Coloso de Rodas
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2023) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
(el) Κολοσσός της Ρόδου | ||||
Tipo | escultura perdida estatua colosal Marabilla do Mundo Antigo estrutura desaparecida | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Sete marabillas do mundo | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ancient Rhodes (en) | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 33 () m | |||
Material usado | bronce | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 284 a. C. | |||
Estado de conservación | derruído | |||
Creador | Carés de Lindos (pt) | |||
O Coloso de Rodas foi unha estatua de Helios, deus grego do Sol, construída entre o ano 292 a.C. e o 280 a.C., polo escultor Chares de Lindos. A estatua tiña 32 metros de alzada, semellante á actual Estatua da Liberdade de Nova York, setenta toneladas de peso, feita integramente con placas de bronce sobre un armazón de ferro. O Coloso de Rodas tornouse nunha das Sete marabillas do mundo, mais todo o que se coñece sobre esta estatua débese ás novas que deixaron os escritores antigos Polibio, Estrabón e Plinio, e ás crónicas bizantinas de Constantino VII Porfiroxénito. Unha embarcación que chegase á illa grega de Rodas, no Mediterráneo, por volta do 280 a.C., pasaría obrigatoriamente entre as pernas da enorme estatua de Apolo (Helio, para os romanos), deus do Sol e protector do lugar. É que o Coloso de Rodas, como foi chamada a sétima marabilla do mundo, tiña un pé fincado en cada marxe do canal que daba acceso ao porto. Con 30 metros de altura, toda de bronce e oca, a estatua comezou a ser esculpida en 292 a.C., polo escultor Chares de Lindos, unha das cidades da illa, que a concluíu doce anos despois. Contase que o pobo de Rodas mandou construír o monumento para conmemorar a retirada das tropas do rei macedonio Demetrio Poliorcetes, que promovera longo cerco á illa na tentativa de conquistala. Demetrio era fillo do xeneral Antígono, que após a morte de Alexandre o Grande, herdou unha parte do imperio grego.
O material empregado na escultura foi obtido a partir da fundición do armamento que os macedonios alí abandonaran. A estatua ficou en pé por apenas 55 anos, cando un terremoto a tirou no fondo da baía de Rodas onde ficou esquecida até a chegada dos árabes, no século VII. Estes, entón, quebrárona e vendérona como un obxecto inútil. Para ter unha idea do volume do material, foron necesarios novecentos camelos para transportalo. Esa, que foi considerada unha obra marabillosa, levou a Chares a suicidarse despois de tela terminado, desgustado co pouco recoñecemento público ao monumento.
Historia
[editar | editar a fonte]O sitio de Rodas
[editar | editar a fonte]Alexandre o Grande morreu a unha idade temperá no ano 323 a.C., sen ter tempo para pór en marcha plans para a súa sucesión. Así pois estalou a loita entre os seus xenerais, os diádocos, e finalmente catro deles terminaron dividíndose entre eles gran parte do seu imperio na área mediterránea. Durante os combates, Rodas aliouse con Tolomeo, e cando este finalmente tomou o control de Exipto, Rodas e este Exipto tolemaico formaron unha alianza que controlaba gran parte do comercio no Mediterráneo oriental.
Antígono I Monóftalmos estaba molesto por este xiro dos acontecementos e, no ano 305 a.C., enviou ao seu fillo Demetrio Poliorcetes, tamén xeneral, a invadir Rodas cun exército de 40.000 soldados. Porén, a cidade estaba ben defendida, e Demetrio, cuxo nome "Poliorcetes" significa "sitiador de cidades", había de comezar a construción dunha serie de torres de asalto masivo a fin de obter acceso ás murallas. A primeira, montada en seis barcos, afundiuse nunha tormenta antes de que puidese ser utilizada e tentouno de novo cunha gran torre con base en terra, arma coñecida co nome de Helepolis, mais os defensores de Rodas detivérona inundando as terras que bordeaban as murallas da cidade, co que a torre non se podía mover.
Pouco tempo despois, no 304 a.C. chegou unha forza de socorro á cidade, por medio dos buques enviados por Tolomeo, e o exército de Demetrio abandonou o sitio, deixando a maior parte dos seus equipos de asedio. Para celebrar a súa vitoria, os rodios venderon o equipo que quedou a 300 talentos (aproximadamente 360 millóns de dólares estadounidenses de hoxe) e decidiron utilizar o diñeiro para construír unha colosal estatua do seu deus patrón, Helios. A construción déixase á dirección de Chares, nativo de Lindos en Rodas, que xa participara na construción de grandes estatuas anteriormente. O seu mestre, o escultor Lisipo, xa construíra unha estatua de bronce de 22 metros de alzada, esta dedicada a Zeus, en Taranto.
