Saltar ao contido

Carlomán, fillo de Carlos Martel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlomán, fillo de Carlos Martel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 710 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte17 de agosto de 754 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Vienne, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Montecassino 41°29′24″N 13°48′50″L / 41.49, 13.8139 Editar o valor en Wikidata
Mordomo do palacio Austrasia
741 – 747
← Carlos MartelDrogo (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de agosto Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaArnulfianos Editar o valor en Wikidata
FillosDrogo, Chrothrudis Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos Martel Editar o valor en Wikidata  e Rotruda de Tréveris Editar o valor en Wikidata
IrmánsBernardo
Grifo
Pipino III o Breve
Remígio de Ruão
Jerônimo
Hiltruda
Auda de França
Landrada Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Pippinid-17

Carlomán, nado en 707 e finado o 17 de agosto de 754, foi un mordomo de palacio (soberano) do reino de Austrasia entre 741 e 747. Retirado, fíxose monxe bieito. É venerado como santo pola Igrexa católica.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Era o fillo máis vello do mordomo de Neustria e Austrasia, Carlos Martel, e de Rotruda (695-724). No 741, á morte do seu pai, herdou Austrasia, Suabia e Turinxia, onde gobernou como mordomo (ou xefe do goberno), sen querer tomar o título de rei. Loitou contra o ducado de Aquitania, os alamáns, os bávaros e os saxóns, aos que derrotou.

Promoveu, influído por San Bonifacio de Fulda, que se puxo baixo a súa protección, entre 742 e 744, unha política de reforma moral dos costumes do clero e de respecto polo patrimonio da Igrexa e as sés episcopais.

En 747, renunciou ao poder e fíxose relixioso. Reuniuse co papa Zacarías I e pediulle poder pasar no estado clerical, e retirouse á abadía beneditina de Montecasino, deixando o poder ao seu irmán Pipino o Breve, cos seus títulos e posesións.[1]

En 751 quixo intervir para impedir a coroación do seu irmán como rei dos francos, pero o papa conseguiu detelo na Provenza e obrigouno a volver a Montecasino. O 753 foi enviado a Francia a unha misión de paz e morreu en Viena do Delfinado o 754. Foi sepultado na abadía de Montecasino.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Carlomán tivo un fillo:

  • Drogón (? - can.753), mordomo de palacio de Austrasia, asociado ao seu pai; logo de 747 foi enviado a un mosteiro polo seu tío Pipino o Breve.

Veneración

[editar | editar a fonte]

Foi venerado pola Igrexa, e figura como santo en varios martiroloxios antigos. Non tivo un proceso de canonización formal, e outros santorais lístano como beato ou venerábel.

  1. Segundo algúns historiadores, Carlomán retirouse para expiar as culpas das mortes producidas nas guerras onde participara, que foran moi cruentas, especialmente a campaña do 746). Outros sosteñen que Pipino o Breve, coa complicidade do papa, o induciu a esta decisión.