco |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parentes | Pastora Imperio, sogra |
Miguel Vargas Jiménez, coñecido artisticamente como Bambino, nado en Utrera, Sevilla o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma vila o 5 de maio de 1999, foi un célebre cantaor andaluz de flamenco. A día de hoxe, está considerado pola crítica como un dos mierandes intérpretes da denominada rumba flamenca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Vargas Torres "El Chamona" e de Francisca Jiménez Ramírez "La Frasquita", e sobriño do cantante de flamenco Manuel de Angustias. Malia que xa dende cativo sentiu afinidade polo cante, durante a súa mocidade estivo empregado noutras tarefas, como un traballo na barbaría de seu pai.
Debutou como artista profesional na Venda Real de Antequera (Sevilla), con 21 anos. Alí cantaba unha versión por rumbas de "Bambino Piccolino", canción italiana popularizada por Renato Carosone e que deu a Miguel Vargas Jiménez o seu nome artístico. Dedicouse ao pouco á interpretación de bulerías, rumbas, coplas e boleros, dentro dun estilo persoal de flamenco ao que dotou dunha forza e un temperamento que pronto lle reportaron sona. Foi a súa unha longa carreira con actuacións en teatros, tablaos e xiras por toda a península, amais dunha enorme discografía que consta de máis de 170 discos[1].
Miguel Vargas viviu os seus últimos anos en Utrera, apartado da música por un tumor na gorxa, do que morreu en maio de 1999. O 5 de setembro de 2005 ergueuse en Utrera, lugar de nacemento e morte de Bambino, un monumento na súa honra.
Discografía
[editar | editar a fonte]* | ¡Los Canasteros! | (1964) |
* | Quiero | (1967) |
* | La última noche | (1967) |
* | Bambino | (1969) |
* | Recordándote | (1970) |
* | Bambino y su combo flamenco | (1971) |
* | La noche y tú | (1973) |
* | Ódiame | (1973) |
* | Algo de mí | (1973) |
* | Mi gitana, gitana | (1975) |
* | Y no te enteras | (1976) |
* | Te tengo que queré | (1977) |
* | No vemos mañana | (1978) |
* | Tan cerca de ti | (1980) |
* | Yo soy yo, Bambino | (1982) |
* | Soy lo prohibido | (1985) |
* | Resucité | (1996) |
- Amais destes títulos, tras a morte de Bambino foron editados diversos elepés e discos recompilatorios do artista.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Vídeos
[editar | editar a fonte]- "Compasión", vídeo en Youtube.
- "Reírse", vídeo en Youtube.
- "No me des guerra" (1971), vídeo en Youtube.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rincón Bambino Páxina sobre Bambino.
- Artigo verbo de Bambino no Portal da Arte andaluzaArquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Bambino na páxina Flamenco Sound[Ligazón morta]