Construción
[editar | editar a fonte]Nos relatos antigos, aínda que difiren en certa medida, descríbese a estrutura como construída cun armazón de barras de ferro, que se utilizou para suxeitar as placas de bronce que formaban a pel da estatua. O interior desta estrutura, situado sobre un pedestal de mármore branco de 15 metros de alzada, preto da entrada ao porto Mandraki, foise enchendo de bloques de pedra segundo ía avanzando a construción. Con todo, outras fontes din que o Coloso estaba situado dique do porto. A estatua en si media máis de 30 metros de altura e gran parte do ferro e bronce utilizados na construción foron obtidos a partir de forxar de novo os restos das diversas armas que o exército Demetrio deixara tralo seu intento de sitio. As partes superiores foron construídas co uso dunha rampla de terra de gran tamaño e finalmente, despois de doce anos, no 280 a.C., completouse a estatua.
Posible método de construción
[editar | editar a fonte]Os enxeñeiros modernos[quen?] teñen teorizado unha hipótese plausible de como se construíu a estatua, baseada na tecnoloxía daqueles días, que non se fundamentaba nos principios modernos de enxeñaría antisísmica, e nos relatos de Filón e Plinio.
O pedestal da base, de polo menos 18 m de diámetro, foi circular ou octogonal. Os pés foron tallados en pedra e cubertos con placas de bronce finas cravadas xuntas e oito barras de ferro forxadas en posición horizontal formaban os nocellos, erguéndose seguindo as liñas das pernas, sendo cada vez máis pequenas. Individualmente, cada placa de bronce fundido era de 60 polgadas cadradas (0,04 metros cadrados), unidas por remaches a través de buracos, formados durante a coada, para formar unha serie de aneis. As placas eran de menos de 25 mm de espesura no xeonllo e 19 milímetros entre os xeonllos e o abdome, mentres que as placas superiores eran de entre 6 e 12 milímetros, excepto cando se requiría unha forza adicional nas articulacións, como nos ombreiros, pescozo etc. As pernas debían estar enchidas polo menos até os xeonllos con pedras para que fose estable.
Unha simulación por computador desta construción indicou que é posible que un sismo causase un fallo en cadea, facendo que a estatua rompese nas articulacións mentres que seguía en pé no canto de romper despois de caer ao chan, tal como se adoita describir. Así, os brazos serían os primeiros en romper, seguidos polas pernas. Os xeonllos eran menos propensos a crebarse e a supervivencia dos nocellos dependería da calidade da man de obra.[Cómpre referencia]
Destrución
[editar | editar a fonte]A estatua só estivo en pé 56 anos, até que Rodas foi afectada por un terremoto no ano 226 a.C., no que foron danadas grandes partes da cidade, incluídos o porto e os edificios comerciais, que foron completamente destruídos. A estatua rompeu á altura dos xeonllos e caeu sobre a terra. Tolomeo III ofreceuse a pagar a reconstrución da estatua, mais o oráculo de Delfos asustou aos rodios dicindo que Helios se ofendera, e negáronse a reconstruíla. Os restos, segundo o descrito por Estrabón, permaneceron durante máis de 800 anos, e mesmo rotos, eran tan impresionantes que moitos viaxaban a velos. Plinio o Vello, sinalou que poucas persoas podían envolver cos seus brazos o polgar caído, e que cada un dos seus dedos era máis grande que a maioría das estatuas.
No 654, unha forza árabe do califa musulmán Muawiyah I tomou Rodas e, segundo o cronista Teófanes o Confesor, os restos foron vendidos a un "comerciante de xudeu de Edesa". O comprador da estatua rompeuna de todo e transportou os restos de bronce á súa casa por medio de 900 camelos. Porén, segundo algunhas teorías, hai probas convincentes que indican que tódolos restos do coloso desapareceran en realidade moito antes da invasión árabe. Teófanes é a única fonte desta historia á que tódalas demais poden ser rastrexadas. A destrución árabe estereotipada e a pretendida venda á un xudeu probablemente era unha poderosa metáfora para o soño de Nabucodonosor da destrución dunha estatua grande e temible, que sería comprensible para calquera monxe do século VII como evidencia para unha próxima apocalipse. A mesma historia é rexistrada por Barhebraeus, escrita en siríaco no século XIII en Edesa: "E un gran número de homes tiraban de cordas fortes que estaban atadas ao redor do coloso de bronce que estaba na cidade e empurrárono cara abaixo. E pesaron delas tres mil cargas de bronce de Corinto, e vendéronas a un xudeu de Emesa".
