Castas (hinduísmo)
No hinduísmo, as castas (en sánscrito "varna", literalmente 'cor', visto como unha cualidade) corresponden na India a unha maneira de estratificación social establecida, en forma tradicional e prescritiva, a cal clasifica ás persoas dentro da sociedade en catro grandes grupos.
En forma xeral, casta refírese a calquera forma de estratificación que pon énfase en factores herdados ou de nacemento do individuo para clasificalo socialmente.
As catro grandes castas son:
- Os brāhmanes (sacerdotes, mestres, académicos) son a casta máis alta, que —segundo eles acreditan— saíron da boca de Brahmā.
- Os chatrías (clase política-militar), que saíron dos ombreiros de Brahmā.
- Os vaishias (comerciantes, artesáns e agrogandeiros), que se formaron das cadeiras de Brahmā.
- Os shudrás (servos e obreiros), que proveñen dos pés de Brahmā.
Un grupo á parte das castas é o que conforman os dalits ou intocables, unha clase social tan baixa que se consideraba fóra dos varnas. Os hindús consideran que os dálits "son tan baixos coma o mar", e para sobrevivir traballan nos espazos laborais permitidos polo sistema de castas, como o de recoller excrementos humanos coas mans.