Cold Mountain
Cold Mountain | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cold Mountain |
Director | Anthony Minghella |
Produtor | Albert Berger William Horberg Sydney Pollack Ron Yerxa |
Guión | Anthony Minghella Charles Frazier |
Baseado en | Cold Mountain de Charles Frazier |
Intérpretes | |
Música | Gabriel Yared |
Fotografía | John Seale |
Montaxe | Walter Murch |
Estudio | Mirage Enterprises Bona Fide Productions Castel Film Romania Cattleya |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 25 de decembro de 2003 31 de agosto de 2022 (TVG) |
Duración | 154 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 79 millóns de dólares[1] |
Recadación | 173 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
https://www.miramax.com/movie/cold-mountain/ | |
Cold Mountain é un filme estadounidense dirixido por Anthony Minghella que se estreou no 2003. Baséase na novela homónima de 1997 escrita por Charles Frazier. Está protagonizado por Jude Law, Nicole Kidman e Renée Zellweger, xunto con Eileen Atkins, Brendan Gleeson, Philip Seymour Hoffman, Natalie Portman, Jack White, Giovanni Ribisi, Donald Sutherland e Ray Winstone nos papeis secundarios.
Estreouse en galego o 31 de agosto de 2022 a través da TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A piques de rematar a guerra civil estadounidense (1861-1865), Inman (Jude Law), un soldado confederado ferido nos últimos días da guerra, vive unha auténtica odisea para regresar ó seu fogar en Cold Mountain (en Carolina do Norte) e reunirse coa súa prometida Ada (Nicole Kidman), que leva anos agardándoo. Na súa ausencia, Ada ten que afrontar enormes dificultades para sobrevivir, pero consegue sacar adiante a granxa de seu pai coa axuda de Ruby (Renée Zellweger), unha intrépida e voluntariosa xove.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jude Law como William "W. P." Inman
- Nicole Kidman como Ada Monroe
- Renée Zellweger como Ruby Thewes
- Eileen Atkins como Maddy
- Kathy Baker como Sally Swanger
- James Gammon como Esco Swanger
- Brendan Gleeson como Stobrod Thewes
- Philip Seymour Hoffman como Reverendo Solomon Veasey
- Natalie Portman como Sara
- Giovanni Ribisi como Junior
- Lucas Black como Oakley
- Donald Sutherland como Reverendo Monroe
- Cillian Murphy como Bardolph
- Ethan Suplee como Pangle
- Jay Tavare como Swimmer
- Jack White como Georgia
- Ray Winstone como Teague
- Melora Walters como Lila
- Taryn Manning como Shyla
- Emily Deschanel como Mrs. Morgan
- Charlie Hunnam como Bosie
- Tom Aldredge como home cego
- James Rebhorn como doutor
- Jena Malone como Ferry Girl
- Richard Brake como Nym
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2003: 1 Oscar: Mellor actriz secundaria (Renée Zellweger). 7 Nomeamentos
- 2003: 1 Globo de Ouro: Mellor actriz secundaria (Renée Zellweger). 8 Nomeamentos
- 2003: 2 premios BAFTA: Mellor música, actriz secundaria. 13 Nomeamentos
- 2003: National Board of Review: Mellor guión adaptado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Cold Mountain (2003)". Box Office Mojo. Internet Movie Database. Consultado o 18 de outubro de 2010.
- ↑ AntRubal, ed. (30 de agosto de 2022). "Cold Moutain en galego na TVG". Consultado o 30 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tibbetts, John C., e James M. Welsh, eds. The Encyclopedia of Novels Into Film (2nd ed. 2005) pp 63–66.
- Filmes de 2003
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Anthony Minghella
- Filmes de Miramax Films
- Filmes de Buena Vista International
- Filmes rodados en Carolina do Norte
- Filmes rodados en Romanía
- Filmes sobre a Guerra de Secesión
- Filmes ambientados en 1864
- Filmes de 2003 con versión en galego