Postura
[editar | editar a fonte]O posición do coloso montado ao carrincho sobre o porto de Rodas é froito da imaxinación medieval, baseada nun texto sobre a estatua que menciona a expresión "sobre a terra e o mar" en dúas ocasións. Así, moitas das ilustracións amosan unha estatua cun pé en ambos os lados da boca do porto, cos barcos que pasan por baixo dela: "... o famoso xigante grego de bronce, cos seus conquistadores membros ao carricho de terra a terra ..." ("O Novo Coloso", un poema gravado nunha placa de bronce e montado no interior da Estatua da Liberdade en 1903). O Casio da obra de Shakespeare "Xulio César" (I, II, 136-38), di de César:
Claro, home! El pasease polo mundo, que lle semella estreito,
coma un coloso, e nos, míseros mortais,
temos que camiñar baixo as súas pernas enormes
e atisbar por todas partes para achar unha tumba ignominiosa.
Shakespeare tamén alude ao Coloso en "Troilo e Crésida" (V.5) e en "Henrique IV, Parte 1" (V.1).
Aínda que estas imaxes alimentan a idea equivocada de fantasía, a mecánica da situación revela que o Coloso non podería ter estado ao carricho sobre o porto tal como se describe na "Bibliotheca Classica" de Lemprière (1788). Se a estatua se achase nesta postura sobre o porto, toda a boca do mesmo estaría completamente pechada durante a totalidade da construción, ademais tampouco os antigos rodios tiñan os medios para dragar e volver abrir o porto despois da construción. Ademais, cando caeu a estatua no ano 224 a.C., se estivese ao carrincho sobre a boca do porto, bloquearía totalmente o porto, tendo tamén en conta que os antigos non tiñan a capacidade de eliminar a estatua enteira do porto, xa que se non, non quedaría visible na terra os seguintes 800 anos, como se indicou anteriormente. Mesmo ignorando estas obxeccións, a estatua era de bronce, e unha análise de enxeñaría demostrou que non se puido construír nesa posición sen colapsar polo seu propio peso.
Localización das ruínas
[editar | editar a fonte]Os medios de comunicación en 1989 suxeriron que as grandes pedras que se atopan no leito mariño fronte ás costas de Rodas poderían ser dos restos do Coloso, con todo esta teoría máis tarde resultou ser infundada.
Outra teoría, nun artigo publicado en 2008 por Ursula Vedder, suxire que o Coloso non estaba no porto, senón máis ben nun outeiro chamado "Monte Smith", que domina a zona portuaria. O templo da cima de Monte Smith tradicionalmente crese que estaba adicado a Apolo, mais de acordo con Vedder, sería un santuario de Helios. Os enormes cimentos de pedra do templo, cuxa función segue a ser descoñecida coñecido polos estudosos modernos, son propostos por Vedder como a plataforma de apoio do coloso.[1]
A Estatua da Liberdade
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estatua da Liberdade.
O deseño, a postura e as dimensións da Estatua da Liberdade no porto de Nova York baséanse nas formas polas cales era considerado o Coloso polos enxeñeiros do século XIX. Hai unha referencia ao famoso Coloso no poema "The New Colossus" (do inglés: O novo Coloso) de Emma Lazarus, escrito en 1883 e inscrito nunha placa situada no interior do pedestal da Estatua da Liberdade:
Non como o mítico xigante grego de bronce,
De membros conquistadores ao carricho de terra a terra;
Eu elevo o meu faro detrás da porta dourada!"
Aquí nas nosas portas do ocaso bañadas polo mar erguerase
unha poderosa muller cun facho, cuxa chama
é o lóstrego aprisionado, e o seu nome
Nai dos Desterrados. Dende o faro da súa man
brilla a benvida para todo o mundo; os seus tépedos ollos dominan
as cidades xemelgas que enmarcan o porto de aéreas pontes.
"Gardádevos, terras antigas, a vosa pompa lendaria!" grita ela
con beizos silenciosos. "Dádeme os vosos rendidos, os vosos pobres,
as vosas masas amontoadas anhelando respirar en liberdade,
o desamparado refugallo das vosas rebosantes praias.
Enviádeme a estes, os desamparados, sacudidos polas tempestades a min,
Reconstrución
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Houbo moito debate por mor dunha posible reconstrución do Coloso. Os partidarios da iniciativa din que sería un gran pulo para turismo en Rodas, mais aqueles en contra da súa reconstrución din que custaría unha cantidade demasiado grande (máis de 100 millóns de euros). Esta idea foi revivida moitas veces dende que foi proposta por primeira vez en 1970, mais, debido á falta de financiamento, o traballo aínda non comezou.
Con todo, en novembro de 2008, anunciouse que o Coloso de Rodas ía ser reconstruído. Segundo o Dr. Dimitris Koutoulas, que dirixe o proxecto en Grecia, no canto de reproducir o Coloso orixinal, a nova estrutura será unha "moi, moi innovadora escultura de luz, que se erguerá entre 60 e 100 metros de altura para que a xente poida entrar fisicamente nela". O proxecto espera chegar a custar até 200 millóns de euros, que serán proporcionados por doadores internacionais e o artista alemán Gert Hof. O novo coloso adornará un peirao exterior na zona do porto de Rodas, onde será visible para os buques en tránsito. Koutoulas dixo: "Aínda que aínda estamos na etapa de mesa de debuxo, o plan de Gert Hof é "facer a instalación máis grande do mundo de luz, unha estrutura que nunca antes se viu en ningún lugar do mundo".[2]
O Coloso na cultura popular
[editar | editar a fonte]- O cómic de Astérix nos Xogos Olímpicos, Rodas envía "un coloso" a competir nos Xogos Olímpicos.
- No filme "peplum" de Sergio Leone Il Colosso di Rodi (1961) o Coloso érguese ao carrincho sobre a entrada ao porto de Rodas. Neste caso o Coloso é oco (como a Estatua da Liberdade) é está equipado con armamento defensivo.
- O poema de Sylvia Plath "The Colossus", refírese ao Coloso de Rodas.
- No videoxogo da PlayStation 2 "God of War II", tanto Rodas como o Coloso aparecen ao comezo do xogo, ofrencendo unha teoría interectiva de como o Coloso foi destruído.
- Na novela Seven Ancient Wonders do escritor australiano Matthew Reilly, o Coloso é representado sostendo unha pedra angular de ouro (que na propia ficción do relato estaba no cumio da Gran Pirámide).
- A novela The Bronze God of Rhodes de L. Sprague de Camp é un relato novelado sobre a construción do Coloso.
- No videoxogo X-Men Legends, un opoñente chamado o "Campión de Rodas" reta ao protagonista, sendo este unha versión escura da personaxe Colossus da propia serie.
- Nos videoxogos da serie Civilization, o Coloso é unha das primeiras marabillas que se poden construír.
- No xogo Rise of Nations, o Coloso é unha das primeiras marabillas dispoñibles para construír. Permite ao xogador que a constrúa aunmentar a súa poboación en 50, o que o fai unha das marabillas máis importantes de todo o videoxogo.
- No xogo de estratexia Rome Total War, o Coloso de Rodas é unha marabilla que se pode capturar cando a facción dun xogador controla a Illa de Rodas. Capturando esta marabilla incrementa os bens transvasables de calquera facción que o controle.
- Na película de animación creada practicamente enteira con software libre Elephants Dream, a personaxe Emo "crea" ao Coloso de Rodas para anoxar a Proog.
- Na película animada de Disney Hercules, Phil vive na cabeza do Coloso.
- Na novela A Feast for Crows de George R. R. Martin o "Titán de Braavos" está montado no porto de Braavos coma homenaxe ao Coloso de Rodas.
- No videoxogo Talismania, un dos niveis consiste na construción do Coloso para espantar ao Kraken.
- Na serie de animación Transformers hai unha personaxe coñecida como Colossus Rhodes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Koloss von Rhodos: Standort entdeckt. P.M. History". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 06 de marzo de 2010.
- ↑ "Colossus of Rhodes to be rebuilt as giant light sculpture" The Guardian, 17/11/2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coloso de Rodas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descubrir Rodas Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- Guía de Rodas